Galiza Nova márcase un tanto pola selección galega de fútbol
27.12.09 @ 13:48:29. Archivado en Salnés

Galiza Nova converteu a práctica deportiva nunha reivindicación nacionalista en Fontecarmoa. vítor nieves
A formación de Galiza Nova no Salnés celebrou onte o II campionato de fútbol 5x5, que nesta edición tiña un marcado carácter reivindicativo. Aas xuventudes nacionalistas queren protestar pola supresión do partido da selección galega do Nadal, tradicional nestas datas.
Os mozos da agrupación nacionalista arousá fixeron do fútbol unha seña de identidade mediante a celebración do Campionato de Fútbol 5 x 5 pola Selección Galega.
Galiza Nova do Salnés pretende, mediante este acto, protestar pola “eliminación do encontro de Nadal da selección galega”, xa que as xuventudes nacionalistas consideran que “non hai crise que o xustifique”. Ademáis, denuncian a política posta en marcha polo goberno autonómico de supresión de partidas económicas “importantes para o deporte de base, coma a inversión nos gastos de funcionamento do INEF”.
autor
Contacto



