Ana Lorenzo: “José Juan Durán non ten competencias locais, non é voceiro do PP”
29.12.09 @ 14:51:25. Archivado en Vilagarcía

Ana Lorenzo defende a súa xestión á fronte de Servizos Sociais.
A edil de Servizos Sociais, Ana Lorenzo, volve criticar ao vicepresidente provincial, José Juan Durán, por inmiscuirse en temas municipais. A concelleira cre que “non ten competencias locais, pois o voceiro do PP é o señor Fole, a non ser que o que pretenda sexa encabezar a candidatura ás municipais”.
Ana Lorenzo mantén o seu pulso con José Juan Durán por temas relacionados con Servizos Sociais, nos que ambos se critican mutuamente de non favorecer este apartado a nivel municipal. Agora, Lorenzo critica que o vicepresidente provincial exerza de voceiro do PP cando “non ten competencias a nivel local, pois o portavoz popular é o señor Fole, a non ser que a razón de todo isto resida en que o señor Durán pretenda encabezar a candidatura popular nas vindeiras eleccións municipais”.
Ana Lorenzo pregúntase “por que se mete” o vicepresidente da Deputación de Pontevedra “nesta polémica en lugar de ser o voceiro local”. A nacionalista explica que “en ningún momento acusei ao PP de manipular a ninguén: Iso dase por feito, sábeo todo o mundo” e sinala que a súa crítica foi dirixida “á nova Xunta e a súa actitude cos problemas de Vilagarcía”.
“Manteño a miña postura. Existe unha clara falta de compromiso do Executivo autonómico con este concello en materia de Servizos Sociais”, insiste. “As nosas pretensións respecto á residencia Divina Pastora van moito máis alá do anunciado. O Benestar Social non se consigue cunha esmola”.
“Mentiras” > A concelleira do BNG di que “non consentirá ao vilanovés que “siga dicindo esa cantidade de mentiras sobre a miña xestión”. Lorenzo reta a Durán a “dicir públicamente que entidade de acción social non foi recibida por esta concelleira, pois eu non son vingativa nin prepotente”, pois di que mantén un trato cercano e equitativo con todas as asociacións vencelladas a Servizos Sociais.
Lorenzo, que asegura que dá por pechada esta polémica, cre que a postura de José Juan Durán é meramente “política” e que “é extemporánea, está fóra de contexto e tamén de lugar”.
Comentarios:
Se muestran únicamente los últimos 40 comentarios de cada post.
Los comentarios para este post están cerrados.
autor
Contacto


