O PSOE califica os orzamentos da Xunta para O Salnés de “paso atrás”
24.10.09 @ 10:56:05. Archivado en Galicia

Modesto Pose, parlamentario do PSOE.
Modesto Pose, deputado socialista no Parlamento de Galicia, afirmou onte que nos orzamentos da Xunta para O Salnés “non hai un só proxecto estratéxico novo para a comarca e
tampouco hai unha soa medida para xenerar emprego”.
O PSOE do Salnés realizou onte a través do parlamentario Modesto Pose a súa valoración dos orzamentos autonómicos para esta comarca en 2010. Pose sinalou que estas contas “supoñen un paso atrás, un frenazo para vilagarcía e para O Salnés”, remarcando que “non hai un só proxecto estratéxico para a comarca e non hai unha soa medida para xenerar emprego”.
O parlamentario socialista sinalou tamén que as dúas obras que estaban en execución polo Goberno anterior sofren un retraso. Así, sinala que na Autovía Vilagarcía-Pontevedra “só hai orzamentos para o núcleo de Curro. As deputadas do Partido Popular faltan á verdade cando din que na Sociedade Pública de Investimentos hai consignados 15 millóns de euros para esa autovía, pois para o 2010 só hai 1,5 millóns”.
Con respecto á parálise da segunda fase de ampliación do Hospital do Salnés, Pose sinalou que os 187.597 euros que figuran nos Orzamentos como Plan Director “é unha burla e unha falta de respecto á xente”. Neste sentido, o socialista afirmou: “Pídolle, aos deputados do PP da comarca que exerzan como tales, que convenzan ao seu Goberno, especialmente á Consellería de Sanidade, para facer dúas cousas moi sinxelas: Rematar a ampliación do Hospital e realizar o proxecto do novo Centro de Atención Primaria no edificio da Comandancia”.
Crise> Desde o PSdeG-PSOE sinálase que o Partido Popular “non pode ampararse na crise para a diminución do investimento produtivo e social. ¡Contan cos mesmos recursos xa que se endebedan en 1.500 millóns de euros máis!”.
“Máis débeda para menos investimentos que tiren da economía, xusto o que non hai que facer”, aseverou Modesto Pose. “Se non se tira da economía, nin se inviste en Sanidade nin en Educación, son orzamentos que non aportan nada para saír da crise” , concluiu o parlamentario.
Comentarios:
Se muestran únicamente los últimos 40 comentarios de cada post.
Los comentarios para este post están cerrados.
autor
Contacto


