O BNG leva ao Pleno o pago en prazo ás persoas beneficiarias da Lei de Dependencia
24.11.09 @ 19:45:37. Archivado en Vilagarcía

O grupo municipal do BNG en Vilagarcía levará ao pleno da capital arousá unha moción na que se solicita o pago en prazo das axudas ás persoas beneficiarias da lei de dependencia. No texto da moción ínstase á Xunta a dotar nos orzamentos para 2010 recursos dabondo para asegurar “a cobertura de todas as persoas dependentes que, de conformidade co calendario de aplicación da lei, teñen dereito a recibir a súa prestación”.
Nese mesmo texto pídese que se inste a manter os planos de despregamento “do Sistema Galego de Benestar, acelerando a apertura das residencias e centros de día xa constituidos e a construcción dos que xa estaban proxectados”, ademáis de “colaborar cos concellos a través do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar no ofrecemento de servizos e prestacións sociais de calidade ao conxunto da poboación de Galicia”.
autor
Contacto



