O BNG leva ao Pleno o pago en prazo ás persoas beneficiarias da Lei de Dependencia
24.11.09 @ 19:45:37. Archivado en Vilagarcía

O grupo municipal do BNG en Vilagarcía levará ao pleno da capital arousá unha moción na que se solicita o pago en prazo das axudas ás persoas beneficiarias da lei de dependencia. No texto da moción ínstase á Xunta a dotar nos orzamentos para 2010 recursos dabondo para asegurar “a cobertura de todas as persoas dependentes que, de conformidade co calendario de aplicación da lei, teñen dereito a recibir a súa prestación”.
Nese mesmo texto pídese que se inste a manter os planos de despregamento “do Sistema Galego de Benestar, acelerando a apertura das residencias e centros de día xa constituidos e a construcción dos que xa estaban proxectados”, ademáis de “colaborar cos concellos a través do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar no ofrecemento de servizos e prestacións sociais de calidade ao conxunto da poboación de Galicia”.
O BNG de Vilagarcía argumenta, no texto desta moción, que “numerosas persoas beneficiarias da Lei de Dependencia están denunciando o abandono que sufren por parte da Xunta que non atende en prazo o pagamento das axudas”.
Os nacionalistas indican que “a propaganda da Xunta pregoa que o gasto social para o ano 2010 non se vai reducir, pero a realidade é que o trato que se lle está a darás persoas usuarias da Lei de Dependencia contradí de plano este dato e bota por terra a propaganda que o PP está a desenvolver”.
Na moción prosíguese sinalando que “desde a Xunta non se está a facilitar ningún tipo de información ao respecto, non hai literalmente a quen acudir, co cal a indefensión na que se atopa o colectivo de dependentes é claramente patente”.
Comentarios:
Se muestran únicamente los últimos 40 comentarios de cada post.
Los comentarios para este post están cerrados.
autor
Contacto


