Editado por

Beatriz DacostaBeatriz Dacosta

Buscar
Temas
Archivos
Hemeroteca
Febrero 2012
LMXJVSD
<<  <   >  >>
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
272829    
Sindicación
PARTICIPACIÓN
SERVICIOS



O balneario de Baldí

Permalink 09.12.07 @ 11:02:43. Archivado en textos creativos

O balneario estaba ateigado de xente que se mergullaba nas piscinas de diferentes temperaturas, a máis quente a corenta e oito graos. O motivo da existencia na zona das augas termais débese a que a caldeira do volcán, ao ser novo e estar activo, non é moi fonda e quece as correntes subterráneas provocando as altas temperaturas cando saen ao exterior. Botábase de menos algunha con auga fría onde poder refrescarse. Era como se ao introducirte no líquido a calor húmida te absorbese e te desfixese dende dentro agromando unha sensación insistente de sede e afogo. O alivio prodúcese ao saír da auga e acariñar o aire tépedo da noite.

De Baldí esquecería a música a tope dos bares líquidos construídos no interior das piscinas, cos seus sons de chunda chunda chunda, parecían pretender esnaquizar calquera clase de maxia que puidese agromar da sensación de estar perto dun mundo magmático e magnético, ese ruído afogaba o máis emocionante son da natureza: os grilos, ras e demais animais en puro concerto. Ese son, en aparencia festivo, reverberaba algún tipo de polución absoluta que nos perseguía coma moscas, era sentir un produto adulterado construído para turistas a quen hai que alegrar o seu lecer cos altofalantes a tope mentres a maxia da contorna se desquiciaba, ou talvez era eu, quen enchoupada noutro tipo de procuras na viaxe, me atopaba dentro dun concepto da diversión ou dunha copia do que ofertan certos programas publicitarios na televisión costarricense, para fomentar o turismo, programas que te deixan perplexo cando ves imaxes de modelos en baile continuo, de festa en festa, discotecas, excursións en barco, sen perder o sorriso, insinuando que Costa Rica é un lugar de moita marcha, recomendando que ninguén o perda, ofertando as viaxes aos homes de traxe e garabata, "Ven papito que te espero", como os reis indiscutibles dese paraíso que sempre pasa por un perenne sorriso que non abandonan nin para beber un aquel de cores dentro dun vaso, ao igual que a música de chunda chunda chunda que acompaña durante toda a reportaxe no que se simula un vivir a tope dentro dun feixe de días na vida das divas de mentira, porque pola rúa, polos lugares polos que pasamos, raro era ver mulleres das características amosadas na televisión e moito menos homes vestidos de traxe e garabata, polo cal a mensaxe ía dirixida ao varón de clase media ou alta que se supón que ten fortes doses de ingresos, para este, insinúan na reportaxe, a diversión está total e absolutamente asegurada. Dá mágoa sentir como tendo moitos mundos dentro do país que descubrir xusto publiciten esa imaxe, nun lugar onde a que puidese considerarse a máis mínima manifestación de vida é todo un descubremento e un gran milagro. Fraco favor en prol da igualdade lle fan esas reportaxes á mentalidade humana e ademais reflicten ideas, que por desgraza, aínda permanecen en boa parte do colectivo.


Bookmark and Share

Comentarios:

Aún no hay Comentarios para este post...

Se muestran únicamente los últimos 40 comentarios de cada post.

Los comentarios para este post están cerrados.

Blogs
El Blog de Francisco Margallo

El Blog de Francisco Margallo

Foro I. Ellacuría

Francisco Margallo

Humanismo sin credos

Humanismo sin credos

Asoc. Humanismo sin Credos

La espingarda

La espingarda

Justicia ignara, 976 días para calcular una fecha.

Antonio Javier Vicente Gil

No más mentiras

No más mentiras

“Salto a... la yugular del gobierno”

Antonio García Fuentes

El blog de Miguel Barrachina

El blog de Miguel Barrachina

Deporte con Rencor

Miguel Barrachina

Tres foramontanos en Valladolid

Tres foramontanos en Valladolid

Hace cinco mil años. 5. Comunidades calcolíticas meseteñas

Bustamante, Arévalo y Pardo de S.

Aeterna Christi Munera

Aeterna Christi Munera

Música para el día de san Valentín

Jose Gallardo Alberni

Secularizados, mística y obispos

Secularizados, mística y obispos

Hoy, Señor, me fijo en tu grandeza. Puntos de oración 14-2-12

Josemari Lorenzo Amelibia

El blog de Francisco J. Carrillo

El blog de Francisco J. Carrillo

¿Irán como objetivo?

Francisco J. Carrillo

Poemas

Poemas

Dura y muy reseca.

José Pómez

Las crónicas de Juan Fernandez Krohn

Las crónicas de Juan Fernandez Krohn

PSOE andaluz partido en dos

Juan Fernandez Krohn

Bokabulario de Fernández Barbadillo

Bokabulario de Fernández Barbadillo

¿Otra guerra en las Malvinas? No me hagáis reír

Pedro Fernández Barbadillo

Entre el Cielo y la Tierra

Entre el Cielo y la Tierra

LA VIDA TIENE SENTIDO

Francisco Baena Calvo

Diario de dos curas de pueblo

Diario de dos curas de pueblo

Qué bien me lo he pasao en los carnavales

José Rubio y César Luis Caro

Audiovisual Legal

Audiovisual Legal

Navarra publica su Decreto de Comunicación Audiovisual

Jaime Rodriguez

Diálogo sin fronteras

Diálogo sin fronteras

Grecia, ese espejo donde todos nos miramos

Carmen Bellver

Pacos

Pacos

Los “padres peregrinos”

Paco Sande

Blog del Padre Fortea

Blog del Padre Fortea

Mi amiguito dándose un baño

Padre Fortea

Columna de humo

Columna de humo

La muerte de Whitney Houston

Pedro de Hoyos

Esto es lo que hay

Esto es lo que hay

RFI y las cosas de Africa

Miguel Ángel Violán

Haz de PD tu página de inicio | Cartas al Director | Publicidad | Buzón de sugerencias | Publicidad
Periodista Digital, SL CIF B82785809
Avenida de Asturias, 49, bajo - 28029 Madrid (España)
Tlf. (+34) 91 732 19 05
Aviso Legal | Cláusula exención responsabilidad

redaccion@periodistadigital.com Copyleft 2000

b2evolution Creative Commons License
This work is licensed under a Creative Commons License.
Noticias Periodista Digital | Periodista Latino | Reportero Digital | Ciudadano Digital | Chistes, Videos y Poesias