caída de cabelo
08.03.07 @ 10:59:21. Archivado en textos creativos
manteño unha loita a morte co meu pelo. dende hai un tempo para acá
intenta suicidarse cada día. coido que debe ser por mor da súa incompatibilidade cos pensamentos; ambos están demasiado perto. ás veces, as ideas arden cando pensan no petróleo; nas guerras; nas desigualdades; na violencia, en xeral; e a el dáselle por non aturalas, prefire estar lustroso sen que ninguén lle coma o sentido, pero como as ideas o amolan reacciona con desprendementos abruptos mentres me espeta: “¡esquéceme!, para nada te necesito”. eu creo que debe ser cousa do cambio de estación e de que, dalgún xeito, precisa menos lóxica e algo máis de bos sentimentos, porque a lóxica que nos abraza a cotío fala cada vez máis da razón da sen razón, e así, o pobre do meu cabelo vólvese tolo. pode que tamén me estea alertando da urxencia de vivir nun mundo diferente, mellor, máis humano, que lle provoque aos pensamentos harmonía e cohabitabilidade para que tamén o corazón poida exercer a súa función con albedrío e funcionar conforme ao que é: vida.
Comentarios:
Se muestran únicamente los últimos 40 comentarios de cada post.
Los comentarios para este post están cerrados.
Beatriz Dacosta
Contacto


