Ana lorenzo anuncia a creación dun servizo municipal para atender a nenos polas tardes
04.10.08 @ 21:32:00. Archivado en Vilagarcía
A concelleira de asuntos sociais de Vilagarcia Ana Lorenzo, porá en marcha "Conciliatarde" ,un ambicioso proxecto que pretende dar resposta as necesidades de moitas familias xeradas principalmente pola incorporación da muller ó mundo laboral.
Este proxecto terá unha primeira fase experimental na que se dará praza a trinta nenos de entre 3 e 9 anos. Os criterios que rexirán a hora de conceder as devanditas prazas veñen recollidas nunhas bases que o concello ven de elaborar e nas que se da prioridade a aquelas familias con menos recursos e tamén a aquelas que non conten cunha rede de apoio familiar ou ben que figuren nun programa de atención familiar.
Os beneficiarios poderán pasar as tardes de Luns a Venres en horario de 3 e media a 9 da noite no colexio da Lomba realizando actividades lúdicas e formativas.
Tódolos interesados deberán dirixirse o departamento de servizos sociais do concello donde se lles facilitarán as correspondentes follas de solicitude. O plazo para presentalas rematará o 14 de Outubro
Comentarios:
Se muestran únicamente los últimos 40 comentarios de cada post.
Los comentarios para este post están cerrados.
autor
Contacto


