Gastronomía
16.02.08 @ 12:17:33. Archivado en textos creativos
Os lugares tamén se coñecen polo padal. Unha corvina con prebe de alcaparras acompañada cun viño chileno mesturáronse coa morphos azul mentres eu tomaba arroz con polo e ensalada. Outro día lombo á grella con especias e unha ensalada denominada bosque húmido que levaba incorporada palmito. Esos son os platos extraordinarios que comemos porque habitualmente tomamos gallo pinto, arroz con feixóns de cor marrón escuro, ás veces lles poñen un pouco de cilantro. Os almorzos na Fortuna consisten en zume de froitas tropicais, anaco de papaia, sandía, ananás, banano, un café con leite, marmelada e dúas torradas. A alimentación muda segundo o lugar no que estamos, así en Puerto Viejo tomábamos algo de leite cun pastel de panadería e en Tortuguero unha tortilla de queixo, cogumelos, tomate, algo de gallo pinto, un bolo de pan e de sobremesa froitas. En Monteverde optamos polo aforro, así que fomos ao supermercado e mercamos comida para levar a mañá e aguantar ata a cea, normalmente un bocata de atún con tomate e algo de leite. En Tortuguero facíamos as tres comidas porque xa estaban incluídas no prezo do servizo. En Puerto Viejo as ceas estaban formadas básicamente por rice and beans ou casados, a comida típica do lugar, e en Arenal os almorzos e ceas. O domingo despois de almorzar en Monteverde imos dar un paseo a cabalo.
Dirección para hacer trackback a este post:
http://blogs.periodistadigital.com/btbf/trackback.php/145048
Comparte esta información
Comentarios, Trackbacks, Pingbacks:
Aún no hay Comentarios/Trackbacks/Pingbacks para este post...
Se muestran únicamente los últimos 40 comentarios de cada post.
Beatriz Dacosta
Contacto




