Editado por

Beatriz DacostaBeatriz Dacosta

Buscar
Temas
Archivos
Hemeroteca
Junio 2012
LMXJVSD
<<  <   >  >>
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930 
Sindicación
PARTICIPACIÓN
SERVICIOS



chegada a costa rica (2)

Permalink 18.04.07 @ 10:52:36. Archivado en textos creativos


Aereoporto Juan Santamaría. Pasamos os controis de migración que nos indican que estamos poñendo pé nun novo país. San José de Costa Rica. Nunha das paredes un mural de árbores cun home facendo canoping. Síntome Neil Amstrong na súa chegada á lúa, é a primeira vez que cruzo o océano e respiro Centroamérica. A primeira sensación ao saír do recinto é dunha humidade mesta infectada de calor que o envolve todo. Decenas de taxistas apiñados na entrada abordan aos viaxeiros. Pero non, nós temos o transporte concertado cara ao hotel. Na estrada alédame ver flamboianos, coas súas flores encarnadas exultantes e as súas pólas cara ao ceo, agradecidos. Os costarricenses son moi acolledores, o noso primeiro contacto foi Jorge Solís, quen axiña nos falou do Real Madrid e do Barça, así como da nova lei que se acababa de aprobar no parlamento español sobre matrimonios homosexuais. El non se pronuncia ao respecto. Fala da calor de San José, da súa muller, dos espazos locais mentres deixamos atrás a única autoestrada do país.

De camiño cara ao hotel hai un letreiro anunciando a feira do libro, ao preguntar dinme que xa rematou pero que o verdadeiramente excepcional de Costa Rica non son tanto as súas letras como a natureza que conforma unha cultura acuífera e volcánica, de paisaxes verdes, todo moi vencellado á xuventude da terra e á humidade que estruga o corpo dende a cerna ata convertelo nunha esponxa esprimida. Acomodámonos no hotel e imos dar un paseo polos arredores, onde visitamos un centro comercial que, agás a repetición ata a sacidade dun mesmo producto colocado en fileira nos andeis, todo ten o sabor a mundo coñecido, salvadas as diferencias dos espazos, a globalización muda os hábitos de consumo a nivel planetario, observámolo nas marcas de produtos ofertadas. Unha, a máis constante ao longo de todo o percorrido polo estado é a de cocacola. Chámanme a atención as pequenas tendas e as sodas ou restaurantes. Entramos nun bar, alí serven a cervexa do país, “imperial”, que xunto coa “pilsen” dominan os gustos dos ticos. Síntome estraña pisando o asfalto. Aínda non rematei de me afacer a estar noutro lugar. De regreso ao hotel a calor abafante e os 56 k de velocidade dos módems para acceder a internet espétanme que si estou noutra realidade. Confórmome e ilusiónome pensando nun dos motivos da miña viaxe, a visita á praia de Tortuguero, onde van desovar as tartarugas, animal prehistórico que sobreviviu a todos os cambios planetarios.
¿E nós, acabaremos asimilando todas as transformacións que se producen vertixinosamente nas nosas vidas por mor do desenvolvemento económico, tecnolóxico, das comunicacións e sobre todo da investigación no eido da xenética? Estamos mortos da viaxe. O cansazo acumulado estráganos e xa non soportamos a pesadez das teclas do ordenador. Temos que adaptarnos ao novo universo por máis que as marcas dos produtos cren a ficción de estar en espazos coñecidos. Esa ficción desaparece ao percorrer a realidade do cuarto do hotel: a corriente eléctrica funciona a 125 w, non hai bañeira, só un anaco de chan alicatado separado do resto do recinto por unha banda de tixolos e por unha cortiña que gardan os segredos da alcachofa da ducha cravada sobre a parede. Unha das advertencias que nos sorprende é unha nota pegada na porta do baño indicándonos que non botemos papel dentro do retrete, ao preguntar o motivo, contestan que o saneamento en Costa Rica non está preparado e poden producirse atoamentos. Desisto de secar o pelo, vaia inutilidade levar o secador á viaxe, pero case que mellor, decido viaxar sen perda de tempo, co pelo recollido para que nada perturbe a visión que a cada intre se produce marabillosa diante dos ollos.


Bookmark and Share

Comentarios:

Aún no hay Comentarios para este post...

Se muestran únicamente los últimos 40 comentarios de cada post.

Los comentarios para este post están cerrados.

Blogs
Opinión

Opinión

Antonio Casado - Días negros.

Opinión

E-Learning

E-Learning

¿Se terminó la generación digital?

José Lozano Galera

Protestantes

Protestantes

Foro Europeo de Libertad Religiosa: preocupa trato de España a los evangélicos

Pedro Tarquis

Secularizados, mística y obispos

Secularizados, mística y obispos

Una involución en aumento

Josemari Lorenzo Amelibia

Corrupción global

Corrupción global

895 El atraco perpetrado por ZP con el oro de España no es sino un suma y sigue, la tercera etapa del oro de Moscú. La sucia "historia" socialista no para de repetirse. La verdadera causa y origen de nuestra miseria, paro, prima de riesgo y déficit.

Luis Llopis Herbas

Bokabulario de Fernández Barbadillo

Bokabulario de Fernández Barbadillo

¡80.000 sociedades domiciliadas en Gibraltar!

Pedro Fernández Barbadillo

Gastronomía Navarra

Gastronomía Navarra

Pochas con codornices

Mª Rosario Aldaz Donamaría

Entre el Cielo y la Tierra

Entre el Cielo y la Tierra

¿POR QUÉ TIENEN HAMBRE?

Francisco Baena Calvo

El Blog de Francisco Margallo

El Blog de Francisco Margallo

Redes Cristianas

Francisco Margallo

Humanismo sin credos

Humanismo sin credos

Creer es más fácil que pensar.

Asoc. Humanismo sin Credos

Espacio para el espíritu

Espacio para el espíritu

Domingo de la Santísima Trinidad

Juan Jáuregui Castelo

No más mentiras

No más mentiras

Las “malditas” autonomías españolas

Antonio García Fuentes

En clave de África

En clave de África

Primeras meteduras de pata en lengua Zande

JC Rodríguez, A Eisman

Tres foramontanos en Valladolid

Tres foramontanos en Valladolid

Geometría en la pintura de Palazuelo y Angeloglou

Bustamante, Arévalo y Pardo de S.

El blog de Antonio Piñero

El blog de Antonio Piñero

Vidas maravillosas de los apóstoles

Antonio Piñero

La Marea de Pérez Henares

La Marea de Pérez Henares

Una semana en la lona

Antonio Pérez Henares

Religión Digital

Religión Digital

Luz para la Nueva Evangelización

Religión Digital

Blog de Orlando Carmona

Blog de Orlando Carmona

El verdadero siervo de Dios y apóstol de Cristo

Orlando Carmona

Pacos

Pacos

Ser o no ser...

Paco Sande

Blog del Padre Fortea

Blog del Padre Fortea

La Sexta inundada en su propia bajeza.

Padre Fortea

Haz de PD tu página de inicio | Cartas al Director | Publicidad | Buzón de sugerencias | Publicidad
Periodista Digital, SL CIF B82785809
Avenida de Asturias, 49, bajo - 28029 Madrid (España)
Tlf. (+34) 91 732 19 05
Aviso Legal | Cláusula exención responsabilidad

redaccion@periodistadigital.com Copyleft 2000

b2evolution Creative Commons License
This work is licensed under a Creative Commons License.
Noticias Periodista Digital | Periodista Latino | Reportero Digital | Ciudadano Digital | Chistes, Videos y Poesias