Editado por

Beatriz DacostaBeatriz Dacosta

Buscar
Temas
Archivos
Hemeroteca
Julio 2009
LMXJVSD
<<  <   >  >>
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
Sindicación
PARTICIPACIÓN
SERVICIOS


Volcán Arenal

Permalink 11.11.07 @ 10:24:43. Archivado en textos creativos, a autora

Ao redor dun setenta e cinco por cento da xente da vila de Fortuna vive directa ou indirectamente do volcán Arenal, é dicir, da masa de turistas que atrae a súa forza. Están tranquilos, pensan que a actividade volcánica pode durar uns catro ou cinco anos máis antes de que o dragón se extinga definitivamente. É evidente que cada quen busca o seu xeito de tranquilizarse e tamén referentes para superar a sensación de perigo, onde a forza da montaña de lume e a subsistencia se entrelazan. ¿Ata cando se poderá seguir vivindo ao redor do volcán? A natureza ten a derradeira palabra. Achegámonos ata os lindes do posible no observatorio. Nesta ocasión guiounos Ulises, biólogo e poeta. Chama a atención a súa pel clara e ollos azuis mesturados con trazos ticos. Cando comezou a falar a solemnidade penetrou no autobús; custáballe sorrir, cada unha das explicacións envolvíaas cun veo de fascinación, misterio, respeto adubiado cun punto tétrico e fatalista; demasiada sapiencia e erudición para seis turistas que non sempre, ou mellor dito, case nunca, sabiamos distinguir unha pedra doutra. El expoñía teorías, historia, explicacións xeolóxicas vinculadas á vulcanoloxía, biolóxicas, acudindo á etimoloxía das palabras, procurando significados e significantes, que Costa Rica ficase coma un mapa de biodiversidade na nosa pel e a nosa pel na súa voz. Mantiñamos toda a atención nas charlas, malia que por veces decrecía o interese vencido polo cansazo mais quedaba o asombro mesturado coa súa erudición de clase universitaria. A conversa mellorou ao abandonar o plano teórico e comezou co anecdotario dos accidentes e imprudencias sobre todo de turistas que perderon a vida nas proximidades, e así, comezou a crónica de decesos, datando unha no ano dous mil por emisión de gases e algunhas pedras incandescentes que lle custou a vida a un guía e unha nena de cinco anos. As mortes debéronse á inhalacion de cinzas e gases, xa que aparte da súa toxicidade, ao respirar, queiman todo o aparello respiratorio, e neste caso, se se busca un lugar perto do chan onde acubillarse, é peor, porque os materiais volátiles son máis pesados có aire e tralo estoupido deposítanse con velocidade sobre a terra. Tamén nos comentou que dende hai uns anos está prohibido rubir ao volcán, isto é moi lóxico, pero sempre hai turistas non só imprudentes senón tamén resabidos que queren levar no peto a acometida de tal aventura, como o caso dun alemán que xunto coa súa moza estiveron observando durante unha semana o ritmo dos estoupidos do volcán e foron anotando na súa libreta as horas nas que adoitaba facer as emisións, concluíndo que dende a unha da tarde ata as cinco do serán estaba tranquilo, así que o día sinalado o home decidiu subir cando el, por mor dos seus cálculos, considerou prudente, a metade de camiño o volcán fixo un estoupido e matouno, deixándoo irrecoñecible. Algunhas persoas que participaron no rescate (por presión internacional, xa que ninguén quería subir, e despois de varios intentos frustrados durante moitos días) mudaron a súa forma de ser por mor do grande impacto de ver ao cadaver totalmente calcinado. Dende aquela ditouse unha lei pola que se prohibe a subida ao volcán, antes de que a houbese, agás o caso do alemán, a ninguén se lle ocorrira tal proeza. Ulises recalcaba na idea tan coñecida de que a materia non se crea nin se destrúe só se transforma e que o volcán crea e destrúe e os seus efectos poden non ser só locais senón afectar planetariamente. Tras deixar o observatorio camiñamos a través dun frondoso bosque secundario, duns trinta e seis anos de antigüidade, polas beiras do sendeiro aprezamos os buracos no chan produto do impacto das rochas volcánicas da última gran erupción e decatámonos como ao redor desas fendas todo mudaba. Era estraño saber que estabamos camiñando enriba dun bosque sepultado, a través doutra xungla nova que se formou sobre el. As raíces recentes están a flote por mor da falta de nutrintes de abondo no chan. O proceso para que o solo engorde comeza coa colonización dos liques e carriza e para que a materia orgánica teña un grosor dun centímetro deben pasar trinta anos, que a carriza se agarre, que atraia outras formas de existencia e nese proceso constante de vida e morte vaise depositando amodiño a materia orgánica logrando mudar as condicións para que un lugar inhóspito se transforme en habitable. Ao chegarmos ao mar de lava gozamos de tres panorámicas inesquecibles: O volcán, o lago Arenal e as nubes nun espectáculo de grises e luz solar decrecente. Nese xogo de bailes e penumbras o silencio e a natureza penetra nos sentidos salvaxe. Os primeiros liques que colonizan o magma son blanquecinos o que significa que nos atopamos nun lugar sen contaminación. O silencio faise místico e destruímolo durante uns intres para escoitar onde estamos. A aba do volcán por onde roldan as pedras incandescentes deixan durante o día unha visión de fume ou po mentres que pola noite os fíos de lume arrástranse diagonais polo deserto, iso foi o que vimos cando a escuridade comezou a nacer, aínda que unha nube, a modo de saba de boas noites cubriu a montaña impedindo, nun principio, a visión de lava vermella. Cando por fin a nube se desprazou puidemos latexar coa maxia dese escoar ígneo arrastrándose, sentirnos inmensamente cativos e febles ante tal manifestación de forza. Dende hai tres ou catro meses o volcán mudou a beira do cráter por onde verquía a lava, antes a noite nacía espectacular dende o balneario de Tabacón e Baldí, pero aínda así, nestas termas séntese con plenitude na pel o que o volcán é e transmite, lume, auga e vida, sensación de estar dentro da propia caldeira.

Dirección para hacer trackback a este post:
http://blogs.periodistadigital.com/btbf/trackback.php/126071

Comparte esta información
  • delicious
  • meneame
  • digg
  • yahoo
  • talk bubble

Comentarios, Trackbacks, Pingbacks:

Aún no hay Comentarios/Trackbacks/Pingbacks para este post...

Se muestran únicamente los últimos 40 comentarios de cada post.

Hacer comentario:
Normas de etiqueta en los comentarios
Desde PERIODISTA DIGITAL les animamos a cumplir las siguientes normas de comportamiento en sus comentarios:
  • Evite los insultos, palabras soeces, alusiones sexuales, vulgaridades o groseras simplificaciones
  • No sea gratuitamente ofensivo y menos aún injurioso.
  • Los comentarios deben ser pertinentes. Respete el tema planteado en el artículo o aquellos otros que surjan de forma natural en el curso del debate.
  • En Internet es habitual utilizar apodos o 'nicks' en lugar del propio nombre, pero usurpar el de otro lector es una práctica inaceptable.
  • No escriba en MAYÚSCULAS. En el lenguaje de Internet se interpretan como gritos y dificultan la lectura.
Cualquier comentario que no se atenga a estas normas podrá ser borrado y cualquier comentarista que las rompa habitualmente podrá ver cortado su acceso a los comentarios de PERIODISTA DIGITAL.
Tu email no se mostrará en la página.
etiquetas XHTML permitidas: <p, ul, ol, li, dl, dt, dd, address, blockquote, ins, del, span, bdo, br, em, strong, dfn, code, samp, kdb, var, cite, abbr, acronym, q, sub, sup, tt, i, b>
URLs, email, AIM y ICQs serán convertidos automáticamente.
Opciones:
 
(Saltos de línea se convierten en <br />)

Blogs
El club de los amigos malos

El club de los amigos malos

ÚLIMA HORA: ¡Zelaya no pudo aterrizar en Honduras! Su destino fue El Salvador

Julio San Francisco

En cristiano

En cristiano

Año sacerdotal, un momento de gracia

Luis Javier Moxó Soto

Gallegos hispanohablantes

Gallegos hispanohablantes

Subvenciones millonarias a la "Mesa" durante el anterior gobierno

JUAN JULIO ALFAYA

Romances ultramodernos

Romances ultramodernos

Pepe Padilla, amigo y compañero, está en brazos de Abbá

Joaquín Martínez

Cajón de sastre

Cajón de sastre

Hablar por hablar, sin decir nada.

Rufino Soriano Tena

Bokabulario de Fernández Barbadillo

Bokabulario de Fernández Barbadillo

Pues yo no pido perdón, Soraya guapa

Pedro Fernández Barbadillo

Vilagarcía na Rede

Vilagarcía na Rede

Preocupación de la ciudadanía arousana por las declaraciones de Pilar Farjas

Vilagarcía na Rede

La Marea de Pérez Henares

La Marea de Pérez Henares

Espejismos de verano

Antonio Pérez Henares

Columna de humo

Columna de humo

Un paraíso en el Cerrato

Pedro de Hoyos

Libros

Libros

'El reloj de Mr. Darwin', de Juan Luis Arsuaga

San Francisco de Asís, el Evangelio Vivo

San Francisco de Asís, el Evangelio Vivo

Entender y vivir la Misa (XXIV): Cordero de Dios

Miguel Blanes Coll

Desde el rincón

Desde el rincón

DIA DE LA INDEPENDICA… ¿INDEPENCIA DE QUIEN?

Juan Eduardo Fernandez

Totalitarismo y terrorismo islámico

Totalitarismo y terrorismo islámico

No es Der Stürmer, es El País.

Doctor Shelanu

Punto de vista

Punto de vista

Urkullu, ruin

Vicente Torres

Crónicas Bárbaras

Crónicas Bárbaras

Perpetuo Franco

Manuel Molares do Val

Diálogo sin fronteras

Diálogo sin fronteras

Crónica de un verano con Honduras

Carmen Bellver

Voto en Blanco

Voto en Blanco

Cuando pagar impuestos humilla y esclaviza

Francisco Rubiales

Rumores de Ángeles

Rumores de Ángeles

Zapatero consejero

Rumores de Ángeles

Ole maños, ole

Ole maños, ole

Por ahora, nada de nada

Ignacio Pablo Cerdán

Cafemigao

Cafemigao

SecurityForest

Andrés Alfaro

Haz de PD tu página de inicio | Sugerir enlace | Informa a un amigo | ¿Quiénes somos? | Cartas al Director | Publicidad | Buzón de sugerencias | Denuncias | Publicidad
Periodista Digital, SL CIF B82785809
Avenida de Asturias, 49, bajo - 28029 Madrid (España)
Tlf. (+34) 91 732 19 05
Aviso Legal | Cláusula exención responsabilidad

redaccion@periodistadigital.com Copyleft 2000

b2evolution Creative Commons License
This work is licensed under a Creative Commons License.
Noticias Periodista Digital | Periodista Latino | Reportero Digital | Ciudadano Digital | Chistes, Videos y Poesias