De charla cos médicos
05.05.07 @ 11:49:25. Archivado en Propuestas
Onte un grupo de médicos invitáronme a tomar un viño e de paso charlar distendidamente das propostas que temos para mellorar a sanidade en Pontevedra.
Estou de acordo con eles en que hai moitas cousas que pode facer un concello para mellorar a sanidade. Son detalles, pequenas actuacións, según me comentaban os médicos que axudarían a mellorar considerablemente a calidade do servicio sanitario.
Por exemplo: os pacentes chegan estresados ás consultas, cóstalles moito entar en Pontevedra, e cando finalmente conseguen acceder non encontran onde aparcar. “Chegan máis estresados polas voltas que dan co coche, que polo verdadeiro motivo da consulta”.
A escasa accesibilidade aos Centros de Saúde de Virxe Peregrina e Lérez, no caso deste último ó pé da estrada de Campolameiro e sen aparcamento, dificulta o servicio aos pacentes, as saídas dos médicos cando fan as visitas a domicilio, que vense relentizadas.
Novo Hospital
Eu expúxenlles que os 130 millóns de € que anuncióu a Xunta que costaría a cuarta fase de Montecelo debénse destinar a construir un novo hospital. A ampliación non quedaría ben xa que necesidades dos hospitais son moi distintas a cando se fixo Montecelo hai máis de 30 anos.
Para o novo hospital precísanse 200.000 m2 que o Concello podería ofrecer a través do PXOM, e incluso dunha modificación puntual do mesmo tendo en conta que estamos a falar dun asunto de interés xeral.
Servicio de Sanidade Municipal
Seguindo o exemplo doutras cidades españolas Pontevedra precisa a creación dun Servicio de Sanidade Municipal de apoio ao Sergas, composto dun servicio de ambulancia medicalizada e dun servicio de asistencia médica domiciliaria. A creación do “SAMU” persegue 3 OBXECTIVOS:
*
Mellorar a atención primaria e desconxestionar as urxencias en coordinación co Sergas.
*
Mellorar a atención de emerxencias na rúa e en eventos públicos.
*
Facer seguimento sanitario a persoas da 3ª idade en coordinación cos servicios sociais municipais.
Dirección para hacer trackback a este post:
http://blogs.periodistadigital.com/btbf/trackback.php/92706
Comparte esta información
Comentarios, Trackbacks, Pingbacks:
Aún no hay Comentarios/Trackbacks/Pingbacks para este post...
Se muestran únicamente los últimos 40 comentarios de cada post.
autor
Contacto




