“Queremos Galego” remite a Feijóo máis de 600 postais en defensa do idioma
31.12.09 @ 10:45:42. Archivado en Galicia

Membros de “Queremos Galego” onte na oficina de Correos de Vilagarcía. yael domínguez
Representantes do colectivo “Queremos Galego” personáronse onte na Oficina de Correos de Vilagarcía para remitir ao presidente da Xunta máis de 600 postais de Nadal asinadas por cidadáns arousáns demandando unha polítida lingüística en defensa do idioma.
Núñez Feijóo recibirá estes días no seu domicilio un paquete cheo de postais de Nadal remitidas por cidadáns da comarca de Arousa. Máis de 600 tarxetas nas que veciños dos concellos do Salnés solicitan ao presidente da Xunta un cambio radical na actual política do Goberno autonómico sobre o idioma galego.
autor
Contacto


