"O BNG ten demostrado unha fidelidade a proba de bomba no goberno compartido"
20.07.09 @ 10:10:40. Archivado en Vilagarcía
“O BNG ten demostrado unha fidelidade a proba de bomba no goberno compartido”
Xosé Castro Ratón é o voceiro do BNG en Vilagarcía. YAEL DOMÍNGUEZ
Xosé Castro Ratón, voceiro do BNG, defende a ultranza a boa xestión do bipartito na primeira metade do goberno aínda que recoñece que quizáis non souberon transmitir á opinión pública na súa xusta medida as bondades dun mandato caracterizado pola ética do proceder dos socios. Defende, quizáis aínda en maior medida, o comportamento irreprochable do seu grupo neste matrimonio que, na súa opinión, era obrigado tras o resultado das urnas. Segue sen entender que IU fixera oídos xordos dese claro mandato e está convencido de que despois do 2011, seguirá habendo un goberno de esquerdas, aínda que non sabe si el vai a seguir. Eso si, advirte que, de chegar a dereita, o cemento sacaralle o protagonismo ás persoas.
autor
Contacto


