O Partido Popular reclama a creación dunha comisión de tráfico e seguridade viaria
25.07.09 @ 11:05:55. Archivado en Vilagarcía
O Partido Popular reclama a creación dunha comisión de tráfico e seguridade viaria
Tomás Fole, voceiro do PP.
O Partido Popular presentará unha moción ao Pleno para esixir unha Comisión Especial de Tráfico e Seguridade Viaria e lamenta que Vilagarcía siga sen un plan específico sobre circulación “despois do ano negro do 2008”, no que se rexistraron 40 accidentes e seis mortos.
Ademais, o voceiro do PP, Tomás Fole, indica que “o recente cambio de circulación que o goberno local impuso na Avenida da Marina volve a mostrar a falta de ideas claras sobre o que Vilagarcía precisa”.
Fole tamén lamenta que “o goberno local siga a traballar co sistema de ordeno e cala, onde o que manda é Marcelino Abuín e o silencio é o da alcaldesa” e que non teñan en conta as iniciativas que se presentan desde o grupo popular. Neste sentido, o voceiro popular sinala que o edil de Xestión do Territorio “está intentando facer de Vilagarcía o seu coto privado, facendo e desfacendo ao seu antoxo, sin que o seu partido nin os socios de goberno lle poñan freo”.
A moción que o PP presentará na próxima sesión plenaria aborda, entre outras cousas, a creación dunha Comisión Especial de Tráfico e Seguridade Viaria, co fin de analizar o estado no que se atopa o famoso Plan de Mobilidade e os prazos para o seu remate. Ademais, segund o PP, este organismo servirá para “nformar aos grupos da oposición das conclusións obtidas ata o momento así como do estudo e valoración das posibilidades modificacións puntuais en materia de ordenación de tráfico, ou adoptar plans especiais ante determinados eventos puntuais, como as festas ou os concertos”.
Por outra banda, desde o PP acusan ao goberno local de “ obstaculizar as nosas iniciativas e non querer abordar este debate, posto que esta moción non foi incluida no Orde do Día das Comisións informativas que preceden ao debate plenario e que se espera que teña a oportuna enmenda no Pleno”.
Comentarios:
O señor Fole leva pedindo esta comisión dende hai un ano e este goberno bipartito e inutil non fan nada de nada!! Isto non se olvida e a confianza agotase xunto co mandato.
UN SAUDO E O MAIS SENTIDO PÉSAME A FAMILIA DE GUILLERMO RENDA
Se muestran únicamente los últimos 40 comentarios de cada post.
Los comentarios para este post están cerrados.
autor
Contacto


