Editado por

Beatriz DacostaBeatriz Dacosta

Buscar
Temas
Archivos
Hemeroteca
Febrero 2012
LMXJVSD
<<  <   >  >>
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
272829    
Sindicación
PARTICIPACIÓN
SERVICIOS



Cerro Chato

Permalink 28.10.07 @ 14:08:17. Archivado en textos creativos

No Cerro Chato hai dous tipos de bosques que se diferencian pola altitude: o tropical húmido e o tropical nuboso. Na base do monte as enormes árbores constitúen bosques secundarios que evitan que a claridade chegue ata o chan, o que provoca que moitas plantas vivan adheridas en troncos e nas pólas para poder captar a luz. As raíces agroman na superficie da terra formando un conxunto de arterias que ensamblan toda a xeografía e dotan ás árbores de maior estabilidade. Chama moito a atención que non estean debaixo do chan pero é debido, en parte, a que o bosque é de nova formación e o solo volcánico non ten pouso de abondo. A flora vive cara a arriba e procura o ceo. No tropical nuboso a vexetación transfórmase radicalmente, deixando de ter a importancia que tiña a altura no húmido; as árbores son máis baixas e entre elas penetra mellor a luz. Os troncos están ateigados de carriza chea de auga, semellan esponxas. Escoitamos un grande estoupido. Penso que quizais sexa treboada, pero non, é a voz de dentro do volcán. No cráter do cerro hai unha lagoa verde que mantén durante todo o ano o mesmo nivel de auga, se este variase podería ser moi perigoso para o val. Vemos loras, as loras son monogamas e voan sempre xuntas, se un membro morre o outro non volverá a emparellarse. A baixada do outeiro é moito máis difícil cá subida, agarrámonos a raíces e troncos despois de comprobar que están libres de insectos ou calquera outra clase de animais. Dende o monte podemos divisar o val coa vila de Fortuna ao fondo, esta poboación mudou o seu nome despois da última grande erupción do volcán, no 1969, antes tiña o nome do río do lugar, pero dende entón e despois de que tódolos arredores quedasen asolagados polo magma, puxéronlle Fortuna, porque fora iso, unha grande fortuna o feito de que a zona quedase intacta das poutas do volcán. Atravesamos unha finca ateigada de goiabeiras, a froita desta árbore é rica en ferro e nesa zona, cando está moi madura, énchese de vermes. Pica, segundo os seus compañeiros de traballo, fala máis ca unha sogra, e grazas ao seu carácter percibimos non só a dura aprendizaxe dos cursos de turismo senón e sobre todo a sabedoría popular. Fálanos do seu fillo, da diferenza entre os mundos que habitamos. El, de pequerrecho, para acudir á escola, á que tardaba tres horas en chegar dende a súa casa, en moitas ocasións ía descalzo. Daquela tan só impartían catro disciplinas, nada de inglés, materia hoxe por hoxe imprescindible en Costa Rica, mentres que o seu rapaz estuda un feixe de materias e se se vive a quince minutos do centro xa se reclama o autobús. Uns zopilotes de cabeza encarnada voaban baixo, outros de cabeza negra agardaban a que os primeiros, que son aves con olfacto, atraparan a presa para logo participar no festín. A paisaxe xa está formada por pradeiras ateigadas de gando vacún. Un oitenta e cinco por cento da carne do país procede desta zona. Dirixímonos cara a fervenza para gozar dun anaco de paraíso fechado entre pedra e torres vexetais, moitas plantas viven nas árbores ofrecendo a imaxe de seren niños pendurados, acubillo amable.


Bookmark and Share

Comentarios:

Aún no hay Comentarios para este post...

Se muestran únicamente los últimos 40 comentarios de cada post.

Los comentarios para este post están cerrados.

Blogs
Entre el Cielo y la Tierra

Entre el Cielo y la Tierra

CRISTIANOS NO SOLO DE NOMBRE

Francisco Baena Calvo

Esto es lo que hay

Esto es lo que hay

Congreso de Coaching y Liderazgo

Miguel Ángel Violán

El blog de X. Pikaza

El blog de X. Pikaza

Dom 19 2 12 El paralítico de Cafarnaúm: Perdón y curación

Xabier Pikaza Ibarrondo

Libros

Libros

'La fragata Ligera', de Luis Delgado

Periodista Digital

El Blog de Otramotro

El Blog de Otramotro

"Fraude electoral masivo"

Ángel Sáez García

Sursum Corda El blog de Guillermo Gazanini

Sursum Corda El blog de Guillermo Gazanini

Radiografía de la fe… Latinoamérica, ¿baluarte del catolicismo?

Guillermo Gazanini Espinoza

La Marea de Pérez Henares

La Marea de Pérez Henares

La otra Soraya apuntó maneras

Antonio Pérez Henares

Protestantes

Protestantes

Conferencias en Barcelona del Secretario Gral. de la Alianza Evangélica Europea

Pedro Tarquis

Columna de humo

Columna de humo

El dolo vasco

Pedro de Hoyos

Voto en Blanco

Voto en Blanco

España: el drama de una prensa alienada y sometida, que manipula e ignora noticias importantes

Francisco Rubiales

Punto de vista

Punto de vista

Discrepo de lo dicho por monseñor Osoro

Vicente Torres

Arte

Arte

Pintor francés y fotógrafo norteamericano, por J.C.Deus

Periodista Digital

Religión Digital

Religión Digital

LEPROSOS DE AYER Y HOY

Religión Digital

El blog de José Arregi

El blog de José Arregi

La guerra que viene

José Arregi

El buen vivir de Juan Luis Recio

El buen vivir de Juan Luis Recio

Sabor del Año 2012

Juan Luis Recio

Crónicas Bárbaras

Crónicas Bárbaras

Engaños de CiU y PP

Manuel Molares do Val

Las crónicas de Juan Fernandez Krohn

Las crónicas de Juan Fernandez Krohn

Sarkozy y el contingente español del Líbano

Juan Fernandez Krohn

El Blog de Francisco Margallo

El Blog de Francisco Margallo

¿Existe el Estado de bienestar?

Francisco Margallo

Gastronomía Navarra

Gastronomía Navarra

No hablo de salir del armario para evitar equívocos

Mª Rosario Aldaz Donamaría

Corrupción global

Corrupción global

824 Energías: riesgos y costes. ¿Quien controla?

Luis Llopis Herbas

Haz de PD tu página de inicio | Cartas al Director | Publicidad | Buzón de sugerencias | Publicidad
Periodista Digital, SL CIF B82785809
Avenida de Asturias, 49, bajo - 28029 Madrid (España)
Tlf. (+34) 91 732 19 05
Aviso Legal | Cláusula exención responsabilidad

redaccion@periodistadigital.com Copyleft 2000

b2evolution Creative Commons License
This work is licensed under a Creative Commons License.
Noticias Periodista Digital | Periodista Latino | Reportero Digital | Ciudadano Digital | Chistes, Videos y Poesias