serpe de cidade
04.03.07 @ 01:14:27. Archivado en textos creativos
mudou a pel porque era serpe. o seu corpo arrastrábase polos corredores do silencio. ninguén observaba porque os corredores non son lugares onde habiten serpes. aprendeu a sentirse segura no medio de todo aquel barullo de cidade, a esquivar o tráfico e a tecer o seu niño para estomballar a súa pel no medio dun sumidoiro. ninguén observaba porque nos sumidoiros só
habitan ratas e ela era serpe de cidade. aínda existían diferenzas por moito que ninguén soubese ver. as ratas sentíronse atraídas por aquel estraño ser escamoso e descuartizárona con finalidade analítica e poder así
constatar a imposible convivencia e a carencia de veleno nas serpes de cidade. ela seguía arrastrándose polos corredores do silencio cun exceso de confianza. por suposto: ninguén observaba
Comentarios:
Aún no hay Comentarios para este post...
Se muestran únicamente los últimos 40 comentarios de cada post.
Los comentarios para este post están cerrados.
Beatriz Dacosta
Contacto


