O BNG presenta unha interpelación no Parlamento ante o temor de que se retome o modelo de fundación
16.07.09 @ 12:02:39. Archivado en Galicia
O BNG presenta unha interpelación no Parlamento ante o temor de que se retome o modelo de fundación
Bieito Lobeira, Xoán Allegue e Ana Lorenzo presentaron a posición do BNG ao respecto do Hospital.
O Bloque Nacionalista Galego cre que a poboación ten que ser “chave” na defensa da calidade dos servizos sanitarios e respaldarán as movilizacións que a este efecto se produzan. Mentras, Bieito Lobeira, deputado nacionalista no Parlamento de Galicia, anunciou onte que veñen de presentar unha interpelación para que a conselleira Pilar Farjas defina as intencións do departamento autonómico de Sanidade ao respecto do Hospital do Salnés, xa que o BNG teme que o Partido Popular tente retomar o modelo de fundación para a súa xestión.
Lobeira sinalou que con esta interpelación Farjas terá que responder no Parlamento sobre que marxe de autonomía ou dependencia terá o Hospital do Salnés con respecto do Complexo Hospitalario de Pontevedra, así como tamén deberá definir os plazos, compromisos e orzamentos para executar a segunda e terceira fase pendentes da ampliación. Polo demais, os nacionalistas demandan a Farjas unhas previsións claras sobre o incremento de medios e persoal para un centro sanitario que atende unha área cun importante incremento de poboación durante o verán. Finalmente, tamén o BNG tamén quere coñecer a fórmula de xestión que defende o PP para este Hospital, xa que, incidiu Lobeira, “poderán ter a tentación de tornar a unha fundación”.
Lobeira lembrou que o Hospital do Salnés nunca foi “unha aposta do PP”, senón que naceu dunha iniciativa lexislativa popular e entende que agora debe ser de novo a sociedade quen defenda os servizos sanitarios que se están a prestar no centro sanitario e a súa calidade.
Pola súa banda, a concelleira Ana Lorenzo, membro da Comisión de Participación Cidadá, destacou que logo da última reunión deste organismo, o 23 de xuño, no que decidiron solicitar á Consellería unha reunión para aclarar o futuro do Hospital, non volveron a ser convocados. Neste sentido, Lorenzo lamentou a “indefinición” que o equipo de Pilar Farjas ten ao respecto do futuro do Hospital, para o que destacou tamén se precisan solucións ao escaso transporte público e á falla de aparcamentos. Lorenzo tamén amosou a preocupación do BNG polo retraso que se está a producir na construcción da terceira planta, para a que aínda non hai unha data definitiva de apertura.
Comentarios:
Se muestran únicamente los últimos 40 comentarios de cada post.
Los comentarios para este post están cerrados.
autor
Contacto


