O Partido Popular reclama a creación dunha comisión de tráfico e seguridade viaria
25.07.09 @ 11:05:55. Archivado en Vilagarcía
O Partido Popular reclama a creación dunha comisión de tráfico e seguridade viaria
Tomás Fole, voceiro do PP.
O Partido Popular presentará unha moción ao Pleno para esixir unha Comisión Especial de Tráfico e Seguridade Viaria e lamenta que Vilagarcía siga sen un plan específico sobre circulación “despois do ano negro do 2008”, no que se rexistraron 40 accidentes e seis mortos.
Ademais, o voceiro do PP, Tomás Fole, indica que “o recente cambio de circulación que o goberno local impuso na Avenida da Marina volve a mostrar a falta de ideas claras sobre o que Vilagarcía precisa”.
Fole tamén lamenta que “o goberno local siga a traballar co sistema de ordeno e cala, onde o que manda é Marcelino Abuín e o silencio é o da alcaldesa” e que non teñan en conta as iniciativas que se presentan desde o grupo popular. Neste sentido, o voceiro popular sinala que o edil de Xestión do Territorio “está intentando facer de Vilagarcía o seu coto privado, facendo e desfacendo ao seu antoxo, sin que o seu partido nin os socios de goberno lle poñan freo”.
autor
Contacto


