Transporte público
24.05.07 @ 12:32:57. Archivado en Campaña electoral
Para vergonza de todos os pontevedreses somos a única capital de provincia de España que carece de transporte público. Se o feito xa de seu é grave, aínda o é máis cando se fixo unha peatonalización que non foi complementada coa creación dunha rede de transporte público, aparcamientos disuasorios e mellora de accesos.
Pontevedra necesita minibuses adaptados ao tamaño das rúas, necesita intercambiadores con aparcamentos a un prezo atractivo que inviten ao condutor a deixar o coche e optar polo minibús.
Na Coruña a rede de transporte público ten un custo de 4 M€ ao ano dos cales a metade apórtaos a Xunta de Galicia e o Goberno Central. As tarifas que pagan os viaxeiros cobren outro 30 % do costo, xa que logo o custo para as arcas municipais sería un 20%.
O mesmo ocorre en cidades como Santiago, Lugo, Ourense e Vigo. A pregunta é ¿Por que Pontevedra sempre ten que estar no furgón de cola. ¿Por que os pontevedreses non teñen dereito a recibir os mesmos servizos que teñen outras cidades menores?
Comentarios:
Aún no hay Comentarios para este post...
Se muestran únicamente los últimos 40 comentarios de cada post.
autor
Contacto


