Editado por

Vilagarcía na RedeVilagarcía na Rede

Buscar
Temas
Archivos
Hemeroteca
Junio 2012
LMXJVSD
<<  <   >  >>
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930 
Sindicación
PARTICIPACIÓN
SERVICIOS



Rubians estrena Wifi

Permalink 30.10.08 @ 13:11:21. Archivado en Vilagarcía

Fonte: Diario de Arousa
DAMIÁN PEREIRA > VILAGARCÍA

O Centro Sociocultural de Rubiáns foi o punto escollido polo concelleiro de Cultura, Xosé Castro Ratón, para facer a presentación pública da nova liña wifi de acceso a internet impulsada polo Concello de Vilagarcía.
Esta promesa, incluida no prego de condicións que Esquerda Unida pactou co bipartito para permitir a aprobación dos orzamentos de 2008, comeza agora a dar os seus primeiros pasos, tanto no espazo cultural desta parroquia interior como nas casas da cultura de Bamio, Carril, Vilaxoán e o Centro Sociocultural de San Roque, en Arealonga.

A intención do Concello é ter completada a liña wifi do Auditorio Municipal lista ao 100% durante o vindeiro mes e, posteriormente, ir incrementando a rede sen fíos ao resto de espazos socioculturais do municipio, se ben o propio edil nacionalista sinala que “teremos dificultades, pois precisamos negociar coa empresa que distribue o servizo da instalación da liña gratuita. Será moi compricado chegar a cubrir todos os edificios da rede pública”.

Pola súa banda, o presidente da asociación de veciños de Rubiáns, Xurxo Abuín, indicou que a implantación deste servizo na parroquia “é importantísimo para nós pois ata o de agora careciamos de conexión de internet, nin sequera por RTB, que é das máis antigas. Agora os estudantes poderán conectarse na súa parroquia”, alegrábase o veciño de Rubiáns que tamén recoñeceu que “é moi difícil que a rede poida ampliarse ao resto do terreo parroquial”. De feito, Castro Ratón asegura que “a Mancomunidade do Salnés, que é a que está a estudar a implantación dunha liña wifi comarcal, ten parado o tema dende hai tempo, síntoma das dificultades que supón”.

Melloras > O edil de Cultura tamén anunciou a inminente ampliación do catálogo de libros no centro cultural de Rubiáns e a creación dunha hemeroteca.

Ademais, este punto de encontro para os veciños da parroquia limítrofe con Vilanova tamén acollerá unha exposición do pintor cambadés Mon Costa. A mostra deste veterano artista dará comezo o vindeiro domingo e estará presente en Rubiáns ata o día 30 de novembro.

O horario de apertura será flexible, segundo a dispoñibilidade dos responsables das instalacións, pero, basicamente a mostra poderá ser visitada entre as 19 e as 23 horas de luns a venres e de 12 a 14:30 e 18 a 23 horas na fin de semana.

A asociación de veciños e cultural de Rubiáns tamén está a organizar un ciclo de música coral que abarcará os tres vindeiros domingos, días 2, 9 e 16 de novembro. O 2 estará na localidade a coral de Trabanca Badiña, que actuará a partir das 18:30 horas. O 9 visitará Rubiáns “Cortegada” e o 16 a coral vilaxoanesa “Máximo Patiño”.

Por outra banda tamén dará comezo nas vindeiras datas un ciclo de charlas coloquio para persoas da terceira idade que versará sobre os problemas deste importante colectivo, tales como a enfermidade do alzheimer, a preparación para a xubilación, a hipertensión, a alimentación saudable ou a diabetes. Toda a programación é completamente gratuita.


Bookmark and Share

Comentarios:
hola.
Veo que ya comenzaron las instalaciones de wifi pero cuando vamos a tener todos wifi de la misma manera que lo tienen otros pueblos y ciudades de la zona(gratuitamente se entiende)? y ya que estamos en lo del internet cuanto mas o menos tardearn las reformas de la red para que todos podamos tener una velocidad apreciable?
Enlace permanente Comentario por Luis 24.12.08 @ 18:00
Ola Serxio Ramón,

Gustariame saber cales son os centros socioculturais que teñen wifi, porque os que eu coñezo ningun, A Torre non ten wifi, Trabanca Badiña tampouco, Guillán tampouco, o de Sobradelo tampouco...

Asi podería continuar con algún máis...

Moi boa idea a do BNG de empezar a poñer wifi nos centro culturais, e por algún hai que comezar, e mellor comezar por un dos que mellor está funcionando.

Saúdos.
Enlace permanente Comentario por Arousa 23.11.08 @ 16:45
E, ¿cando estrearán os veciños deRubiáns unha mellor rede de sumidoiros, abatecemento de auga ou recollida de lixo?.
Enlace permanente Comentario por Sijala 07.11.08 @ 11:48
Hoxe en día é algo máis que necesario. Si non estas conectado a Internet non estas no mundo actual, triste pero real. E que mellor maneira que facéndoo ao través dos centros sociais. Agardo que pronto todos os centro poidan dispoñer de este servizo.
Pero que casualidade, levan funcionando xa 4 ou 5 redes Wifi noutros tantos centros sociais, e agora ven Castro a inaugurar a de Rubiáns, terá algo que ver que o presidente desta asociación sexa un antigo concelleiro do BNG. Os rumores da vila, ao menos onde eu tomo café, son que a Castro estáselle vendo moito o plumeiro, o ser demasiado amigo dos seus amigos de ideoloxía e estar a beneficialos dende o goberno local, pode resultarlle bastante caro a curto ou longo prazo.
Enlace permanente Comentario por Serxio Ramón 31.10.08 @ 11:20

Se muestran únicamente los últimos 40 comentarios de cada post.

Los comentarios para este post están cerrados.

Blogs
Patio Salesiano

Patio Salesiano

Centenario Sal Terrae

Jesús Rojano

Poemas

Poemas

Always on my mind- Elvis Presley Subtitulada - YouTube

José Pómez

Blog de Josep Maria Tarragona

Blog de Josep Maria Tarragona

Ramon Parés i Vilasau

Josep Maria Tarragona

Corrupción global

Corrupción global

896 Daniel Estulin, el Club Bilderberg, Soraya Saenz de Santamaría y la posible quiebra del Banco de Santander.Una llamada a la Rebelion ciudadana

Luis Llopis Herbas

Punto de vista

Punto de vista

El ministro argentino Julio de Vido “supone”

Vicente Torres

Un país a la deriva

Un país a la deriva

Rajoy, un optimismo injustificado.

Vicente A. C. M.

E-Learning

E-Learning

La regeneración de la decencia se impone en la política

José Lozano Galera

Las crónicas de Juan Fernandez Krohn

Las crónicas de Juan Fernandez Krohn

Madonna contra Marine Le Pen o los amores y los odios judíos

Juan Fernandez Krohn

Hermosillo

Hermosillo

Hoy: Narcomanta Vs. El Jefe Lazca y, CJNG Vs. Templarios

Efrén Mayorga

Crónicas Bárbaras

Crónicas Bárbaras

Políticos parásitos

Manuel Molares do Val

Humanismo sin credos

Humanismo sin credos

Creer es más fácil que pensar.

Asoc. Humanismo sin Credos

El buen vivir de Juan Luis Recio

El buen vivir de Juan Luis Recio

Red Bull Special Editions

Juan Luis Recio

Voto en Blanco

Voto en Blanco

Abuso de poder en España

Francisco Rubiales

Cajón de sastre

Cajón de sastre

Sin pelos en la lengua catalana.

Rufino Soriano Tena

El Blog de Otramotro

El Blog de Otramotro

Todo se ha banalizado

Ángel Sáez García

Esto es lo que hay

Esto es lo que hay

El Método Guardiola en la Pompeu Fabra

Miguel Ángel Violán

A Ras de Cielo

A Ras de Cielo

Números arábigos

Saúl Blanco Lanza

Opinión

Opinión

Entre Andorra y Gibraltar - Que intervengan la economía si nos libramos de los políticos.

Opinión

Protestantes

Protestantes

Foro Europeo de Libertad Religiosa: preocupa trato de España a los evangélicos

Pedro Tarquis

Secularizados, mística y obispos

Secularizados, mística y obispos

Una involución en aumento

Josemari Lorenzo Amelibia

Haz de PD tu página de inicio | Cartas al Director | Publicidad | Buzón de sugerencias | Publicidad
Periodista Digital, SL CIF B82785809
Avenida de Asturias, 49, bajo - 28029 Madrid (España)
Tlf. (+34) 91 732 19 05
Aviso Legal | Cláusula exención responsabilidad

redaccion@periodistadigital.com Copyleft 2000

b2evolution Creative Commons License
This work is licensed under a Creative Commons License.
Noticias Periodista Digital | Periodista Latino | Reportero Digital | Ciudadano Digital | Chistes, Videos y Poesias