O 90% dos alumnos de Secundaria e o 70% dos de Primaria apoiaron o paro en defensa do galego
22.01.10 @ 18:31:05. Archivado en Vilagarcía

Moitos vilagarciáns escolleron os autobuses de Galiza Nova para ir á manifestación en Santiago.
O 90% dos alumnos dos catro institutos do municipio secundaron a folga convocada pola plataforma Queremos Galego contra o borrador do decreto do Pluringüismo que rexirá o uso do idioma nas clases de ensino non universitario. O paro tamén foi un éxito nos colexios, xa que preto dun 70% dos alumnos non asistiron ás aulas onte. Cabe diferenciar, neste senso, os colexios do centro , coma O Piñeiriño ou A Escardia, nos que a participación na folga foi masiva, dos da periferia, coma o de Rubiáns ou o de Vilaxoán, que viviron unha xornada escolar caracterizada pola normalidade. En canto aos docentes, un 55% secundou a convocatoria de Queremos Galego no ensino secundario e preto dun 60% en Primaria.
autor
Contacto



