Es el momento de los gestores
08.05.07 @ 12:09:58. Archivado en Campaña electoral
Onte pola noite xuntámonos máis de 1.000 pontevedreses no Pazo da Cultura. Non podiamos esperar menos ante a oportunidade de escoitar o noso presidente, Mariano Rajoy.
Eu tiven unha breve intervención, da que destacaría que é a hora dos xestores, das cidades que queren gañar protagonismo e liderado, teñan un alcalde con experiencia no mundo da xestión, persoas afeitas a resolver problemas día a día.
Cando non é así as cidades corren o risco de perder oportunidades, de perder competitividade fronte a outras cidades. Quen siga pensando que os cartos para resolver os problemas dunha cidade están en Santiago ou en Madrid pertencen a prehistoria da xestión pública.
Hoxe nas cidades coma nas empresas ou en calquera outro tipo de empresas hai que aplicar fórmulas de financiación imaxinativas, baseadas no principio de que non es só o que tes no momento, senón o que chegar a xerar no futuro.
Dirección para hacer trackback a este post:
http://blogs.periodistadigital.com/btbf/trackback.php/92711
Comparte esta información
Comentarios, Trackbacks, Pingbacks:
Aún no hay Comentarios/Trackbacks/Pingbacks para este post...
Se muestran únicamente los últimos 40 comentarios de cada post.
autor
Contacto








