Editado por

Vilagarcía na RedeVilagarcía na Rede

Buscar
Temas
Archivos
Hemeroteca
Junio 2012
LMXJVSD
<<  <   >  >>
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930 
Sindicación
PARTICIPACIÓN
SERVICIOS



"O BNG ten demostrado unha fidelidade a proba de bomba no goberno compartido"

Permalink 20.07.09 @ 10:10:40. Archivado en Vilagarcía

“O BNG ten demostrado unha fidelidade a proba de bomba no goberno compartido”

Xosé Castro Ratón é o voceiro do BNG en Vilagarcía. YAEL DOMÍNGUEZ
Xosé Castro Ratón, voceiro do BNG, defende a ultranza a boa xestión do bipartito na primeira metade do goberno aínda que recoñece que quizáis non souberon transmitir á opinión pública na súa xusta medida as bondades dun mandato caracterizado pola ética do proceder dos socios. Defende, quizáis aínda en maior medida, o comportamento irreprochable do seu grupo neste matrimonio que, na súa opinión, era obrigado tras o resultado das urnas. Segue sen entender que IU fixera oídos xordos dese claro mandato e está convencido de que despois do 2011, seguirá habendo un goberno de esquerdas, aínda que non sabe si el vai a seguir. Eso si, advirte que, de chegar a dereita, o cemento sacaralle o protagonismo ás persoas.

Xosé Castro Ratón é o voceiro do BNG, grupo minoritario na coalición de goberno de Vilagarcía.
­¿Como valora a xestión conxunta do bipartito na primeira metade do mandato?

­Como unha xestión boa, feita cunha filosofía de goberno baseada no sentido común e nun gran esforzo persoal que recoñece todo o mundo. É verdade que non soubemos trasladar esa xestión con eficiencia ante a opinión pública, pero en esta segunda metade imos a mellorar iso.

­ ¿Débese esa mala comunicación cara ao exterior a un deficiente entendemento entre os socios?

­Para nada. Se debe a que ata o de agora non existiu unha estratexia de comunicación eficiente para que a xestión feita chegara á cidadanía na súa xusta dimensión.

­ ¿Diría vostede que esa boa xestión se debe a unha mala xestión do PSOE mellorada polo BNG ou quedou sorprendido gratamente do día a día de quenes no seu momento foron rivais nas urnas?

­ Antes preguntoume vostede pola xestión conxunta e eu faleille da boa xestión do goberno en conxunto. O BNG forma parte dun goberno compartido porque así o quixo a cidadanía. A nós colócanos aquí o resultado electoral. Este era o goberno lóxico que a cidadanía dixo necesitar. A partir de aí, gustaríame poñer énfase no feito de que o BNG ten demostrado unha fidelidade a proba de bomba ao goberno compartido. Demostramos cintura e saber estar. Eso é indiscutible. Creo que niso dimos unha lección. E creo que iso si o ten claro o cidadán pois ao final en Vilagarcía convivimos todos moi preto, coincidimos case diariamente e os xestos e a forma de comportarse non pasan desapercibidos para o cidadán.

­ Houbo discrepancias que saíron á luz sen moito tapuxo. ¿Eso significa que o resto do tempo leváronse vostedes ben ou só vimos a punta do iceberg ?

­ Este é un goberno compartido, de coalición, composto por dúas formacións políticas distintas, con programas propios e distintos. É normal que haxa diferentes enfoques e é lóxico que a cidadanía os coñeza sen medo. Somos distintos pero debemos gobernar xuntos porque iso é o que necesita a cidadanía.

­Cre, entón, que é bo que a cidadanía saiba que hai cousas, como o tema do Grumir, coas que o BNG non está de acordo...

­Efectivamente. En todo caso os socios soubemos xestionar as diferencias con eficacia. Quen non asumiu o mandato das urnas é quen ten que dar explicacións.

­Fala de IU, claro. Vostede foi no seu momento un dos máis firmes defensores da súa presencia no goberno.

­E sigo crendo que debería estar. A gran losa que pesa sobre IU neste mandato é o non querer participar nun goberno claramente de esquerdas. Non hai razón para facelo e iso vai a marcar os futuros apoios a recibir.

­¿Cre que lle vai afectar de cara as eleccións de 2011?

­Con certeza que lle pasará factura nas urnas pero en todo caso, eu respeto por encima de todo as súas decisións e sigo valorando a IU como unha forza próxima coa que hai que buscar acordos.

­¿Diría entón que o bipartito goza de boa saúde?

­ Non só de boa saúde senón tamén dun grato e longo futuro por diante. A cidadanía experimentou as bondades dun goberno compartido onde se fan as cousas con rigor, fiscalización e un comportamiento ético e moral irreprochable.

­A oposición, en cambio, detecta na cidadanía un claro descontento...

­Eso o dí o PP, que fai un discurso tremendista, radicalizado, a fin de contentar ás súas bases, pero esa crítica sen alternativas os alonxa moito do electorado moderado que escapa da radicalización. Fai un discurso interno para ter contentos aos seus, pero que o deixa lonxe da maioría e que lle vai a impedir recibir apoios. É ademáis un discurso de cara á galería porque á hora da verdade nin o PP nin o resto de grupos nos puxeron especiais dificultades para chegar a acordos.

­¿Quere dicir que no fondo, ata a propia oposición avala o seu bo facer?

­Se botamos a vista atrás, somos un goberno en coalición e en minoría que sacou adiante todos os asuntos importantes. Non se pode dicir que por estar nesta situación deixamos un presuposto sin aprobar ou quedamos sen un proxecto relevante. Non foi abaixo ningunha proposta: Vese que estaban ben plantexadas e que eran xustas.

­En cambio todos os grupos da oposición coinciden en criticar que vostedes non dialogan.

­ Creo que a acusación de falta de diálogo é falsa. Todo é mellorable e eu son partidario de acentuar máis os contactos pero non se pode dicir, sen rubor, que non hai diálogo. O diálogo existe aínda que ás veces non ten que ser, necesariamente, nunha mesa oficial e en presencia de fotógrafos. A veces é máis informal, pero insisto, a miña aposta é acentualo.

­ Está vostede moi positivo. Atreveríase a facer unha quiniela de cara ao 2011?

­Eu non creo que haxa grandes diferencias respecto ao 2007 por máis que algún esté convencido do contrario. Vilagarcía seguirá contando cun goberno nacionalista e de esquerdas, pero con máis peso do BNG.

­Creo que os socios do bipartito da Xunta pensaban o mesmo...

­A dinámica é moi distinta. Eu creo que a visión que ten Vilagarcía de nós hoxe non é peor que a que tiña hai dous anos. E estou convencido de que a xente está satisfeita coas áreas que lidera o BNG, nas que, como prometimos en campaña, situamos ás persoas como elemento fundamental. O goberno fixo unha clara aposta polas políticas sociais e aí o BNG xogou un papel importante. Por outra parte, as relacións entre os concelleiros do BNG e a xente son moi boas. Non hai texido comercial, hosteleiro, veciñal ou de agrupacións de benestar social, coas que non teña boa relación o noso grupo e creo que iso se vai a traducir en apoio electoral.

­¿Encabezará Xosé Castro Ratón esa lista de 2011?

­Aínda é cedo para falar diso.

­Entón, ¿que queda por facer nestes dous anos?

­ Moito. Pero o que non se pode tolerar é que o PP diga que no tempo que coincidimos en color co goberno da Xunta non se fixo nada. Temos, por exemplo, a escola infantil, o centro interxeneracional no Bosque de Desamparados, e dous parques empresariales en proxecto. Outra cousa é que a nova Xunta ralentice o ritmo ou, nalgúns casos, como no do parque de Tremoedo, anuncie directamente que non o vai facer.

­¿Fai falta entón darlles pulo dende o Concello?

­ Claro. Vilagarcía necesita continuidade. Queda moito por facer en infraestruturas que melloren a calidade da vida da xente e algunhas están xa sobre a mesa con plans como Arousa 21 ou Luz Salgada. Se está humanizando a cidade. Se está facendo unha definición territorial de futuro onde se sitúa ás persoas por diante de calquera outro obxectivo de goberno.

­Vamos, que vostede, en contra do que di a oposición, cree que o retroceso en Vilagarcía chegará se o bipartito non segue despois do 2011.

­Dende logo nós faremos unha aposta decidida porque Vilagarcía siga medrando en políticas de benestar. As nosas prioridades como goberno de esquerdas son moi distintas das de outros que seguro primarían o cemento.


Bookmark and Share

Comentarios:
Si alguén representa o desgoberno en Vilagarcía, ese é o Sr. Castro Ratón, el vai por libre, por libre co PSOE e por libre co BNG. Levase con todo o mundo ¿? pero non se fía de ninguén, polo que ninguén se fía del.
É a única persoa que coñezo (aínda que é unha bagoa que non sexa persoalmente), que pode protexerse do sol coa sombra proporcionada polo seu propio ego.
Castro, xa che vimos o plumeiro ata en Rubiáns, e iso que aquí contas co groso das túas tropas para o asalto final, pero coñecendo ao teu lugartenente, pódoche asegurar que como no caso do Cesar, está é a crónica dunha morte anunciada, con puñaladas amigas incluídas.
Enlace permanente Comentario por Serxio Ramón 23.07.09 @ 01:22
O PP non pacta porque xa existe o pacto de "todos contra o PP" pero bueno, a nós non nos fai falta pactar con ninguen ou si?
Enlace permanente Comentario por hursus 21.07.09 @ 23:36
Veña Hursus! que se o PP poidese pactar tamén pactaba ohh! O que pasa que como sodes tan rariños montades a brona pola vosa conta
Enlace permanente Comentario por chicarra 21.07.09 @ 13:37
como para no ser fiel...la unica oportunidad de gobernar del bng es el pacto con los socialistas
Enlace permanente Comentario por hursus 20.07.09 @ 21:07
La única fidelidad del BNG es con los sueldos de los liberados. Mientras estén cobrando, no van a abrir la boca ni tensar la cuerda más de lo necesario, otro gallo cantará cuando se acerquen las elecciones.
Enlace permanente Comentario por fidel 20.07.09 @ 19:40

Se muestran únicamente los últimos 40 comentarios de cada post.

Los comentarios para este post están cerrados.

Blogs
Patio Salesiano

Patio Salesiano

Centenario Sal Terrae

Jesús Rojano

Poemas

Poemas

Always on my mind- Elvis Presley Subtitulada - YouTube

José Pómez

Blog de Josep Maria Tarragona

Blog de Josep Maria Tarragona

Ramon Parés i Vilasau

Josep Maria Tarragona

Corrupción global

Corrupción global

896 Daniel Estulin, el Club Bilderberg, Soraya Saenz de Santamaría y la posible quiebra del Banco de Santander.Una llamada a la Rebelion ciudadana

Luis Llopis Herbas

Punto de vista

Punto de vista

El ministro argentino Julio de Vido “supone”

Vicente Torres

Un país a la deriva

Un país a la deriva

Rajoy, un optimismo injustificado.

Vicente A. C. M.

E-Learning

E-Learning

La regeneración de la decencia se impone en la política

José Lozano Galera

Las crónicas de Juan Fernandez Krohn

Las crónicas de Juan Fernandez Krohn

Madonna contra Marine Le Pen o los amores y los odios judíos

Juan Fernandez Krohn

Hermosillo

Hermosillo

Hoy: Narcomanta Vs. El Jefe Lazca y, CJNG Vs. Templarios

Efrén Mayorga

Crónicas Bárbaras

Crónicas Bárbaras

Políticos parásitos

Manuel Molares do Val

Humanismo sin credos

Humanismo sin credos

Creer es más fácil que pensar.

Asoc. Humanismo sin Credos

El buen vivir de Juan Luis Recio

El buen vivir de Juan Luis Recio

Red Bull Special Editions

Juan Luis Recio

Voto en Blanco

Voto en Blanco

Abuso de poder en España

Francisco Rubiales

Cajón de sastre

Cajón de sastre

Sin pelos en la lengua catalana.

Rufino Soriano Tena

El Blog de Otramotro

El Blog de Otramotro

Todo se ha banalizado

Ángel Sáez García

Esto es lo que hay

Esto es lo que hay

El Método Guardiola en la Pompeu Fabra

Miguel Ángel Violán

A Ras de Cielo

A Ras de Cielo

Números arábigos

Saúl Blanco Lanza

Opinión

Opinión

Entre Andorra y Gibraltar - Que intervengan la economía si nos libramos de los políticos.

Opinión

Protestantes

Protestantes

Foro Europeo de Libertad Religiosa: preocupa trato de España a los evangélicos

Pedro Tarquis

Secularizados, mística y obispos

Secularizados, mística y obispos

Una involución en aumento

Josemari Lorenzo Amelibia

Haz de PD tu página de inicio | Cartas al Director | Publicidad | Buzón de sugerencias | Publicidad
Periodista Digital, SL CIF B82785809
Avenida de Asturias, 49, bajo - 28029 Madrid (España)
Tlf. (+34) 91 732 19 05
Aviso Legal | Cláusula exención responsabilidad

redaccion@periodistadigital.com Copyleft 2000

b2evolution Creative Commons License
This work is licensed under a Creative Commons License.
Noticias Periodista Digital | Periodista Latino | Reportero Digital | Ciudadano Digital | Chistes, Videos y Poesias