casares
09.03.07 @ 10:59:36. Archivado en espichos de toxo
e as clases de lingua e literatura, no instituto de rodeira, están, como o matrimonio canónico, indisolublemente unidas. en 1º d pasemos as tardes ao acubillo do seu bo facer de contador de historias ; nós escoitabamos os relatorios sobre as súas cousas, cousas cotiás, que ían conformando o seu universo e nos abría unha regaña de luz sobre a pluralidade de mundos que hai no mundo, e baixo a ollada cómplice da praia que bañaba o aire, traía ás nosas vidas buguinas, cunchas, argazos da súa memoria, e así soubemos que o profesor, tamén escritor, era o noso heroe, un garcilaso, pero un auténtico garcilaso de la vega, que se lanza, destemido, aos
brazos do amor, para preguntarlle á súa futura dona ti casares comigo, ao cabo de tres días de coñecela nun tren sueco. e foi ese tren o que se nos instalou nos carozos das ansias de medrar (daquela eu nunca subira nun), de viaxar, de descubrir as diferenzas. corría o ano 1981 e estabamos absortos en coller o mundo polos pés e poñelo andar mentres a transición pelexaba por abrirse camiño nunha sociedade moi tradicional, onde non casaba o noso xeito de aprender co sueco. aínda hoxe lembro con abraio cando nos relatou que os seus fillos xogaban, na casa dos seus sogros, no xardín, con botes de iogures, para experimentar e aprender... e daqueles mares estas lembranzas...
dende la laguna, e aínda sen botes de iogures para soñar.....
en castellano
Comentarios:
Aún no hay Comentarios para este post...
Se muestran únicamente los últimos 40 comentarios de cada post.
Los comentarios para este post están cerrados.
Beatriz Dacosta
Contacto


