Uns 150 arousáns concentráronse fronte ao “decretazo da Xunta contra o galego”
16.03.10 @ 19:47:51. Archivado en Vilagarcía

Os concentrados esixiron a retirada do “decretazo contra o galego”.
Unhas 150 persoas concentráronse na tarde de onte na Praza de Galicia, convocados pola plataforma “Queremos Galego”, para amosar o seu rexeite ao proxecto de decreto aprobado este sábado pola Xunta de Galicia e que regula o uso do idioma no ensino.
Procedentes de diferentes localidades da comarca, entre os que había varios concelleiros e representantes das centrais sindicais, os concentrados pediron a retirada do que denominan “decretazo contra o galego”, pois o mesmo deixa en situación de indefensión ao idioma propio de Galicia, ademáis de ser elaborado “de costas á sociedade galega”.
Dúas pancartas (“Paremos o decretazo contra o galego” e “Nas aulas do Salnés, queremos galego”) presidiron unha concentración na que non faltaron berros coma o “Temos dereito, queremos galego” ou “Conselleiro dimisión”.
Xaquín Charlín, “Chon”, deu lectura ao manifesto, no cal se afirmaba “que este goberno segue empeñado en acabar co noso idioma”, a través dun acto como a aprobación do decreto “que fixeron un sábado, con nocturnidade e alevosía” e “en connivencia cos sectores máis reaccionarios da dereita españolista”. Charlín sinalou que a aprobación deste proxecto “racha coa unanimidade existente ata o de agora” e plasmada na Lei de Normalización Linguística.
Sinaturas > Desde “Queremos Galego”, plataforma que está integrada por 700 entidades, asociacións e colectivos, animouse onte aos concentrados a “seguir movéndonos para protexer a nosa língua”, anunciando o inicio dunha campaña de recollida de sinaturas para presentar unha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) no Parlamento.
No transcurso da concentración, desde a xanela dun dos edificios situados na Praza de Galicia, onde se desenvolvía a concentración pacífica de 150 arousáns, lanzáronse octavillas de “Galicia Bilingüe”, nun xesto de provocación que non foi quen de alterar a normalidade do acto.
Comentarios:
Señores del BNG a ver si los vemos en las manifestaciones contra el pensionazo o contra la subida del IVA, o la subida de edad de jubilación, que esas cosas sique nos afectan a todos.
Que cada uno hable en lo que quiera.
SE LES VÉ EL PLUMERO!!
Se muestran únicamente los últimos 40 comentarios de cada post.
Los comentarios para este post están cerrados.
autor
Contacto


