Editado por

Vilagarcía na RedeVilagarcía na Rede

Buscar
Temas
Archivos
Hemeroteca
Junio 2012
LMXJVSD
<<  <   >  >>
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930 
Sindicación
PARTICIPACIÓN
SERVICIOS



Ana Lorenzo revisará a ordenanza de prezos da escola infantil para “axustala á realidade”

Permalink 30.08.09 @ 09:31:13. Archivado en Vilagarcía


A escola infantil mantén os prezos clásicos despois de que fose denegada en xullo a reforma de Lorenzo.
A concelleira de Servizos Sociais, Ana Lorenzo, asegura que está a preparar unha nova revisión dos prezos públicos que rexen na escola infantil municipal. Despois de que a súa anterior iniciativa fracasara no Pleno de maio, onde se atopou co decisivo “non” de PP e EU, a nacionalista recoñece que nesta ocasión “o máis importante e acabar cunhas bases que non se axusta á realidade”, o que redundaría, entende, “nun beneficio económico directo para os usuarios da escola”. Agora trátase de poder buscar a fórmula para implantar dita reforma. A que baralla principalmente Lorenzo é a do Pleno de ordenanzas e impostos municipais, que é onde se fixan este tipo de iniciativas. Unha vez aprobados, os novos prezos entrarían en vigor de inmediato.

A concelleira de Servizos Sociais mantén a súa idea de revisar os prezos da escola infantil municipal, despois de que a súa proposta fóra rexeitada no Pleno de maio co voto en contra dos partidos da oposición. A medida impulsada por Ana Lorenzo serviría para axustar as tasas deste centro de educación infantil “á realidade”, pois a nacionalista entende que algúns puntos quedaron obsoletos, mentres que outros non están ven reflexados na normativa.
Este sería o exemplo do que acontece a día de hoxe con aqueles pais que leven aos seus fillos só en horario de tarde. Actualmente pagan a matrícula íntegra, cando a concelleira quere que se aboe só o correspondente ás horas que os rapaces pasan no centro público.

“Temos que buscar a fórmula para volver a presentar a proposta. Non sei se podería ir a Pleno de novo, polo que quizáis sexa mellor agardar ao das ordenanzas municipais”, comenta a concelleira que, non obstante, fai especial énfase na necesidade de que nesta ocasión o seu plan non sexa rexeitado de novo. “Antes de nada quero ter a seguridade de que se vai a apoiar, senón non vale a pena presentalo”.

Con isto, Ana Lorenzo abre a vía do diálogo cos partidos da oposición, e en especial con Esquerda Unida, que se opuxo á anterior proposta por considerar que se quedaba curta de miras.

Se recentemente o voceiro de EU, Juan Fajardo aseguraba que a nacionalista non quería negociar dito plan, agora ela contesta que “dende que se celebrou aquel Pleno o señor Fajardo non se puxo en contacto comigo en ningún momento para falar deste tema, pero estou sempre á súa disposición. De feito, os nosos despachos municipais están porta con porta”, asegura.

A concelleira de Servizos Sociais critica a postura de EU ao considerar que non se pode aplicar na realidade e di que “o ideal sería que a escola infantil fose de balde para os pais, pero existen trabas orzamentarias e normativas que impiden aplicar tal proposta”. Por iso, insiste en que “Fajardo deixe de falar de cara á galería, fóra da realidade, para quedar ben”. Ana Lorenzo afirma que “quero saber cales son as propostas de Esquerda Unida”, pois lembra que “a nosa xa foi presentada e levou moito traballo co equipo que dirixe o centro e a empresa que xestiona o servizo”.

Lorenzo indica que a normativa actual data de 1994, cando a concesionaria comezou a súa actividade e que o Concello “debe ter un control maior sobre a xestión para garantir que funcione ben”, en referencia aos cambios que desexa introducir, que “non suporían desequilibro económico algún para a empresa e respectan o prego de condicións actuais”.


Bookmark and Share

Comentarios:

Aún no hay Comentarios para este post...

Se muestran únicamente los últimos 40 comentarios de cada post.

Los comentarios para este post están cerrados.

Blogs
Patio Salesiano

Patio Salesiano

Centenario Sal Terrae

Jesús Rojano

Poemas

Poemas

Always on my mind- Elvis Presley Subtitulada - YouTube

José Pómez

Blog de Josep Maria Tarragona

Blog de Josep Maria Tarragona

Ramon Parés i Vilasau

Josep Maria Tarragona

Corrupción global

Corrupción global

896 Daniel Estulin, el Club Bilderberg, Soraya Saenz de Santamaría y la posible quiebra del Banco de Santander.Una llamada a la Rebelion ciudadana

Luis Llopis Herbas

Punto de vista

Punto de vista

El ministro argentino Julio de Vido “supone”

Vicente Torres

Un país a la deriva

Un país a la deriva

Rajoy, un optimismo injustificado.

Vicente A. C. M.

E-Learning

E-Learning

La regeneración de la decencia se impone en la política

José Lozano Galera

Las crónicas de Juan Fernandez Krohn

Las crónicas de Juan Fernandez Krohn

Madonna contra Marine Le Pen o los amores y los odios judíos

Juan Fernandez Krohn

Hermosillo

Hermosillo

Hoy: Narcomanta Vs. El Jefe Lazca y, CJNG Vs. Templarios

Efrén Mayorga

Crónicas Bárbaras

Crónicas Bárbaras

Políticos parásitos

Manuel Molares do Val

Humanismo sin credos

Humanismo sin credos

Creer es más fácil que pensar.

Asoc. Humanismo sin Credos

El buen vivir de Juan Luis Recio

El buen vivir de Juan Luis Recio

Red Bull Special Editions

Juan Luis Recio

Voto en Blanco

Voto en Blanco

Abuso de poder en España

Francisco Rubiales

Cajón de sastre

Cajón de sastre

Sin pelos en la lengua catalana.

Rufino Soriano Tena

El Blog de Otramotro

El Blog de Otramotro

Todo se ha banalizado

Ángel Sáez García

Esto es lo que hay

Esto es lo que hay

El Método Guardiola en la Pompeu Fabra

Miguel Ángel Violán

A Ras de Cielo

A Ras de Cielo

Números arábigos

Saúl Blanco Lanza

Opinión

Opinión

Entre Andorra y Gibraltar - Que intervengan la economía si nos libramos de los políticos.

Opinión

Protestantes

Protestantes

Foro Europeo de Libertad Religiosa: preocupa trato de España a los evangélicos

Pedro Tarquis

Secularizados, mística y obispos

Secularizados, mística y obispos

Una involución en aumento

Josemari Lorenzo Amelibia

Haz de PD tu página de inicio | Cartas al Director | Publicidad | Buzón de sugerencias | Publicidad
Periodista Digital, SL CIF B82785809
Avenida de Asturias, 49, bajo - 28029 Madrid (España)
Tlf. (+34) 91 732 19 05
Aviso Legal | Cláusula exención responsabilidad

redaccion@periodistadigital.com Copyleft 2000

b2evolution Creative Commons License
This work is licensed under a Creative Commons License.
Noticias Periodista Digital | Periodista Latino | Reportero Digital | Ciudadano Digital | Chistes, Videos y Poesias