Editado por

Beatriz DacostaBeatriz Dacosta

Buscar
Temas
Archivos
Hemeroteca
Junio 2012
LMXJVSD
<<  <   >  >>
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930 
Sindicación
PARTICIPACIÓN
SERVICIOS



tortuguero (V)

Permalink 09.06.07 @ 14:48:38. Archivado en textos creativos

Regresamos ao hotel de tardiña, aproveitando a praia, un areeiro enorme que parecía non ter fin, desbotando o paseo polo camiño paralelo. Era a praia do desove, a praia dos piratas, dos sargos, das mantas, das barracudas, a praia dunhas cunchas que semellaban auténticas pezas de artesanía, lembro que, paseniñamente como animal prehistórico, nesa praia sentinme feliz....

... E así continuei na noite. Un ceo ateigado de estrelas sobre unha barca sucando o manglar, o aire fresco cortando a respiración, o silencio só roto cun breve laio do motor nas augas. O cansazo aberto loitando contra o desexo de descubrir, xa cando desembarcamos, as pegadas na praia de Tortuguero do animal máis incrible. A tempada de desove da tartaruga verde abre o un de xullo e fecha en outubro, nesta ocasión decidiron distribuir a praia por sectores. A súa observación está regulada. Uns rastrexadores sucan a escuridade na procura de tartarugas, cando por fin localizan a algunha avisan ao compañeiro que permanece co grupo de turistas indicándolle o lugar da descuberta. Este modo de traballo ten como finalidade evitar aglomeracións e conseguir intimidade e respeto para que as femias abran o seu niño e desoven, co tempo saberase se as posibles tartaruguiñas poden sobrevivir ás múltiples ameazas que as asedian, aparte dos outros perigos da natureza, o home é o seu primeiro depredador, aínda continúa a captura ilegal, a morte por mor da inxestión de bolsas plásticas confundidas con medusas, a aparición de enfermidades novas debido a contaminación ou, por exemplo, quedar atrapadas en aparellos. De todos modos a conciencia ao redor destas cuestións está a mudar, debido ao traballo que en Costa Rica comezou nos anos cincuenta o investigador Dr. Archie Carr e que continuou trala a súa morte en 1987 a Caribbean Conservation Corporation que actúa na zona con proxectos de recuperación e monitoreo, procurando un control da especie dentro dunha cultura da protección do medio ambiente. Esta concienciación a nivel nacional ten o seu lado práctico, xa que a partir do mil novecentos noventa o país experimenta un auxe económico derivado da súa eclosión como destino turístico o que lle proporcina importantes fontes de ingresos que axuda ao cambio de mentalidade: continuar vivindo da tartaruga pero non a través da súa captura e morte, senón por medio da súa conservación, como parte necesaria non só do ecosistema senón tamén da propia economía. O turismo é hoxe por hoxe, por diante da exportación da piña e do banano, a primeira fonte de ingresos do país. Pero para nós, dentro da maxia daquela noite, o único manancial que estaba aberto naquel intre era o murmullo do mar acompañando a emoción do silencio, con admiración puidemos comprobar como unha tartaruga verde regresaba ao Caribe, lenta, contundente, pesada, deixando a súa pegada na area, como as rodas dun pequeno tráctor. Qué beleza sentir aquela fraxilidade da vida, aquel anoitecer que podería terse producido millóns de anos atrás, igual, sempre igual, indo a terra a desovar e regresando ao mundo submariño, engolidas pola escuma, pola auga, polo esquecemento, e alí, donas da súa inmensidade, adquirir a axilidade da que carecen en terra, para simplemente ser donas de si, mergullarse e de cando en vez emerxer, respirar, como vestixio quizais dunha orixe terrestre, e volver a desaparecer debaixo dun mar que en apariencia é pura calma.


Bookmark and Share

Comentarios:

Aún no hay Comentarios para este post...

Se muestran únicamente los últimos 40 comentarios de cada post.

Los comentarios para este post están cerrados.

Blogs
Opinión

Opinión

Antonio Casado - Días negros.

Opinión

E-Learning

E-Learning

¿Se terminó la generación digital?

José Lozano Galera

Protestantes

Protestantes

Foro Europeo de Libertad Religiosa: preocupa trato de España a los evangélicos

Pedro Tarquis

Secularizados, mística y obispos

Secularizados, mística y obispos

Una involución en aumento

Josemari Lorenzo Amelibia

Corrupción global

Corrupción global

895 El atraco perpetrado por ZP con el oro de España no es sino un suma y sigue, la tercera etapa del oro de Moscú. La sucia "historia" socialista no para de repetirse. La verdadera causa y origen de nuestra miseria, paro, prima de riesgo y déficit.

Luis Llopis Herbas

Bokabulario de Fernández Barbadillo

Bokabulario de Fernández Barbadillo

¡80.000 sociedades domiciliadas en Gibraltar!

Pedro Fernández Barbadillo

Gastronomía Navarra

Gastronomía Navarra

Pochas con codornices

Mª Rosario Aldaz Donamaría

Entre el Cielo y la Tierra

Entre el Cielo y la Tierra

¿POR QUÉ TIENEN HAMBRE?

Francisco Baena Calvo

El Blog de Francisco Margallo

El Blog de Francisco Margallo

Redes Cristianas

Francisco Margallo

Humanismo sin credos

Humanismo sin credos

Creer es más fácil que pensar.

Asoc. Humanismo sin Credos

Espacio para el espíritu

Espacio para el espíritu

Domingo de la Santísima Trinidad

Juan Jáuregui Castelo

No más mentiras

No más mentiras

Las “malditas” autonomías españolas

Antonio García Fuentes

En clave de África

En clave de África

Primeras meteduras de pata en lengua Zande

JC Rodríguez, A Eisman

Tres foramontanos en Valladolid

Tres foramontanos en Valladolid

Geometría en la pintura de Palazuelo y Angeloglou

Bustamante, Arévalo y Pardo de S.

El blog de Antonio Piñero

El blog de Antonio Piñero

Vidas maravillosas de los apóstoles

Antonio Piñero

La Marea de Pérez Henares

La Marea de Pérez Henares

Una semana en la lona

Antonio Pérez Henares

Religión Digital

Religión Digital

Luz para la Nueva Evangelización

Religión Digital

Blog de Orlando Carmona

Blog de Orlando Carmona

El verdadero siervo de Dios y apóstol de Cristo

Orlando Carmona

Pacos

Pacos

Ser o no ser...

Paco Sande

Blog del Padre Fortea

Blog del Padre Fortea

La Sexta inundada en su propia bajeza.

Padre Fortea

Haz de PD tu página de inicio | Cartas al Director | Publicidad | Buzón de sugerencias | Publicidad
Periodista Digital, SL CIF B82785809
Avenida de Asturias, 49, bajo - 28029 Madrid (España)
Tlf. (+34) 91 732 19 05
Aviso Legal | Cláusula exención responsabilidad

redaccion@periodistadigital.com Copyleft 2000

b2evolution Creative Commons License
This work is licensed under a Creative Commons License.
Noticias Periodista Digital | Periodista Latino | Reportero Digital | Ciudadano Digital | Chistes, Videos y Poesias