Castro Ratón: O PP parece extraterrestre; este goberno é moi eficaz
31.05.09 @ 09:41:40. Archivado en Vilagarcía, Cotilleos
Fuente: La voz de Galicia
Autor: Serxio González
Castro Ratón lidera a primeira experiencia do nacionalismo no goberno de Vilagarcía dende a breve andaina daquel tripartito que dera a alcaldía a Javier Gago en 1991. O seu balance é conciso.
-Este é un momento que ten que marcar unha serie de melloras definitivas. Polo demais, axustes aparte, coido que temos que seguir na liña de traballo destes dous anos.
-¿Estar en minoría pasa factura?
-O BNG tomou no seu momento unha decisión na que o concepto de responsabilidade tivo un peso decisivo. Lonxe da comodidade de fuxir, o BNG foi consecuente coa súa responsabilidade cara á cidadanía, e asumiu esa cota de responsabilidade. O noso interese era un goberno máis amplo, de toda a esquerda local, pero quedou limitado a nós e ao PSOE sen que sexa comprensible a ausencia da terceira pata. A partir de aí, «o pobo é o que máis ordea». É a cidadanía a que xulgará, pasará factura ou premiará. Nós, pola nosa banda, continuaremos na nosa liña e no noso traballo.
-Ben, pero EU argumenta que, de ter entrado no goberno, serían varias as diferenzas que os terían levado xa a rachalo.
-Creo que EU non ten unha xustificación coherente nin válida para defender esa postura. Unha postura cómoda, que busca o desgaste dos demais sen padecer desgaste ningún. Pero para a súa propia base electoral non é comprensible, e iso vailles pasar factura. Seguro.
-Tiveron vostedes diferenzas importantes no seo do goberno.
-Sobre este tema creo que vimos mantendo un discurso público sen fendas. Esta é unha coalición sen precedentes dende os primeiros 90. En Vilagarcía, dende o punto de vista social, falta unha certa cultura de coalición. Hai aspectos que é lóxico que nos diferencien, esa falta de experiencia xeral sobre o que é gobernar en coalición fai que a xente maximice ese elementos diferenzadores. Pero podo dicirlle que Vilagarcía, en comparación con outras experiencias, en Galicia e fóra de Galicia, é un caso modélico de boa relación. Somos dous socios políticos diferenciados cun fondo común compartido. Outra cousa é que os grupos competidores enfaticen, esaxeren e, sen datos realmente obxectivos, queiran incentivar unha división que en realidade nunca existiu. Os momentos de tensión foron mínimos.
-No caso dos fondos anticrise, porén, chegaron bastante lonxe.
-Non se pode negar que houbo unha diferenza importante. Pero creo que o socio entendeu perfectamente a nosa postura, somos demócratas, asumimos o resultado daquel proceso e podo afirmar que, fronte o PSOE e fronte o goberno, o BNG neste período ten dado unha mostra exemplar de lealdade e responsabilidade nun marco de saber dirimir as diferenzas e os matices da acción de goberno. Ademais, este goberno, que está en minoría, leva dous anos sorteando todos os asuntos de alcance. Non houbo ningún asunto de importancia que non se gañara no pleno, e iso é unha proba de eficacia.
-Non sei se a oposición concordará con esta apreciación.
-Será difícil que o fagan algúns porque mentres o mecanismo de compenetración no goberno está posto a proba cun resultado eficiente de acción política, o PP parece extraterrestre. Este goberno é moi eficaz, por máis que fagan discursos tremendistas sobre unha inexistente división. Ao PP isto vaille pasar factura, porque é un discurso propio de quen vive fóra da realidade, nos seus mundos de Yupi , facendo oposición dende o seu gabinete de prensa. Van a destruír, a facer xogo marrulleiro. Pero a xente é intelixente, e sobre todo ten un alto nivel de formación política.
-Acúsanlles de non dialogar.
-Esa é unha cantinela do PP, que quere xogar a impoñer as súas ideas e, cando non o consigue, entende que falta diálogo. En Vilagarcía vémonos a diario, todo se comenta, e formal ou informalmente ese diálogo sempre está aberto.
-A vostede, en concreto, acúsanlle de buscar foto diaria na prensa. ¿Tanto lle gusta a fotografía?
-Teño a miña propia estratexia do que debe ser a relación coa sociedade, e a obriga de estar informando continuamente á sociedade. Creo que cumpro co que teño que facer.
-Dígame algo bo e algo mellorable.
-A programación cultural é intensa e conecta coa xente. Para mellorar: a comunicación e a participación cidadá.
Comentarios:
Creo que me he equivocado de sección y que estoy leyendo el Jueves o las viñetas de chistes.....
Si alguien parece extraterrestre es el equipo de gobierno. De acuerdo con tucho, Quijote, vlswlv, Paco, -mira que echar de menos a Gago...-
Del Concello solo se salvan los del PP e IVIL.
De Ratón tiña inicialmente boa opinión maís ahora xa non se que dir. Isto va por o que di Egol.
Aunque sea una entrevista, querido Serxio este titular puede pasarte factura.
¿Acaso no existía esto con Gago?
Bandera Azul, accidentes, protección civil, Balneario, plaza de Abastos, tráfico, suciedad....etc etc
Se muestran únicamente los últimos 40 comentarios de cada post.
Los comentarios para este post están cerrados.
autor
Contacto


