Editado por

Beatriz DacostaBeatriz Dacosta

Buscar
Temas
Archivos
Hemeroteca
Sindicación
PARTICIPACIÓN
SERVICIOS



Santa Elena e Monteverde

Permalink 16.12.07 @ 23:23:33. Archivado en textos creativos

Ao día seguinte viaxamos coa intención de visitar as reservas de Santa Elena e Monteverde, ambas son bosques nubosos bastante similares, diferenciándose no feito de que o segundo ten claros.

>> Sigue...

O balneario de Baldí

Permalink 09.12.07 @ 11:02:43. Archivado en textos creativos

O balneario estaba ateigado de xente que se mergullaba nas piscinas de diferentes temperaturas, a máis quente a corenta e oito graos. O motivo da existencia na zona das augas termais débese a que a caldeira do volcán, ao ser novo e estar activo, non é moi fonda e quece as correntes subterráneas provocando as altas temperaturas cando saen ao exterior.

>> Sigue...

Volcán Arenal

Permalink 11.11.07 @ 10:24:43. Archivado en textos creativos, a autora

Ao redor dun setenta e cinco por cento da xente da vila de Fortuna vive directa ou indirectamente do volcán Arenal, é dicir, da masa de turistas que atrae a súa forza. Están tranquilos, pensan que a actividade volcánica pode durar uns catro ou cinco anos máis antes de que o dragón se extinga definitivamente.

>> Sigue...

Cerro Chato

Permalink 28.10.07 @ 14:08:17. Archivado en textos creativos

No Cerro Chato hai dous tipos de bosques que se diferencian pola altitude: o tropical húmido e o tropical nuboso. Na base do monte as enormes árbores constitúen bosques secundarios que evitan que a claridade chegue ata o chan, o que provoca que moitas plantas vivan adheridas en troncos e nas pólas para poder captar a luz.

>> Sigue...

Ascensión a Cerro Chato

Permalink 21.10.07 @ 23:00:30. Archivado en textos creativos

Pica coméntanos que estamos en época de celebracións e que na vila de Tanque van comezar as festas cívicas, entre as actividades a desenvolver están as carreiras de montainbike, as bicicletas farán a rota do conquistador, que vai do Pacífico cara ao Atlántico;

>> Sigue...

CERRO CHATO E FERVENZA

Permalink 14.10.07 @ 21:57:57. Archivado en textos creativos

A subida ao cerro foi intensa e dura. Fomos con José, aínda que todos o coñecen como Pica. En Costa Rica é frecuente o uso dos alcumes ao igual que o era en Galicia e aínda o segue sendo sobre todo nos espazos rurais, para identificar a unha persoa.

>> Sigue...

Endovite

Permalink 03.10.07 @ 22:48:35. Archivado en textos creativos

Fixemos unha camiñata noturna en Endovite, lugar famoso pola cantidade de serpes que alí habitan, no percorrido acompañounos Gabriel, un guía docto en réptiles.

>> Sigue...

Fortuna

Permalink 09.09.07 @ 15:44:58. Archivado en textos creativos


A vila de Fortuna está a cincocentos metros sobre o nivel do mar pero o que máis me impresionou dende que iamos deixando o oeste do país cara ao leste foi a transformación non só da paisaxe senón tamén dos núcleos de poboación e da xente.

>> Sigue...

De camiño

Permalink 02.09.07 @ 10:29:49. Archivado en textos creativos

A carón da estrada sucedense praias e lugares verdes con casas pobres que imprime á civilización dun aspecto decadente. Pero ao irmos deixando Puerto Viejo o tráfico aumenta.

>> Sigue...

Últimos intres en Puerto Viejo

Permalink 25.08.07 @ 21:25:42. Archivado en textos creativos

O banco de Puerto Viejo é pequeno, con aire acondicionado. No exterior ten un caixeiro automático e na porta de entrada un garda de seguridade que tamén fai funcións de porteiro. Arrimado á parede hai un ordenador de uso público con acceso a internet, enfronte, acristaladas, dúas persoas atendendo na caixa e outra, tamén detrás dun cristal, para os asuntos de mostrador.

>> Sigue...

Puerto Viejo (II)

Permalink 14.08.07 @ 15:50:19. Archivado en textos creativos

Ao saírmos do parque nacional cruzamos a estrada e agardamos o autobús. É estraña a sensación de non aprezar case tráfico, de pasar os minutos e non ver nin un só coche. A calor da unha da tarde derrétenos. Enriba das nosas cabezas un zopilote voa facendo circos. Malia ser a estrada principal que une Limón con Puerto Viejo hai un bo treito sen asfalto polo que viaxar sobre ela convértese nunha polvoeira que medra dentro dunha nube en suspensión.

>> Sigue...

Cahuita

Permalink 26.07.07 @ 16:22:35. Archivado en textos creativos, a autora


Bolboretas azuis, cangrexos de diversas cores, esquíos, lagartos, colibrís, mapaches, zopilotes; son parte da fauna que puidemos observar mentres percorriamos o vieiro ben trazado do parque de Cahuita, pero a maior aventura estaba no mar. Unha lancha aproximouse á terra e negociamos a viaxe cara ao arrecife de coral para facer snorking. Impresionaba ver todo ateigado de peixes inverosímiles en formas e cores: azuis, amarelos, prateados, negros. Ás veces algún se aproximaba con curiosidade e ficaba cos seus ollos pegados a túa imaxe, intentando, quizais, recoñecer qué clase de becho eras. O coral semellaba unha pequena gran cidade habitado por peixes onde se trazaban debuxos labirínticos. A vida do coral, en Cahuita, está en perigo por mor da saturación de turistas. Avisáronos de que tivesemos coidado de non rozalo, non só pola posible lesión senón tamén porque eran tantas e tantas as persoas que alí ían facer snorking que se prevía que en tres ou catro anos de non mudar a situación, a galiña dos ovos de ouro estaría morta. Como fomos madrugadores non nos percatamos desa realidade, de feito éramos os primeiros turistas do día que se achegaban ao farallón, pero cando desembarcamos en punta Cahuita a rolda de visitantes comezou a agromar e os botes iniciaban a eterna singradura cara ao lugar prometido: o coral e os bancos de peixes de cores. Aproveitamos para facer un pouco o hipopótamo na beira do mar, suxeitos ás pedras do chan por mor das fortes correntes que abrazaban a zona. Unha sucesión de augas quentes e tépedas percorrían alternativamente o corpo intentando arrastrarte e afastarte da orela. Pero toda a maxia que xurdira no mencer, dun mundo liberado da presenza humana, ía engolíndose na mañá, así que collimos a mochila e con tranquilidade regresamos cara a Puerto Viejo.

reflexións en puerto viejo

Permalink 22.07.07 @ 00:03:29. Archivado en textos creativos

Cando un leva enriba pel de turista cantas máis vivenzas mellor, querer velo todo, que todos os sentidos sexan un potente doseficador de imaxes só para levar no peto unha chea de impresións. Nese intre a cámara fotográfica é imprescindible, no regreso as instantáneas serán o complemento da memoria, é máis, é a memoria activa,

>> Sigue...

Roberto

Permalink 10.07.07 @ 00:21:55. Archivado en textos creativos

Roberto, o guía que nos acompañou a Manzanillo, comentaba que o mundo estaba perdido, a xuventude rota, sen azos nin esperanzas de ningunha clase de futuro, que el tamén algunha vez tomara marihuana, pero que iso era algo puntual, non como agora que o enganche é definitivo, nun mundo sen traballo nin expectativas,

>> Sigue...

puerto viejo

Permalink 23.06.07 @ 09:05:35. Archivado en textos creativos

Pequena vila de mariñeiros. Os lugareños comentan que en pouco tempo mudou moito o seu aspecto. Hai oito anos, as pontes que atravesaban ríos e regatos eran de madeira sendo na actualidade de cemento. Pero para min, que viaxo por primeira vez, aprezo o encanto do entorno, a policromía de xente, a exuberancia da natureza e tamén a sensación de destartalamento xeral que convive xunto cos recentes negocios:

>> Sigue...

tortuguero (VI)

Permalink 18.06.07 @ 10:30:15. Archivado en textos creativos

O rastreador comunicou que tamén avistara outro exemplar moi perto de onde estabamos, nesta ocasión en pleno desove. O noso grupo era de oito persoas, camiñabamos sen ver nada, case por instinto, non podíamos levar lanternas, tan só o guía mal iluminaba o percorrido cunha luceciña forrada dun papel celofán encarnado e aos poucos metros xurdiu como da nada, un ser incrible, a hervíbora tartaruga verde. Estes exemplares poden chegar a medir ata un metro e medio de lonxitude, pesar como máximo uns cento corenta quilos e poñer ata douscentos ovos cada vez que van á praia a desovar. Douscentos ovos!!! Tras entrar en transo non se poden deter, e así estaba a nosa amiga, inmóbil, concentrando todas as súas forzas na posta. Os ovos semellaban pelotas de ping pong, ás veces botábaos de tres en tres, outras decrecía o ritmo e ía máis amodo, protexidos por unha especie de baba que impedía que crebasen ao caer uns enriba dos outros. O acontecemento era sobrenatural e único. Cando rematou, coas patas traseiras, comezou a tapar o niño, estariamos a un metro de distancia, pero aínda así, a area chegounos ao peito, nese afán por rematar o comezado, desexarlle boa viaxe aos seus posibles fillos e regresar, facendo cativos sucos de tráctor, esgotada e aínda aberta cara ao mar.

tortuguero (V)

Permalink 09.06.07 @ 14:48:38. Archivado en textos creativos

Regresamos ao hotel de tardiña, aproveitando a praia, un areeiro enorme que parecía non ter fin, desbotando o paseo polo camiño paralelo. Era a praia do desove, a praia dos piratas, dos sargos, das mantas, das barracudas, a praia dunhas cunchas que semellaban auténticas pezas de artesanía, lembro que, paseniñamente como animal prehistórico, nesa praia sentinme feliz....

>> Sigue...

tortuguero (IV)

Permalink 03.06.07 @ 11:01:49. Archivado en textos creativos

Nalgunhas casas da vila ofrecen actividades para os turistas como pescar ou navegar para ir ver a mancorna, o apareamento da tartaruga. Jimmy negocia a tarifa da viaxe cun mariñeiro, será a nosa derradeira excursión en Tortuguero, tan só deixarse ir polo mar adiante na procura da fantástica visión de tartarugas machos en loita por unha femia e a paixón líquida da parella emerxendo das profundidades para procrear.

>> Sigue...

tortuguero (III)

Permalink 26.05.07 @ 02:11:08. Archivado en textos creativos

A calor obstinada roíanos os ósos. Os rapaces xogaban no medio dos camiños, nin un só coche, como moito bicicletas; nenos en bicicletas disfrutando da tarde que se estructuraba en camiños ou rúas vexetais e nas súas orelas negocios onde se ofertaban detalles que tivesen que ver coa lembranza do lugar; algunha tenda pequena; casas e máis casas labradas por esa humildade da madeira vella; palmeiras; cocos; formigas levando follas nas súas costas, as mínimas, facendo control de calidade; as erbas que lle chaman adormideiras, que co rozamento sobre as súas follas se fechan, como dicindo, non permito que ninguén ouse tocarme, e de feito, se as inxires, producen un efecto alucinóxeno similar ao consumo dalgún tipo de setas ou doutras drogas.

>> Sigue...

tortuguero (II)

Permalink 18.05.07 @ 14:21:22. Archivado en textos creativos

A poucos metros do embarcadoiro un anuncio indicaba que nun local perto podíamos conectarnos á rede a través de internet, cousa que me resultou sorprendente, un ordenador en calquera recuncho do planeta era posible, incluso a carón da selva,

>> Sigue...

tortuguero (I)

Permalink 17.05.07 @ 11:06:47. Archivado en textos creativos

Ao chegarmos ao hotel distribuíronos segundo o idioma, castelán ou inglés, para darnos a chave do cuarto, indicarnos os horarios das comidas, ubicación de restaurante e servizos varios. De camiño á cabina o xardineiro facíanos acenos con satisfación para amosarnos, enroscada na punta nun pau, unha grosa serpe. Ata que pasou un anaco a miña cabeza se negou a distinguir qué portaba o bo home, inventándome a falacia de que se trataba dun legón.

>> Sigue...

cara a tortuguero (IV)

Permalink 06.05.07 @ 10:37:44. Archivado en textos creativos


Chegamos ao embarcadoiro de Cariari para coller a lancha que nos transportaría por río cara a Tortuguero. Percorremos os exuberantes canais ateigados de flora e fauna irrepetible. Divisamos o Caribe. Unha emoción pirata abrazoume xurdindo da nada unha présa de historias: barcos de bandeira acalaverada, a fereza do home nun mar quente e traizoeiro, porque o Caribe é auga tórrida da que nunca te podes fiar, sempre en alerta ante o posible enxergamento dalgunha bandeira sospeitosa ou polo xogo perverso das correntes que engolen a quen as desafíe. Sigo asombrada polo tipo de construccións que xorden nas orelas do río, a humildade da madeira unida ao diferente ritmo do tempo no que aquí vive a xente conforman unha paisaxe única, unha paisaxe que traslada aos comezos dun mundo alleo onde, se algún día fun parte do elo, perdín o rigor da memoria.

>> Sigue...

cara a tortuguero (III)

Permalink 30.04.07 @ 10:18:12. Archivado en textos creativos

O oso perezoso foi a seguinte sorpresa. Contrastaba a súa lentitude coa vivacidade das miradas que húmidas procuraban comprender cómo se podía respirar e mover sempre, tal e como eles facían, a cámara lenta, tan só comendo follas da árbore que paciente os acubillaba.

Algunha clase desta especie conservaba vestixios do seu antigo rabicho prehistórico, antigamente usado coma trípode, que lle axudaba a manterse ergueito ou como cadeira, e que lle valía na actualidade, cando baixaba da árbore, aproximadamente unha vez ao mes, para facer un buraco no chan, e logo tapar os excrementos que alí depositaba, regresando inmediatamente á árbore.

>> Sigue...

cara a tortuguero (II)

Permalink 24.04.07 @ 22:51:18. Archivado en textos creativos

O aire acondicionado do autobús acubillábanos do exterior. Ó saírmos outra vez a sensación dun golpe húmido e quente nos abrasou, regresarmos o estado de ser esponxa esprimida que case non nos abandonaría en toda a viaxe. O látego de calor foi inesperado porque as paisaxes a través do cristal estaban envoltas dun férreo platino que nada tiña que ver coa fervente temperatura.

>> Sigue...

cara a tortuguero

Permalink 20.04.07 @ 12:41:36. Archivado en textos creativos

De xullo en adiante a Costa Rica arriban os visitantes europeos, decrecendo a demanda norteamericana, o primeiro consumidor de ecoturismo no país. Comeza a temporada de chuvias. En calquera intre o ceo pode derrubarse sobre nós e chover e chover ata rebentar. O autobús recolleunos ás seis e media da mañá con destino a Tortuguero. Jimmy, o noso guía, presentounos a Chipito, o chófer, para logo darnos a benvida e facer nós o propio, agás unha parella americana e outra belga, o resto eramos todos de distintas partes de España. Jimmy foi todo un achádego, un mapa interior efervescente de humanidade, de saber estar e profesionalidade. Non só era esperto no manexo da información senón que sabía transmitila facéndoa próxima, amosando a grandiosidade e tamén o efémero da vida que se enxergaba a través dos ecos dos seus seres queridos e do seu entorno, que en forma de palabras, por veces asomaba nos ouvidos do autobús.

>> Sigue...

chegada a costa rica (2)

Permalink 18.04.07 @ 10:52:36. Archivado en textos creativos


Aereoporto Juan Santamaría. Pasamos os controis de migración que nos indican que estamos poñendo pé nun novo país. San José de Costa Rica. Nunha das paredes un mural de árbores cun home facendo canoping. Síntome Neil Amstrong na súa chegada á lúa, é a primeira vez que cruzo o océano e respiro Centroamérica. A primeira sensación ao saír do recinto é dunha humidade mesta infectada de calor que o envolve todo. Decenas de taxistas apiñados na entrada abordan aos viaxeiros. Pero non, nós temos o transporte concertado cara ao hotel. Na estrada alédame ver flamboianos, coas súas flores encarnadas exultantes e as súas pólas cara ao ceo, agradecidos.

>> Sigue...

viaxe a costa rica (1)

Permalink 17.04.07 @ 16:26:13. Archivado en espichos de toxo


O volcán destrúe e dá vida. En Costa Rica a xente está afeita a convivir a carón do volcán. Cando se lles pregunta se non senten temor ante un inminente espertar do xigante eles respostan con acougo que a forza está controlada, que é moi difícil que se produza unha erupción, que todos e cada un dos seus movementos, como por exemplo, o do volcán Arenal, se se sabe estar onde hai que estar, son inofensivos, indican que é un enorme dinosauro nos seus derradeiros estertores.

>> Sigue...

réquiem polo tempo

Permalink 03.04.07 @ 09:07:13. Archivado en espichos de toxo

o meu reloxo non aturou vivir tantos anos arrimado á rutina, atopeino sen coiraza, cos brazos perdidos. despois de pelexar coma un buxo contra si mesmo decidiu abandonarme e aquí vos estou, desorientada, coa memoria de tantas andainas xuntos e de percorridos circulares.

>> Sigue...

ana maría matute no bosque da vida, carpinteira da imaxinación

Permalink 23.03.07 @ 10:36:56. Archivado en sobre literatura


escribir é un oficio e vivir é un oficio moito máis complexo, así rematou a escritora catalana a tertulia que mantivo co escritor peruano jorge eduardo benavides e co público de tódalas idades que atestaba a sala cámara do auditorio; pero como isto non é un colorín colorado este cuento se ha acabado, mellor será que comece polo principio para dicirvos que ana maría me pareceu unha muller moi elegante, entrou da man de elsa lópez, escritora integrada na cultura canaria, e do seu precioso caxato de madeira.

>> Sigue...

susana fortes e cristina sánchez-andrade

Permalink 21.03.07 @ 12:15:45. Archivado en sobre literatura

“narrar é morrer a modo en presenza de calquera que queira acompañarnos, é o acto máis íntimo de proximidade co outro, é contar un segredo que no fondo nin un mesmo sabe”, así comezou antonia molinero a presentación de susana e cristina, para logo matizar que “o conflito da narrativa actual é achar unha visión do mundo que permita representar a realidade baixo unha percepción orixinal e sendo conscientes de que non se pode renunciar a ser libre”.

>> Sigue...

nélida piñón

Permalink 20.03.07 @ 10:49:44. Archivado en sobre literatura

“hai que ser arcaico para ser moderno” pronunciou nélida na sala cámara do auditorio de santa cruz de tenerife, dentro das xornadas “literatura e muller: perspectivas dende o século xxi”; así comezaba a súa reflexión a través da importancia da memoria para os pobos, alegando que a nosa vida é herdeira de todas as civilizacións e que para sermos fillos do noso tempo debemos acudir ao pasado, un pasado ao que ela, a autora da “república dos soños” e primeira muller en presidir a academia brasileña das letras, en 1996, visita con asiduidade e de forma aleatoria, deténdose nos diversos séculos e culturas, para esculcar e interpretar os clásicos que constitúen os alicerces da nosa memoria colectiva. na súa palabra fixo un percorrido a través de figuras mitolóxicas gregas na construcción da figura feminina, achegouse á biblia, en concreto ao antigo testamento, concluíndo que a muller foi expulsada como interlocutora válida na súa relación con deus. así atopámonos cunha muller que, con escasos recursos, compón unha linguaxe á marxe da oficial, construída por un material confuso e diferente da racionalidade dos homes, ao verse privada dun papel activo na xeración da historia. esta memoria femenina vólvese nómada ao acudir a todas as xeografías pero tamén sedentaria, ao ubicarse no ideario doméstico, baixo o perigo de cousificarse, de converterse en obxecto, en lugar de en suxeito, e así, a memoria coñeceu o desterro e foi medrando nos lindes do privado, volvéndose ambigüa e volátil, precisando ser descifrada. neste proceso xerouse a astucia na linguaxe da muller como un medio de defensa.

nélida, quen tamén foi galardoada co premio juan rulfo e o premio internacional menéndez pelayo matiza que a memoria é a obsesión de todos os pobos, e que esta non é estática, senón que se vai construíndo a si mesma ao longo do tempo, con distintas interpretacións. e é o tempo quen nos ofrece unha dimensión para entender a vida e o seu paso. o ser humano intenta explicarse a si mesmo os procesos vitais para poder enfrontarse ao medo á morte que chega sen aviso previo. a memoria feminina está presente incluso nos textos que ela non escribe, xa que os homes ao narraren tamén se tiveron que nutrir dela, conscientes de que a pegada da vida estaba nas mulleres o que lles axudou a ampliar a súa comprensión do universo creador.

na súa intervención achégase á memoria contemporánea que rehabilita a figura da muller que xorde cun mundo suplementario para adicionalo ao xa existente, cunha linguaxe propia e independente, comprensión autónoma compatible coa súa condición de muller e co seu corazón. dende aquí, a autora, colle a man de eulalia, personaxe da súa república dos soños, que atesoura a memoria facendo un culto á memoria familiar. cada un dos personaxes da súa novela asume a obriga de crear un brasil individual para formar a hipotética nación ao servizo da arte, conciliando invención e memoria, onde a figura de eulalia encarna a dignidade e os mitos, a través da súa procedencia da fidalguía galega e coñecedora das lendas que poboan a nosa tradición oral.

nélida propón mirar o mundo con visión de arqueólogo buscando o que non é visible e para isto é preciso un esforzo emocional. falou de que na sociedade hoxe se impón o retrato do pasaporte, onde aparecen os nosos datos oficiais, cos nosos nomes, apelidos, filiación, aconsellando a oposición a esa perspectiva, para engadir á nosa biografía biografías alleas, xa que canto máis nos multipliquemos, mellor comprenderemos o humano.

en castellano

panteira nebulosa

Permalink 16.03.07 @ 11:48:13. Archivado en espichos de toxo

unha nova especie de panteira nebulosa foi achada en sumatra recentemente. din que é o máximo depredador de borneo, e en relación co seu tamaño a que ten os cairos máis longos. medo me mete, a verdade, ao igual que tamén me mete medo o feito de que unha norma tan trascendente como é a lei da igualdade fose onte aprobada no congreso sen unanimidade, é dicir, co voto a favor de todos os deputados agás os do partido popular. non comprendo que mal pode facer a pobre da lei para que algúns non a queiran e xa antes do seu nacemento a tachen de mala, malísima de solemnidade, cando o certo é que vén a dotar á nosa realidade dun mecanismo de defensa para que a igualdade cotiá sexa efectiva e non mera retórica que queda moi mona e chic no artigo catorce da constitución. soa raro que sexan mulleres as voceiras refutantes da palabra escrita en representación do seu partido político, ao igual que tamén é raro que neste mundo tecnificado ata os dentes, aínda se estean descubrindo novas especies; no caso desta panteira lonxibanda, a súa pelaxe está ateigada de grandes manchas que lle permiten confundirse coas follas da vexetación para agocharse e tamén depredar máis a gusto. pero eu a gusto non estou, cando sendo do xénero femenino me sinto depredada por unha abstención que considera que a muller non merece ir dando pasos cara a igualdade, coa alegación de que esa lei está dirixida ás elites, non enfronta problemas reais, é pouco ambiciosa e pouco eficaz, que se tramitou sen ánimo de consenso e que está basada nunha política trasnoitada de paridade... en fin... ¡quen fose panteira, panteiriña negra e non se enterase destas cousas que só son atrancos no camiño cara a unha sociedade máis xusta e mellor, porque, por exemplo, ¿que mal fai que se cheguen a incrementar os permisos por paternidade ata un mes?, ou ¿que as empresas de máis de douscentos cincuenta traballadores introduzan na negociación colectiva planes de igualdade?, ¿que se intente conciliar a vida familiar coa laboral, con posibilidades de reducción da xornada entre a metade e unha oitava parte, para coidados de fillos menores de oito anos?, ¿como se pode denominar unha norma que aínda non está posta en funcionamento de pouco eficaz?, ¿cal sería a versión ambiciosa desta lei? vale, si, toda regra é susceptible de mellorarse, pero eu prefiro que exista algo a que un deserto nos acompañe no silencio. ademais, non esquezamos que unha lei vén sendo o manual de instruccións que debe seguir o regulamento, que o goberno terá que elaborar, que establece cómo se vai levar á práctica o tema tratado. pelexen aí, señores e señoras deputadas, pelexen por mellorar a sociedade con normas pero permitan que a unanimidade avance sen formas arteiras nin artificios cara á igualdade, non vaia ser que na vindeira ocasión, o fondo mundial para a natureza, en vez de descubrir unha nova especie de panteira nebulosa en sumatra e borneo lancen aos catro ventos sorprendentes e impactantes achádegos dentro das cortes.

en castellano

casares

Permalink 09.03.07 @ 10:59:36. Archivado en espichos de toxo

e as clases de lingua e literatura, no instituto de rodeira, están, como o matrimonio canónico, indisolublemente unidas. en 1º d pasemos as tardes ao acubillo do seu bo facer de contador de historias ; nós escoitabamos os relatorios sobre as súas cousas, cousas cotiás, que ían conformando o seu universo e nos abría unha regaña de luz sobre a pluralidade de mundos que hai no mundo, e baixo a ollada cómplice da praia que bañaba o aire, traía ás nosas vidas buguinas, cunchas, argazos da súa memoria, e así soubemos que o profesor, tamén escritor, era o noso heroe, un garcilaso, pero un auténtico garcilaso de la vega, que se lanza, destemido, aos brazos do amor, para preguntarlle á súa futura dona ti casares comigo, ao cabo de tres días de coñecela nun tren sueco. e foi ese tren o que se nos instalou nos carozos das ansias de medrar (daquela eu nunca subira nun), de viaxar, de descubrir as diferenzas. corría o ano 1981 e estabamos absortos en coller o mundo polos pés e poñelo andar mentres a transición pelexaba por abrirse camiño nunha sociedade moi tradicional, onde non casaba o noso xeito de aprender co sueco. aínda hoxe lembro con abraio cando nos relatou que os seus fillos xogaban, na casa dos seus sogros, no xardín, con botes de iogures, para experimentar e aprender... e daqueles mares estas lembranzas...
dende la laguna, e aínda sen botes de iogures para soñar.....

en castellano

caída de cabelo

Permalink 08.03.07 @ 10:59:21. Archivado en textos creativos

manteño unha loita a morte co meu pelo. dende hai un tempo para acá intenta suicidarse cada día. coido que debe ser por mor da súa incompatibilidade cos pensamentos; ambos están demasiado perto. ás veces, as ideas arden cando pensan no petróleo; nas guerras; nas desigualdades; na violencia, en xeral; e a el dáselle por non aturalas, prefire estar lustroso sen que ninguén lle coma o sentido, pero como as ideas o amolan reacciona con desprendementos abruptos mentres me espeta: “¡esquéceme!, para nada te necesito”. eu creo que debe ser cousa do cambio de estación e de que, dalgún xeito, precisa menos lóxica e algo máis de bos sentimentos, porque a lóxica que nos abraza a cotío fala cada vez máis da razón da sen razón, e así, o pobre do meu cabelo vólvese tolo. pode que tamén me estea alertando da urxencia de vivir nun mundo diferente, mellor, máis humano, que lle provoque aos pensamentos harmonía e cohabitabilidade para que tamén o corazón poida exercer a súa función con albedrío e funcionar conforme ao que é: vida.

en castellano

motivos para visitar tenerife en marzo

Permalink 06.03.07 @ 10:23:59. Archivado en espichos de toxo

¿tes uns días dispoñibles e non sabes que facer con eles?

¿tes ganas de estirarte como un lagarto ao sol para sacar as reúmas do corpo?

¿fascínache a natureza (se es quen de obviar os espazos requeteurbanizados polos que dun xeito ou doutro hai que andar)?

¿apetéceche un congreso sobre literatura e muller?

se as túas respostas son afirmativas, o teu lugar do 19 ao 23 de marzo é tenerife.

podes sucar as incribles ondas de bajamar, subir ao teide, pasearte polo milenario monte das mercedes, chegar á maxia de taganana, perderte facendo parapente, mergullarte na ventosa praia do médano (antes de que o "inevitable" porto de granadilla a encha de cheiros e tránsito), ir de viling pola orotava, la laguna, santa cruz... facer camiñatas por espazos luares, extenuarte polos vieiros do sendeirismo... descansar na incrible praia do bollullo (perto de puerto de la cruz).... percorrer a luz que lambe as portas de áfrica ata que esta decline, e logo, a partir das 20 horas, habitar algunha das salas do auditorio de tenerife, deseñado por santiago calatrava, e perderte na palabra de muller....

programa

en castellano

serpe de cidade

Permalink 04.03.07 @ 01:14:27. Archivado en textos creativos

mudou a pel porque era serpe. o seu corpo arrastrábase polos corredores do silencio. ninguén observaba porque os corredores non son lugares onde habiten serpes. aprendeu a sentirse segura no medio de todo aquel barullo de cidade, a esquivar o tráfico e a tecer o seu niño para estomballar a súa pel no medio dun sumidoiro. ninguén observaba porque nos sumidoiros só habitan ratas e ela era serpe de cidade. aínda existían diferenzas por moito que ninguén soubese ver. as ratas sentíronse atraídas por aquel estraño ser escamoso e descuartizárona con finalidade analítica e poder así
constatar a imposible convivencia e a carencia de veleno nas serpes de cidade. ela seguía arrastrándose polos corredores do silencio cun exceso de confianza. por suposto: ninguén observaba

en castellano

polo sambódromo da vida

Permalink 22.02.07 @ 19:15:02. Archivado en espichos de toxo

seguen desfilando asasinadas. o mundo é unha casa con pingueiras, un lugar desigual segundo onde se naza e aínda nacendo no mesmo lugar, afecta ao feito de ser home ou muller. ben é certo que as lexislacións nos países occidentais están orientadas cara á igualdade xurídica pero é a igualdade fáctica a que sempre está na corda frouxa. destas desigualdades nos falan, de xeito extremo, as mortas, que pingueira tras pingueira, incrementan a poboación dos cemiterios e tamén os rexistros das estatísticas coas que se fan estudos sobre a violencia exercida no ámbito doméstico e que dá como resultado un indicador de que clase de sociedade temos.

a democracia e o mercado pretenden igualar os territorios e as poboacións, sen embargo tan só nos igualan na creación da necesidade dun incremento de consumo, incorporan aos nosos hábitos novos modelos de conduta e estilos de vida importados dende o mercado máis potente e deixan que nos manifestemos e que nos representen os políticos máis votados, políticos que, ao fin, envían proxectos de leis ás cortes cos que abordar un tema tan delicado como é o incremento da violencia exercida, predominantemente, sobre a muller no ámbito familiar; cortes que aproban tales normas para que ese recanto dos agarimos, o lugar que debe ser o santuario das persoas, a casa, non sexa un cárcere; para que os xuíces apliquen a lei e procuren evitar máis e máis mortes que cada dous por tres sementan os nosos ollos con dor, con ese espicho da certeza das desigualdades, de sabermos que vivimos nun mundo amorfo onde os novos modelos de vida casan mal coas antigas maneiras de sentir e de estar no mundo como home ou muller.

ata non hai moitos anos, aquí, a muller tiña que estar representada polo seu cónxuxe para calquera cuestión xurídica ou mesmo para abrir unha conta no banco; tamén se penalizaba o adulterio feminino pero non o masculino, entroutras cuestións. así as cousas, non é de estrañar que un sector da poboación sinta as desigualdades de xénero como algo normal ou habitual, froito dunha tradición castrante asentada sobre piares de vellos costumes que tecen leis non escritas, normas ateigadas de violencia e rancores en contra da muller a quen seguen a considerar un ser inferior, incluso en moitos casos, unha propiedade que debe seguir as indicacións "do seu dono"; persoas coas que nos cruzamos pola rúa neste enorme sambódromo dos disfraces a quen nin sequera, en boa parte dos casos, os seus veciños recoñecen como agresores, e que ao abriren a porta das súas casas retiran a careta amosando as súas verdadeiras fauces destrutoras e que lle falen daquela ás mortas de políticas de igualdade.... por moito que a morte nos iguale a todos.

en castellano

a nadie le amarga un dulce

Permalink 16.02.07 @ 19:25:22. Archivado en espichos de toxo

como a nadie le amarga un dulce el ayuntamiento de santa cruz de tenerife decidió aplicar esta frase para reinventar el carnaval más increible. para eso contrataron a alguien que supuestamente daría fuerza y energía renovada a esta fiesta hija del pueblo. así, rebuscando en el bolsillo de los impuestos locales encontraron un millón de euros disponibles, pero les pareció demasiado para gastarlos en orejas, filloas y otros dulces que repartir entre los los fiesteros, sobre todo porque producen un colesterol del demonio, provocan obesidad y un elevado riesgo de muertes por accidentes cardiovasculares, así que decidieron cambiar lo dulce por lo amargo, y amargo sentenció, para empezar, que no quería ni enanos ni gordos delante suya que le estropeasen su magna obra, olvidando que el carnaval no es obra de nadie, sino de todos los que participan y gozan de la magia del disfraz.

ayer todo el pueblo le dio plantón porque a través de lo que percibía en el resultado final de su amargo trabajo se sintió ofendido y defraudado.

mientras se habla del carnaval, de la gala, de la elección de la reina, del transformismo, se silencia, pongamos por caso, que el alcalde cerolo está siendo investigado (hay un proceso judicial abierto, en fase de instrucción) por el tema urbanístico en las teresitas, aunque eso no tiene probabilidades de llegar a costarle las elecciones, ya que, en términos muy generales, la gente lo ve como un ataque socialista para hacerle perder la alcaldía en estos próximos comicios, además, como buen adalid, se puso al frente de la defensa de los decibelios producidos por la música, por las risas, por la parranda y por las noches locas de frenesí, cuando una medida cautelar de un juez dictaminaba desviar el recorrido tradicional de la fiesta a lugares menos transitados, en donde la polución acústica fuese menos dañina para la salud humana. por suerte para que no hubiese un «fuente ovejuna, todos a la una», la medida cautelar quedó en agua de borrajas, pero lo que sí queda para la memoria colectiva con la que llenar un posible museo del carnaval es el amargor de una gala que sí puede cobrarle el cargo a un político que ahora grita a los cuatro vientos que qué confundidos estaban cuando apostando por el amargor se olvidaron de echarle un poco de lo que a celia cruz le sobraba ¡azúcar! con el que revitalizar la fiesta y (ya veremos) permanecer en la alcaldía después de las próximas elecciones.... eso fue todo lo que faltó ayer, menos mal que en estos días el pueblo llevará azúcar de sobra en el cuerpo aderezado con un excelente vino de la isla y un poco de mojo picón.

a ninguén lle amarga un doce

Permalink 16.02.07 @ 00:22:12. Archivado en espichos de toxo

como a ninguén lle amarga un doce o concello de santa cruz de tenerife decidiu aplicar esta frase para reinventar o entroido máis incrible. para iso contrataron a alguén que supostamente daría forza e enerxía renovada a esta festa rachada filla do pobo. así, rebuscando no peto dos impostos locais acharon un millón de euros dispoñibles, pero pareceulles demasiado para gastalos en orellas, filloas e outros doces que repartir entre os festeiros, sobre todo porque producen un colesterol do demo, provocan obesidade e un elevado risco de producir mortes por accidentes cardiovasculares, e velaí decidiron cambiar o doce polo amargo, e amargo sentenciou, para comezar, que non quería nin ananos nin gordos diante súa que lle estragasen a súa magna obra, esquecendo que o entroido non é obra de ninguén, senón de todos os que nel participan e gozan da maxia do disfraz.

onte todo o pobo deulle plantón porque a través do que percibía no resultado final do seu amargo traballo sentiuse ofendido e defraudado.

mentres se fala do entroido, da gala, da elección da raíña, do transformismo, silénciase, poñamos por caso, que o alcalde cerolo está sendo investigado (hai un proceso xudicial aberto, en fase de instrucción) polo tema urbanístico nas teresitas, aínda que iso non ten probabilidades de irlle custar as eleccións, xa que, en termos moi xerais, a xente o ve como un ataque socialista para facerlle perder a alcaldía nestes vindeiros comicios, ademais, como bo adalid púxose ao fronte da defensa dos decibelios producidos pola música, polos risos, pola parranda, e polas noites tolas de frenesí, cando unha medida cautelar dun xuíz ditaminaba desviar o percorrido tradicional da festa a lugares menos transitados, onde a polución acústica fose menos danina para a saúde humana. por sorte para que non houbese «un fuente ovejuna, todos a la una», a medida cautelar ficou en auga de castañas, pero o que si queda para a memoria colectiva co que encher un posible museo do entroido é o amargor dunha gala que si pode cobrarlle o cargo a un político que agora berra aos catro ventos que que confundidos estaban cando apostando polo amargo esqueceron botarlle un chisco do que a celia cruz lle sobraba ¡azúcar! co que revitalizar a festa e (xa veremos) permanecer na alcaldía despois das vindeiras eleccións... iso foi todo o que onte faltou, menos mal que nestes días o pobo levará zucre de sobra no corpo adubiado cun excelente viño da illa e un chisco de mojo picón.


en castellano

fuming

Permalink 13.02.07 @ 20:33:43. Archivado en espichos de toxo

nesta banda das macaronesias, nos autobuses (guaguas), promociónase o guaguing.... pero as plantas das rúas peonís parecen preferir o fuming e o chicling. debe ser algo máis exquisito e produtivo. se as vacas leiteiras poden dar leite condensado, tal e como nos contaba hai moitísimos anos unha canción, ¿por que unha petunia, xeranio ou dalia non ían fabricar tamén o osíxeno concentrado?, así que ale, veña chute de fume directo á vea verde para acelerar a fotosíntese, e mentres, como quen vai de perruquería a facer baños de cor, toman un chicle, poñamos por caso, sabor menta, co desexo de sucar os padais salvaxes das montañas.

hai que estarlles moi agradecidos, xa que con tal hábito, mentres paseamos pola rúa, ateigada de testos e papeleiras, se nos agasalla cun aire limpo extra que seica é moi bo para a pel sen nin sequera ter méritos dabondo para merecelo. aínda por riba, son tan caladiñas que se tragan, iso si, en difícil dixestión, as irreciclables cabichas para aforrarlle ao erario público posibles gastos (que previamente tería que ingresar, vía tributos, entre eles, os que gravan o tabaco) en estercos varios e condescendencias xardineirís.

polo de agora non teñen risco de que ninguén as multe, xa que exercen o seu costume en lugares públicos e abertos. é máis, apoian, incondicionais, a lei promovida pola ministra de sanidade porque lles gusta fumar na compaña de bípedos transeúntes botafumeiros que tan desinteresadamente lles din “¿fumas, guapa?”; e elas, aínda tímidas , sempre lles aceptan tódolos cigarros, e ata panos do nariz, cando llos ofrecen, porque sempre hai quen colabora para sacarlles a gripe das follas. menos sorte teñen as plantas de monte, esas nin fan fuming nin chicling, a esas gústalles o ferranching: convivir coa sórdida lavadora vella, co televisor fanicado ou co penico estralado coa fin de non padecer anemia ferropénica. o malo é que en fomento do medio ambiente andan a voces coa cousa de que pobre de a quen cachen botando lixo, a ese, sanción que te criou. así as cousas, só os máis altruístas, ousados e xenerosos se arriscan a que os enganchen polas orellas e lles limpen o peto, e todo por contribuíren á saúde pública.


en castellano

peste bubónica

Permalink 08.02.07 @ 12:28:55. Archivado en textos creativos

puxo un trapo no corazón e marchou pitando cara ás urxencias. o seu tempo de bonanza suicidárase e necesitaba un par de tiritas coas que disimular as poutas da enfermidade. no camiño detívose nun restaurante de luxo, non fose ser que morrese de fame negra mentres agardaba por unha cama de hospital, así que pediu un chisco de peste bubónica na súa prebe, da mellor das colleitas. sentou ben espilido, colocou o pano de man sobre as pernas e con moita solemnidade comezou a deglutir. sabía que o corazón podería resistirlle un chisco máis, non era a primeira vez que o amortallaba cun trapo. aínda dispoñía algo de tempo. despois dunha doce sobremesa de borras de café traficaría coa vertixe da cidade para rematar en urxencias. era un habitual e empatizaba cos traballadores: entendía a sobrecarga de clientes; a deficiencia de medios; o ir en contra do reloxo para salvaren vidas; cando matinaba nos motivos da irregular situación tan só dúas hipóteses lle parecían factibles: ou malia as aparencias de viviren nun mundo de ricos non tiñan nin un can ou talvez as estratexias sanitarias fosen deseñadas polos sesudos concelleiros de tráfico das grandes urbes.

ás veces, nas súas múltiples visitas hospitalarias, sentíase parte do mobiliario aséptico, dos estetoscopios, das máquinas de inventar electrocardiogramas e cando, por fin, saía dos seus pensamentos, os médicos acababan mandándoo para casa cun leve vida sá e un par de pílulas de cores.

chegou a recepción cun simulacro de susto porque trala enchenta parecía que o trapo lle apertaba demasiado. amosou a súa tarxeta sanitaria, tusiu.

perdoe, vostede, señoriña, non me atopo moi ben.

claro, por iso está aquí, agarde un momentiño a que o chamen, atenderémolo o antes posible.

non puido sentar, a acedume de peste bubónica arroutoulle nos fociños e guindouno ao chan. acordou nun cuarto acondicionado con frío polar e decorado ao estilo fúnebre das coroas. a fastosidade encolerizouno torcéndolle o bico. enerxético, púxose en pé, e sen ter a máis mínima cortesía coa súa antiga hipótese da pobreza pediu de contado o libro de reclamacións. o rigor mortis da man nin pestanexaba cando escribía: ao ilustrísimo sr. concelleiro de tráfico....

en castellano

non me estraña nadiña

Permalink 05.02.07 @ 14:33:20. Archivado en espichos de toxo


de nada que á terra se lle ocorra subir a súa habitual temperatura neste século.. compréndoa perfectamente... e é que os ataques de cabuxería supina pola súa parte, que a quecen ata dicir basta, están máis ca xustificados.

ela dánolo todo: acubillo, solo, aire, un lugar onde habitar para que desenvolvamos a nosa vida conforme ao que somos, e nós, simpáticos e agradecidos, nin a temos en conta. é igual que facer castelos no aire, pero castelos de formigón armado, fumes, materiais tóxicos, chatarra moi contaminante e demais florituras para non ir en contra do tan proclamado "progreso". seino, claro que o sei, as voces din que ir en contra do progreso é ir en contra do sentido común (o máis frecuente, vulgar e tamén maioritario), ¿como imos facer cousa tal? a fin de contas, a terra tan só se laia un chisco de cando en vez subindo un algo a súa temperatura. que chove, pois poñemos impermeable e paraugas e veña a correr, coma sempre, sen deternos no importante; que fai sol, sacamos de chaqueta e ale,... ¿problema? ningún; pero logo non nos botemos a chorar cando os nosos castelos e demais construccións anexas que erguemos pensando na nosa fatua eternidade e no tan "adorado progreso" nos caian enriba e nos destrúan xunto co noso querido planeta, que farto xa da súa invisibilidade e do dano continuo que padece, se bote a tremer e non haxa médico para curalo.
pola miña banda, aínda que é pouco, procuro aforrar enerxía, reciclo (se me descoido, agora ata se envasa o dni) e se podo ir andando aos sitios prescindo do vehículo. son pequenas medidas, insuficientes, de acordo, pero é que tampouco sei qué máis podo facer.

en castellano

golpes e morte

Permalink 05.02.07 @ 14:30:44. Archivado en espichos de toxo


odio os golpes coa mesma intensidade con que odio a morte. golpes e morte son sinónimos. ambos son amantes da nada. a nada mora nesta casa. a casa está chea de golpes. a todas horas. a nada é a única intensamente amada, intensamente querida, intensamente sobornada. fica feliz con cada bater de porta, con cada ollada xélida da morte. antes aínda tiña un recanto no soto para a esperanza, dúas ou tres palabras alegres que fuxían polos buracos das fechaduras. mais as portas foran esquecendo que a madeira arde no lume e prenderan as chamas dun silencio tenebroso, atascado na gorxa, traspasado por un ferro de impotencia. e o silencio fíxose emperador da casa. lembro que foi entón que, sen querer, comecei a odiar. con cada odio ía esquecendo palabras como tesouro, amizade, respecto, esperanza. e a nada entrou triunfante polo limiar do absurdo. e a casa era toda súa. dende entón vivo prisioneira e non teño máis dereito que este odio intenso que atravesa o silencio, que fulmina a vida, que me corroe a cada golpe, a cada ataque de pánico, a cada iniciación á morte.

(texto publicado na revista periférica no verán de 2003)

case que tódolos días os xornais nos ofrecen unha panorámica do que consideran resaltable (polo motivo que sexa) dentro da nosa civilización. dentro das habituais noticias está o grupo da violencia que asolaga todo canto respiramos, con os seus distintos graos e intensidades (guerras, terrorismo, violencia escolar, etc.)

eu xa estou farta de pousar os meus ollos nas consecuencias de tanto odio, rancor, complexos de inferioridade e demais estados íntimos que teñen consecuencias no outro, ben sexa como individuo ou como colectivo.
hai uns días a un fulano de 70 anos ocorréuselle dar cabo á vida da súa compañeira de 66 (vaia compaña!!!!), a muller convivía co medo, co pánico, co silencio e cos golpes.

¡QUE ISTO PARE XA!, ¡QUE PARE XA!, ¡QUE PARE XA!!!!!!!

en castellano

que triste

Permalink 05.02.07 @ 12:32:35. Archivado en espichos de toxo


é que se teña que regular un acto tan pracenteiro como a lectura. regular significa pór couto, guiar, establecer un vieiro para que o acto voluntario de ler se produza. digo que é triste pero tamén necesario. a conselleira de cultura, ánxela bugallo, manifestou onte a súa preocupación polo descenso nos índices de lectura en galego e a esperanza na lei do libro, que permita incrementalos.

para min unha boa opción para achegar o libro ás persoas é a creación de asociacións como a lonxa literaria de moaña, onde cada mes un grupo aberto debate ao redor dun texto na compaña do seu autor ou autora, que vai deglutindo os recunchos íntimos da creación. alí fálase, vívese a noite fóra da rutina cotiá, entrégase parte do que cada un é e póñense en escena mundos intelectuais e fragmentos de vida, de emocións, de mans abertas e tendidas. gústame a lonxa e bótoa en falta, a todos e cada un dos amigos que alí quedaron, e que cada mes abren as liñas e os sucos de mundos alternativos e válidos para vivir e soñar un chisco.

ademais de todo o traballo que conleva organizar as tertulias, de que cada quen se implique na lectura dos textos e que os traballen de forma concienciuda está a dificultade engadida de falta de medios económicos para sufragar, digamos por caso, as dietas do autor por mor dos gastos de desprazamento a moaña e outras incidencias que poidan xurdir. non estaría mal que a nova lei do libro contemplase este traballo desinteresado e axudase economicamente a que estos xérmolos de cultura se sigan producindo.

os índices de lectura dan idea do grao de desenvolvemento dunha sociedade, das súas posibilidades de crecemento e tamén da capacidade de comprensión e tolerancia co distinto. ese para min é un dos motivos polos que, nun lugar pouco lector, se deba intentar, dende as institucións, fomentar o acto de ler por máis difícil que sexa a tarefa, aínda que o ideal sería que en cada casa houbese algún libro non só para adornar a decoración do salón.

aínda así a min gustaríame saber como se vai incentivar a que alguén que non abriu unha folla en toda a súa vida se achegue a un libro... ¡difícil aposta!, ¡pero que sería de nós se non cresemos nas utopías!

en castellano

Sobre a autora

Permalink 03.02.07 @ 12:22:50. Archivado en a autora

pertenzo á abondosa colleita "baby boom" do 67 que agardaba expectante o que ía
acontecer en francia, en maio do 68. dalgún xeito medramos á sombra dos múltiples acontecementos que se producían dentro dun país suxeito a unha ditadura militar e a conseguinte apertura que naceu coa democracia, así que formo parte da sociedade da sustitución, onde dalgunha maneira pervive un mundo avocado ao esquecemento con outro máis dinámico e totalmente integrado nun "planeta globalizado"; eses son parte dos motivos que me levan a escribir, a reflexionar sobre a escrita e a sentirme totalmente de aldea, de calquera camiño, da miña raíz galega, para dende esa pequena fenda sentirme cidadá universal. dos meus partos literarios naceron ata o de agora tres libros rexistrados no mundo editorial cos seguintes nomes:

"Cascas de noz", Editorial Galaxia (2000)

"Precipicios", Francka editora (2002)

"Contrato temporal", Francka editora (2004)

soltar amarras

en castellano

:: siguientes >>

Blogs
Cajón de sastre

Cajón de sastre

Sintel…éfonos no hay escuchas.

Rufino Soriano Tena

E-Learning

E-Learning

Participa en el debate y te regalamos una entrada

José Lozano Galera

Rumores de Ángeles

Rumores de Ángeles

Ni San Sebastián es un erial espiritual ni Munilla será su salvador

Rumores de Ángeles

Fogon’s corner

Fogon’s corner

Con estilo: The Knife

Marie-José Martin Delic Karavelic

Voto en Blanco

Voto en Blanco

La izquierda mundial, enamorada del fanático Ahmadinejad

Francisco Rubiales

El blog de X. Pikaza

El blog de X. Pikaza

De Roser Puig para Carmen H., sobre el aborto en perspectiva feminista

Xabier Pikaza Ibarrondo

Hermosillo

Hermosillo

Narcos Los Tucanes de Tijuana, según la polícia municipal fronteriza

Efrén Mayorga

Crónicas Bárbaras

Crónicas Bárbaras

Cunetas para políticos

Manuel Molares do Val

Punto de vista

Punto de vista

Sólo un 0’7% de los cargos públicos

Vicente Torres

Secularizados, mística y obispos

Secularizados, mística y obispos

Al nuevo Obispo de San Sebastián José Ignacio Munilla

Josemari Lorenzo Amelibia

Gallegos hispanohablantes

Gallegos hispanohablantes

08 y 09.- Racismo nacionalista en la literatura galleguista de los siglos XIX y XX.- El siglo XX.- Conclusiones y bibliografía.

JUAN JULIO ALFAYA

El club de los amigos malos

El club de los amigos malos

Yo acuso - Julio San Francisco

Julio San Francisco

Políticamente acorrecto

Políticamente acorrecto

Intereconomía se apunta a la teta del 11-M

José Donís Català

Diálogo sin fronteras

Diálogo sin fronteras

Atacar lo católico sale gratis

Carmen Bellver

El buen vivir de Juan Luis Recio

El buen vivir de Juan Luis Recio

Premio "Best of" Internacional para Muga

Juan Luis Recio

Humanismo sin credos

Humanismo sin credos

Santa Cecilia, además de ser patrona de los músicos por error , no se sabe si existió.

Asoc. Humanismo sin Credos

El Blog de Otramotro

El Blog de Otramotro

Padres y paños calientes

Ángel Sáez García

Soy físico y Católico pa más INRI

Soy físico y Católico pa más INRI

La flagelación de Wojtyla (Rectifico).

Julián Moreno Mestre

Galería de Arte

Galería de Arte

Nos vigilan

Siro López

Contracorriente

Contracorriente

El espíritu sopla en las Clarisas de Lerma... aunque le pique a El Pais (VIDEO)

Rodrigo del Pozo Fernández

Haz de PD tu página de inicio | Cartas al Director | Publicidad | Buzón de sugerencias | Publicidad
Periodista Digital, SL CIF B82785809
Avenida de Asturias, 49, bajo - 28029 Madrid (España)
Tlf. (+34) 91 732 19 05
Aviso Legal | Cláusula exención responsabilidad

redaccion@periodistadigital.com Copyleft 2000

b2evolution Creative Commons License
This work is licensed under a Creative Commons License.
Noticias Periodista Digital | Periodista Latino | Reportero Digital | Ciudadano Digital | Chistes, Videos y Poesias