Editado por

Beatriz DacostaBeatriz Dacosta

Buscar
Temas
Archivos
Hemeroteca
Junio 2012
LMXJVSD
<<  <   >  >>
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930 
Sindicación
PARTICIPACIÓN
SERVICIOS



cara a tortuguero

Permalink 20.04.07 @ 12:41:36. Archivado en textos creativos

De xullo en adiante a Costa Rica arriban os visitantes europeos, decrecendo a demanda norteamericana, o primeiro consumidor de ecoturismo no país. Comeza a temporada de chuvias. En calquera intre o ceo pode derrubarse sobre nós e chover e chover ata rebentar. O autobús recolleunos ás seis e media da mañá con destino a Tortuguero. Jimmy, o noso guía, presentounos a Chipito, o chófer, para logo darnos a benvida e facer nós o propio, agás unha parella americana e outra belga, o resto eramos todos de distintas partes de España. Jimmy foi todo un achádego, un mapa interior efervescente de humanidade, de saber estar e profesionalidade. Non só era esperto no manexo da información senón que sabía transmitila facéndoa próxima, amosando a grandiosidade e tamén o efémero da vida que se enxergaba a través dos ecos dos seus seres queridos e do seu entorno, que en forma de palabras, por veces asomaba nos ouvidos do autobús.

Coa humildade das persoas grandes prestounos os seus ollos para que traspasásemos a nosa curta realidade de turista e nos achegásemos, aínda que só fose de lonxe, á cerna dun país máxico, porque iso foi o que el declarou que iamos sentir, iamos gozar da maxia de Tortuguero, unha maxia totalmente diferente á de Galicia, pero igual de fermosa e fascinante. Cada pinga de paisaxe era relatada polo noso compañeiro con todo tipo de explicacións: A ambos lados da estrada as alegrías medraban como erba e souben entón algo, que nos vindeiros días me serían moi útiles, que eran boas contra as picaduras de insectos; as plantacións de ananás, con dúas variedades de froita que se distinguían pola cor, sabor e sobre todo, o importante para a economía, a diferenza de tempo no seu crecemento que variaba de dous anos, a máis amarela e saborosa a nove meses, xunto co posto que ocupaba Costa Rica no ranking de producción mundial; o café, vinculado en certas zonas ao cultivo dos bananos, que ao tempo de dar froito cumprían a función de facer sombra nos cafetais; a descrición das aves que casualmente se observaban dende as fiestras do autobús; as bolboretas, as magníficas e incribles bolboretas... A estrada pola que pasamos é bastante recente e atravesa o parque nacional Braulio Carrillo. Contaba que, cando era cativo, para viaxar de Tortuguero a San José, se tardaba unhas oito horas, mais agora se podía facer o percorrido na metade de tempo. Tamén nos falou dos ríos que se podían divisar dende o autobús, entre eles o río Suxo, que traía no seu ventre sedimentos de sufre dende a zona dun dos volcáns, porque Costa Rica é ante todo espazo volcánico e acuífero, o seu desenvolvemento e identidade xira ó redor deses xigantes en peremne crecemento,a forza creadora e destructora que leva dentro de sí o xérmolo da vida e da morte. A xente aprendeu a convivir co lume case invisible, facendo da peremne ameaza normalidade. E así, cos ollos mergullados nesa ígnea realidade seguimos a viaxe ata un restaurante onde paramos para almorzar....


Bookmark and Share

Comentarios:

Aún no hay Comentarios para este post...

Se muestran únicamente los últimos 40 comentarios de cada post.

Los comentarios para este post están cerrados.

Blogs
Opinión

Opinión

Antonio Casado - Días negros.

Opinión

E-Learning

E-Learning

¿Se terminó la generación digital?

José Lozano Galera

Protestantes

Protestantes

Foro Europeo de Libertad Religiosa: preocupa trato de España a los evangélicos

Pedro Tarquis

Secularizados, mística y obispos

Secularizados, mística y obispos

Una involución en aumento

Josemari Lorenzo Amelibia

Corrupción global

Corrupción global

895 El atraco perpetrado por ZP con el oro de España no es sino un suma y sigue, la tercera etapa del oro de Moscú. La sucia "historia" socialista no para de repetirse. La verdadera causa y origen de nuestra miseria, paro, prima de riesgo y déficit.

Luis Llopis Herbas

Bokabulario de Fernández Barbadillo

Bokabulario de Fernández Barbadillo

¡80.000 sociedades domiciliadas en Gibraltar!

Pedro Fernández Barbadillo

Gastronomía Navarra

Gastronomía Navarra

Pochas con codornices

Mª Rosario Aldaz Donamaría

Entre el Cielo y la Tierra

Entre el Cielo y la Tierra

¿POR QUÉ TIENEN HAMBRE?

Francisco Baena Calvo

El Blog de Francisco Margallo

El Blog de Francisco Margallo

Redes Cristianas

Francisco Margallo

Humanismo sin credos

Humanismo sin credos

Creer es más fácil que pensar.

Asoc. Humanismo sin Credos

Espacio para el espíritu

Espacio para el espíritu

Domingo de la Santísima Trinidad

Juan Jáuregui Castelo

No más mentiras

No más mentiras

Las “malditas” autonomías españolas

Antonio García Fuentes

En clave de África

En clave de África

Primeras meteduras de pata en lengua Zande

JC Rodríguez, A Eisman

Tres foramontanos en Valladolid

Tres foramontanos en Valladolid

Geometría en la pintura de Palazuelo y Angeloglou

Bustamante, Arévalo y Pardo de S.

El blog de Antonio Piñero

El blog de Antonio Piñero

Vidas maravillosas de los apóstoles

Antonio Piñero

La Marea de Pérez Henares

La Marea de Pérez Henares

Una semana en la lona

Antonio Pérez Henares

Religión Digital

Religión Digital

Luz para la Nueva Evangelización

Religión Digital

Blog de Orlando Carmona

Blog de Orlando Carmona

El verdadero siervo de Dios y apóstol de Cristo

Orlando Carmona

Pacos

Pacos

Ser o no ser...

Paco Sande

Blog del Padre Fortea

Blog del Padre Fortea

La Sexta inundada en su propia bajeza.

Padre Fortea

Haz de PD tu página de inicio | Cartas al Director | Publicidad | Buzón de sugerencias | Publicidad
Periodista Digital, SL CIF B82785809
Avenida de Asturias, 49, bajo - 28029 Madrid (España)
Tlf. (+34) 91 732 19 05
Aviso Legal | Cláusula exención responsabilidad

redaccion@periodistadigital.com Copyleft 2000

b2evolution Creative Commons License
This work is licensed under a Creative Commons License.
Noticias Periodista Digital | Periodista Latino | Reportero Digital | Ciudadano Digital | Chistes, Videos y Poesias