Editado por

Beatriz DacostaBeatriz Dacosta

Buscar
Temas
Archivos
Hemeroteca
Junio 2012
LMXJVSD
<<  <   >  >>
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930 
Sindicación
PARTICIPACIÓN
SERVICIOS



tortuguero (IV)

Permalink 03.06.07 @ 11:01:49. Archivado en textos creativos

Nalgunhas casas da vila ofrecen actividades para os turistas como pescar ou navegar para ir ver a mancorna, o apareamento da tartaruga. Jimmy negocia a tarifa da viaxe cun mariñeiro, será a nosa derradeira excursión en Tortuguero, tan só deixarse ir polo mar adiante na procura da fantástica visión de tartarugas machos en loita por unha femia e a paixón líquida da parella emerxendo das profundidades para procrear.

Ao quedarmos libres buscamos o acceso ao resto do planeta, axexábamos cada letreiro con ganas de que xurdise a palabra internet. Sentíame a adicta que precisa a súa dose de canle. A música reagge empapa a tarde de luminosidade. A poboación é negra. Nin un só branco que non fose turista agromaba polos arredores. Son os descendentes dos Jamaicanos que levaron para Costa Rica cando se construíu o tren e que endexamais regresaron ás súas casas, herdeiros do imperio británico, ficaron naquel país sen destino, sen nacionalidade, sen terra nin patria, só persoas de cor con nostalxia do seu mundo e soltos á súa sorte, conservaban a súa lingua e agora, xa costarricenses ou ticos, despois dun longo percorrido en prol da defensa da súa identidade e dos seus dereitos, lograron o seu recoñecemento como nacionais, na Constitución de 1949. Entre eles falan nalgunha variante de inglés, a nós fálanos en castelán, cóbranos en dólares pero coa opción de empregar colones. Merco un chuvasqueiro. Alí adoran a Bob Marley. É probable que chova, algún día choverá, estou segura, estamos en época de chuvia. Todos se queixan de que o clima está moi cambiado e non saben qué dicir cando se lles pregunta qué tempo vai facer. A zona é inestable, a ela chegan as correntes atlánticas e moi perto as pacíficas percíbense con nitidez, así que merco o chuvasqueiro polo que poida pasar.Mentres camiño teño a música de Bob Marley nos ouvidos ata que me mergullo nun ordenador. Pagamos seiscentos colones por media hora, aproximadamente dólar e medio. Pero qué media hora!!!! Imposible abrir páxinas web, imposible enviar mensaxes de que chegamos con ben ao país, imposible todo, todo imposible menos as mans do home que nos atendeu, un rapaz de vintetantos anos, fuchicando nas tripas dunha computadora cun desparafusador. A humildade da vivenda convive co desbaraxuste, estraña conxunción onde tres ordenadores conectados a un módem fornecen dun medio de vida a unha familia. Unha meniña preciosa de nove meses e pés descalzos aprende os recuchos da casa, entra e sae, galiñas e tecnoloxía forman un compacto indivisible para facerlle sentir a arrivada a un novo mundo que comezaba na cadeira no patín da entrada sobre a que senta a súa nai, con ela no colo que está disposta a zugar do seu peito, a carón do seu rastafari. Todos se aleitan con reaggee. Por fin, e case cando a miña desesperación estaba entrando na miña lóxica a páxina devecida abriu, e alí, tras pasar esa media hora de uso, puiden comprobar a información que buscaba. Daquela bailei ao ritmo da música, brinquei na cadeira, sentín toda a emoción contida de cada un dos instantes que novos comezaba a gozar, pero aínda que bailei ao ritmo de reaggi non deixei de pensar que no meu chasquido de dedos ía unha saudosa muiñeira. Entón volvín tomar conciencia desa realidade, estou afastada do meu mundo, esta vila, apenas un gromo de civilización mesturada na selva, e eu, a miles de quilómetros da casa, conectando cunha páxina web de Madrid que me resposta. Seino, é técnica, pero para min, lega no asunto, se iso non é maxia, a ver qué diaños é.


Bookmark and Share

Comentarios:

Aún no hay Comentarios para este post...

Se muestran únicamente los últimos 40 comentarios de cada post.

Los comentarios para este post están cerrados.

Blogs
Opinión

Opinión

Antonio Casado - Días negros.

Opinión

E-Learning

E-Learning

¿Se terminó la generación digital?

José Lozano Galera

Protestantes

Protestantes

Foro Europeo de Libertad Religiosa: preocupa trato de España a los evangélicos

Pedro Tarquis

Secularizados, mística y obispos

Secularizados, mística y obispos

Una involución en aumento

Josemari Lorenzo Amelibia

Corrupción global

Corrupción global

895 El atraco perpetrado por ZP con el oro de España no es sino un suma y sigue, la tercera etapa del oro de Moscú. La sucia "historia" socialista no para de repetirse. La verdadera causa y origen de nuestra miseria, paro, prima de riesgo y déficit.

Luis Llopis Herbas

Bokabulario de Fernández Barbadillo

Bokabulario de Fernández Barbadillo

¡80.000 sociedades domiciliadas en Gibraltar!

Pedro Fernández Barbadillo

Gastronomía Navarra

Gastronomía Navarra

Pochas con codornices

Mª Rosario Aldaz Donamaría

Entre el Cielo y la Tierra

Entre el Cielo y la Tierra

¿POR QUÉ TIENEN HAMBRE?

Francisco Baena Calvo

El Blog de Francisco Margallo

El Blog de Francisco Margallo

Redes Cristianas

Francisco Margallo

Humanismo sin credos

Humanismo sin credos

Creer es más fácil que pensar.

Asoc. Humanismo sin Credos

Espacio para el espíritu

Espacio para el espíritu

Domingo de la Santísima Trinidad

Juan Jáuregui Castelo

No más mentiras

No más mentiras

Las “malditas” autonomías españolas

Antonio García Fuentes

En clave de África

En clave de África

Primeras meteduras de pata en lengua Zande

JC Rodríguez, A Eisman

Tres foramontanos en Valladolid

Tres foramontanos en Valladolid

Geometría en la pintura de Palazuelo y Angeloglou

Bustamante, Arévalo y Pardo de S.

El blog de Antonio Piñero

El blog de Antonio Piñero

Vidas maravillosas de los apóstoles

Antonio Piñero

La Marea de Pérez Henares

La Marea de Pérez Henares

Una semana en la lona

Antonio Pérez Henares

Religión Digital

Religión Digital

Luz para la Nueva Evangelización

Religión Digital

Blog de Orlando Carmona

Blog de Orlando Carmona

El verdadero siervo de Dios y apóstol de Cristo

Orlando Carmona

Pacos

Pacos

Ser o no ser...

Paco Sande

Blog del Padre Fortea

Blog del Padre Fortea

La Sexta inundada en su propia bajeza.

Padre Fortea

Haz de PD tu página de inicio | Cartas al Director | Publicidad | Buzón de sugerencias | Publicidad
Periodista Digital, SL CIF B82785809
Avenida de Asturias, 49, bajo - 28029 Madrid (España)
Tlf. (+34) 91 732 19 05
Aviso Legal | Cláusula exención responsabilidad

redaccion@periodistadigital.com Copyleft 2000

b2evolution Creative Commons License
This work is licensed under a Creative Commons License.
Noticias Periodista Digital | Periodista Latino | Reportero Digital | Ciudadano Digital | Chistes, Videos y Poesias