Editado por

Beatriz DacostaBeatriz Dacosta

Buscar
Temas
Archivos
Hemeroteca
Febrero 2012
LMXJVSD
<<  <   >  >>
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
272829    
Sindicación
PARTICIPACIÓN
SERVICIOS



susana fortes e cristina sánchez-andrade

Permalink 21.03.07 @ 12:15:45. Archivado en sobre literatura

“narrar é morrer a modo en presenza de calquera que queira acompañarnos, é o acto máis íntimo de proximidade co outro, é contar un segredo que no fondo nin un mesmo sabe”, así comezou antonia molinero a presentación de susana e cristina, para logo matizar que “o conflito da narrativa actual é achar unha visión do mundo que permita representar a realidade baixo unha percepción orixinal e sendo conscientes de que non se pode renunciar a ser libre”.

susana fortes comezou a súa ponencia centrándose na tradición oral, que está no fondo da literatura e tamén na escrita das mulleres para logo citar a rosalía de castro que coa súa poesía rexeitaba o clixé de que as mulleres só podían escribir de temas previsibles (flores, paxaros...) por aquel entón, moitas escritoras tiveron que botar man do seudónimo para poder publicar. tamén fixo referencia a que se adoitan facer clasificacións dentro da literatura e tratan á escrita por autoras como un subapartado, matizando que isto non vale para facernos xustiza, senón todo o contrario, e citando a virgina wolf dixo que “na historia oficial as mulleres somos invisibles”.
o home para comprender o mundo, dende moi antigo, crea mitos, lendas, excarba na memoria e fabula, culmina así a súa necesidade de narrar e de explicar. pero de ¿onde saen as ideas para escribir unha novela?, a autora de “el amante albanés” (finalista do premio planeta, 2004) ofrece tres posibilidades:
· a vida pasada polo filtro da imaxinación
· as lecturas, películas, etc que conforman a contorna sentimental
· a tradición oral: forma parte de nós dende a infancia, no intre no que a mente está preparada para o desenvolvemento da imaxinación, esta é a grande esquecida nos programas escolares e un dos mecanismos máis vivos no ser humano e que está moi conectada cos soños, coa felicidade...
moitos escritores recoñeceron a importancia que tivo e ten nas súas vidas a tradición oral, que é algo que está presente e moitas veces nin sabemos que o temos, en ocasións escríbese e logo sácanse conclusións, das que non se é consciente mentres se crea. na súa intervención quixo facer unha pequena homenaxe ao autor de “cien años de soledad”, que hai pouco tempo cumpriu oitenta anos, lembrando o seu universo na infancia, ata os dez anos viviu rodeado de mulleres, entre as que estaba a súa avoa tranquilina, de orixe galego, a quen lle era moi difícil separar o mundo dos vivos e o dos mortos e con estos universos pasou á lectura, da man dunha profesora, comezando a ler as mil e unha noites, texto baseado na tradición oriental.

ás veces é o personaxe quen escolle ao escritor, se xorde un interesante a novela está practicamente feita, reflexiona cristina sánchez-andrade, ou, ¿por que escribimos?, ¿por rebeldía?, ¿para coñecérmonos mellor?, son preguntas coas que comeza a súa exposición aseverando que se empeza a escribir unha novela do mesmo modo que se emprende unha viaxe, dicindo que esta tarefa é case sempre esgotadora, que precisa dun periodo de lectura intenso e, no seu caso, atormentado, xa que nunca se atopa o que se está a buscar, porque non cabe dúbida de que se está a buscar algo, que che fai ir pola rúa cos ollos moi abertos.
a súa primeira novela, “las lagartijas huelen a hierba”, escribiuna para liberarse dun corpo estraño. un día xurdiu na súa cabeza un personaxe, unhas vellas do pobo; planificou a estrutura, matinou a historia pero cando xa tiña todo planeado, as vellas desbaratáronlle os plans e escribe algo distinto ao que tiña inicialmente pensado, e ao entrar ese corpo estraño na viaxe en forma de personaxe convértese en tiranía. pouco a pouco foi descubrindo o seu método de traballo, co tempo viñeron outras novelas, pero cando comezas a escrita, asegura, sénteste impotente como a primeira vez, percibes que o tempo da escrita non o dominas ti, senón que é el quen goberna. daquela, ¿por que escribimos? entre a vida e a literatura non hai unha liña divisoria, cando se escribe algo con sinceridade méteste a fondo, non se pode deixar a vida aparte e cando se escribe débese pór o mellor que se posúe. cristina, que arestora está traducindo ao castelán “cumios borrascosos” rematou a súa intervención concluíndo que escribimos para saber o que non sabemos que sabemos”

en castellano


Bookmark and Share

Comentarios:

Aún no hay Comentarios para este post...

Se muestran únicamente los últimos 40 comentarios de cada post.

Los comentarios para este post están cerrados.

Blogs
Humanismo sin credos

Humanismo sin credos

¿Importa conocer de dónde procede lo que se cree?

Asoc. Humanismo sin Credos

El alma del haiku

El alma del haiku

Nadie

Vicente Haya

A contracorriente, el blog de Enrique Arias Vega

A contracorriente, el blog de Enrique Arias Vega

Sudáfrica en la encrucijada

Enrique Arias Vega

Religión Digital

Religión Digital

Cinco caminos para la nueva evangelización del I.D.R.

Religión Digital

Federación de Comunidades Judías de España

Federación de Comunidades Judías de España

Madrid - Acto en la Facultad de Filología de la Complutense

FCJE

Arte

Arte

Las diez recomendaciones semanales de la Guía Cultural

Periodista Digital

Secularizados, mística y obispos

Secularizados, mística y obispos

Entrar en la órbita del poder

Josemari Lorenzo Amelibia

Un país a la deriva

Un país a la deriva

Hasta los webs de los nacionalistas

Vicente A. C. M.

Diario nihilista de un antropólogo

Diario nihilista de un antropólogo

El mapa y el fútbol

Manuel Mandianes

Bokabulario de Fernández Barbadillo

Bokabulario de Fernández Barbadillo

Y por fin Garzón interrogó a Henry Kissinger

Pedro Fernández Barbadillo

Teología sin censura

Teología sin censura

La bondad desconcertante y escandalosa

José Mª Castillo

Gastronomía Navarra

Gastronomía Navarra

Musalinas de salmón - Receta del libro escuela de cocina navarra "El Bosquecillo"

Mª Rosario Aldaz Donamaría

El Blog de Francisco Margallo

El Blog de Francisco Margallo

Carta 24 a un político

Francisco Margallo

No más mentiras

No más mentiras

Inicio y muerte de un empresario

Antonio García Fuentes

Blog del País Vasco

Blog del País Vasco

¿Y si las agencias de calificación tuvieran razón?

Raúl González Zorrilla

Isabel Gómez Acebo

Isabel Gómez Acebo

Carta de Ivone Gebara

Isabel Gómez Acebo

Contracorriente

Contracorriente

COMUNICADO del SINDICATO UNIFICADO de POLICIA CONTRA los CIES

Rodrigo del Pozo Fernández

El blog de Antonio Piñero

El blog de Antonio Piñero

Sobre Crossan, Meier, Dunn, Theissen y otros acerca del mito de la singularidad de Jesús (416-01)

Antonio Piñero

Mi vocación

Mi vocación

Hagamos la revolución del amor

Sor Gemma Morató

Tres foramontanos en Valladolid

Tres foramontanos en Valladolid

Arte enlatado

Bustamante, Arévalo y Pardo de S.

Haz de PD tu página de inicio | Cartas al Director | Publicidad | Buzón de sugerencias | Publicidad
Periodista Digital, SL CIF B82785809
Avenida de Asturias, 49, bajo - 28029 Madrid (España)
Tlf. (+34) 91 732 19 05
Aviso Legal | Cláusula exención responsabilidad

redaccion@periodistadigital.com Copyleft 2000

b2evolution Creative Commons License
This work is licensed under a Creative Commons License.
Noticias Periodista Digital | Periodista Latino | Reportero Digital | Ciudadano Digital | Chistes, Videos y Poesias