Asemblea informativa de CCOO sobre o convenio do metal na comarca arousá
17.10.09 @ 09:25:05. Archivado en Vilagarcía

A asemblea de CCOO sobre o convenio do Metal celebrouse no Auditorio. GONZALO SALGADO
Ramón Sarmiento, voceiro da representación de CCOO na mesa negociadora do convenio provincial do Metal, estivo onte en Vilagarcía para participar nunha asemblea cos traballadores da comarca deste ramo produtivo.
O obxectivo deste encontro, que tivo lugar no Auditorio Municipal, era informar do estado da negociación do convenio e das repercusións do mesmo na comarca arousá e os seus traballadores.
Con esta asemblea tamén se procuraba a participación dos traballadores, para coñecer de primeira man as súas opinións e posicionamentos ao respecto deste importante proceso de negociación no que, entre outros, participa CCOO.
Comentarios:
1) hai poucos traballadores (porque están case todos no paro)
2) outro motivo é que os que siguen a traballar, non se fían un pelo dos sindicatos (de ningún)
3) esta é a resposta ao sin sentido da folga do metal de hai meses (a xente traballadora está cansa de manter a máis de catro espabilados que din defendelos)
E para que non se me acuse de xeneralizar, en concreto refirome aos representantes do salnés, VERGOÑA
Se muestran únicamente los últimos 40 comentarios de cada post.
Los comentarios para este post están cerrados.
autor
Contacto


