ana maría matute no bosque da vida, carpinteira da imaxinación
23.03.07 @ 10:36:56. Archivado en sobre literatura

escribir é un oficio e vivir é un oficio moito máis complexo, así rematou a escritora catalana a tertulia que mantivo co escritor peruano jorge eduardo benavides e co público de tódalas idades que atestaba a sala cámara do auditorio; pero como isto non é un colorín colorado este cuento se ha acabado, mellor será que comece polo principio para dicirvos que ana maría me pareceu unha muller moi elegante, entrou da man de elsa lópez, escritora integrada na cultura canaria, e do seu precioso caxato de madeira. vestía traxe inmaculado, chaqueta e pantalón, que deixaba enxergar a delicadeza dun corpo enxoito pero espírito moi vivo, un traxe que toleraba que a súa timidez se camuflase con harmonía co seu cabelo e xa, cando por fin se lle pasou o susto (ben contido, por certo) de ternos diante súa, o paxaro do xenio saíu pola súa voz e fixo memoria da súa vida; así soubemos que a primeira novela publicada foi en 1948, onde fai un diagnóstico dunha sociedade escindida pola guerra, malia que por aquel entón resultaba difícil escribir, publicar, ter unha voz propia, contar unha gran parte da historia do país, da de europa, da muller e das súas reivindicacións; que o seu discurso de entrada na real academia española se titulaba “el bosque”, nel se reivindicaba a revalorización da fantasía, da imaxinación, da maxia na literatura española, cousa que non estaba recoñecida na academia aínda que si nos países anglosaxóns. di que todos estos ámbitos pertencen á existencia, tamén forman parte da realidade. o bosque para ana maría é a vida mesma, nel poden ocorrer todas as cousas do mundo, ao igual que na idade media, a súa etapa preferida, xa que nela acontece o máis cruel e tamén o máis espiritual, guerras e ermidas asolagaron xentes e territorios. en relación co bosque e coas lembranzas da súa infancia, asegura que sempre que podía, dende ben cativa, marchaba para alí e unha vez, con oito anos percibiu unha mirada moi potente na caluga, cando se
revirou había un carneiro subido nunha pedra cos cornos enormes e revirados que non lle sacaba o ollo de enriba, ela botou a correr e chegou case sen aire a casa, onde o primeiro que fixo foi dicirlle, toda alterada, á súa nai que vira ao demo. e esa sensación, esa ollada, ese sentirse totalmente vulnerada reflectiuno nalgunha das súas obras. e falando de medo, ana definiuse como unha muller que ao longo da súa vida sempre sentiu medo; a benavides chámalle a atención que os seus personaxes vivisen desgarrados respóstandolle que están moi incómodos neste mundo, ao igual que ela, que procedía dunha familia burguesa catalana, moi convencional e como non se sentía ben comezou a escribir, dicindo que “escribir no redime de nada pero alivia mucho”; lembra que xa o facía aos cinco anos e cando chegou o infausto día da súa primeira voda, a súa nai deulle unha caixa de cartón con tódolos contos que ela escribira ata entón. foi daquela cando ana se decatou de que dalgún xeito, a súa nai, que era de moitos modais, tería querido facer o que ela. a escritora sempre estivo a carón do feble, desexou ser a voz dos que non teñen voz, porque “el mundo era feroz, es feroz”. di que escribe porque “escribir es lo único que sé hacer, bueno, cocinar también lo hago muy bien” e que o libro que sempre quiso escribir foi medrando dentro dela coma unha árbore, modificándose, pervertíndose, ata que naceu. con todo non lle parece que escribir sexa un traballo, disfrútao aínda que lle custa moito esforzo. en canto ao método para enfrontarse á escrita di que non é nada disciplinada nin ordenada, faino como o sente, sen horarios ríxidos e manifesta que hai moita diferenza dende a época na que chegou a gañar o premio nadal e o planeta ata os nosos días sobre todo no trato que daba o mundo das editoriais, ; na actualidade vaise máis ao marketing, antes primaba a calidade do que se escribía; “antes entre el editor y el autor había una distancia, ahora te vas a comer con él. las editoriales cambian rápido de personas. es un mundo mercantil que no entiendo nada”.
e por suposto, de non ter sido escritora (evidentemente e á luz do que lle gusta o bosque da vida e o contacto coa natureza) sería carpinteira “la carpintería me encanta, es un mundo fantástico”.
en castellano
Comentarios:
Aún no hay Comentarios para este post...
Se muestran únicamente los últimos 40 comentarios de cada post.
Los comentarios para este post están cerrados.
Beatriz Dacosta
Contacto


