Galiza Nova márcase un tanto pola selección galega de fútbol
27.12.09 @ 13:48:29. Archivado en Salnés

Galiza Nova converteu a práctica deportiva nunha reivindicación nacionalista en Fontecarmoa. vítor nieves
A formación de Galiza Nova no Salnés celebrou onte o II campionato de fútbol 5x5, que nesta edición tiña un marcado carácter reivindicativo. Aas xuventudes nacionalistas queren protestar pola supresión do partido da selección galega do Nadal, tradicional nestas datas.
Os mozos da agrupación nacionalista arousá fixeron do fútbol unha seña de identidade mediante a celebración do Campionato de Fútbol 5 x 5 pola Selección Galega.
Galiza Nova do Salnés pretende, mediante este acto, protestar pola “eliminación do encontro de Nadal da selección galega”, xa que as xuventudes nacionalistas consideran que “non hai crise que o xustifique”. Ademáis, denuncian a política posta en marcha polo goberno autonómico de supresión de partidas económicas “importantes para o deporte de base, coma a inversión nos gastos de funcionamento do INEF”.
O escenario escollido para celebrar este campionato foi Fontecarmoa e os partidos comezaron ás 10, co San Roque- Drakkar. Seguiron ás 11, con NSK Fútbol Club- Os do parque, ás 12, cos Nenos mutantes- Drakkar, ás 12, co Xuventudes Independentes- Os do parque, ás 16, co San Roque- Nenos Mutantes, ás 17, co Xuventudes Independentes- NSK Fútbol Club.
De 18 a 20 horas disputáronse os duelos entre os primeiros, segundos e terceiros do grupo A (San Roque, Nenos Mutantes e Drakkar) e o B (Xuventudes Independientes, NSK Fútbol Club e Os do parque) Finalmente entregaron os premios.
Comentarios:
Trátase dun retroceso na exteriorización no ámbito deportivo da nosa presenza como colectividade nacional diferenciada e no traballo realizado na pasada lexislatura a prol da presenza galega en distintos acontecementos deportivos.
Lamento non só a falta de interese que está a amosar a Secretaría Xeral para o Deporte senón tamén as declaracións realizadas por algún dirixente político descualificando a presenza da representación galega en eventos deportivos, cun desprezo que nunca se atrevería a facer coa representación do seu pobo, concello ou coa representación estatal.
Só se atreven a tentar ridiculizar as representacións deportivas do ámbito...
Somos españoles, porque somos gallegos y de vilagarcía. No existe en Galicia ni las condiciones economicas, sociales y políticas para una independencia, ni para veleidades similares.
¿Alguien se ha preguntado el porqué del independentismo en Cataluña y los Señoríos de Vizcaya, Guipúzcua y Álava -en este último muy escaso- si nunca fueron independientes? Me refiero a la Historia de verdad, no a la mitología que ahora se intenta inculcar. Cuando se lo digo a algún independentista catalán o vasco, parece que echa espuma por la boca.
Las razones son muy claras: mírese el mapa de España, recuérdese en donde se invirtió en capital, trabajo... y en donde floreció una auténtica burguesía.
Mas nos valiera...
Se muestran únicamente los últimos 40 comentarios de cada post.
Los comentarios para este post están cerrados.
autor
Contacto


