Un novo actor na escena política vilagarciá
19.12.08 @ 09:28:23. Archivado en Vilagarcía
Fuente: Diario de Arousa
Autor: Damian Pereira
Terra Galega presentouse en Vilagarcía apadriñada polo seu líder autonómico, o alcalde de Narón, Xoán Gato. O responsable local da organización, Guillermo Rocha, explicou aos numerosos asistentes ao acto a política do partido e a súa ambición por entrar no Parlamento de Galicia.
TEGA presentou en Vilagarcía un discurso centrado no cambio, no optimismo e nas gañas de facer medrar a Galicia a pesar da situación de crise internacional. Con Xoán Gato á cabeza, o partido tratará de acadar os 30.000 votantes na provincia para lograr representación parlamentaria en Pontevedra. “É algo difícil, Vigo tira moito”, recoñeceu Gato, “pero se dades a coñecer a nosa alternativa podemos conseguilo”, puntualizou con enerxía.
A presenza do rexedor de Narón (concello que está a protagonizar un incesante crecemento) reforzou a presentación de Guillermo Rocha, que falou de “cumpir o contrato coa cidadanía, algo que non está a facer o goberno galego, que vende a nosa terra por un prato de lentellas”.
TEGA quere ser a cuarta forza política galega e acadar con iso dous representantes no Parlamento nas vindeiras eleccións. A día de hoxe xa conta con seis alcaldías e participación en 13 gobernos locais.
Rocha quixo resaltar o carácter do seu partido, un estilo non fundamentado só no folclore ou a cultura, senón, especialmente, “en sacar da última posición do conxunto do Estado a Galicia”. E é que Xoán Gato insistiu en que “os demais partidos téñennos medo. Sobre todo o BNG, que nunca se pronuncia sobre a súa postura ideolóxica, fundaméntase no enxebre, participa do clientelismo e só busca sacar tallada de acadar cotas de goberno”.
Cun discurso vigoroso, o alcalde de Narón foi quen de espertar o ánimo dos asistentes, a pesar de deixar claro que “por cartos temos moi difícil competir cos demais partidos”.
Comentarios:
¡Vilagarcía está de enhorabuena, tiene más derecha!. Vilagarcía está de enhorabuena, tiene gobierno de progreso para veinte años más.
Se muestran únicamente los últimos 40 comentarios de cada post.
Los comentarios para este post están cerrados.
autor
Contacto


