Presentamos ao público a nosa candidatura no Teatro Principal
03.05.07 @ 12:16:00. Archivado en Campaña electoral
Foi un acto distendido e diferente ao habitual, onde tiven a oportunidade de intercambiar palabras cos membros que representan as distintas xeracións que forman a nosa candidatura. Podo decir que sentín o apoio dos pontevedreses que abarrotaron o Principal para coñecer o equipo de “A nova Pontevedra”.
Ao inicio do acto o público asistente tivo a oportunidade de ver o vídeo de “A nova Pontevedra” que axiña empezarán a recibir nos seus domicilios. Enviaránse 24.000 exemplares.
Como vos dicía quixemos facer un acto diferente no que eu fixen de conductor dun programa que tiña como obxetivo a presentación dos candidatos. Tres membros da candidatura, Lupe Murillo, Teresa Pedrosa e Ricardo Aguilar, en representación das distintas xeracións que compoñen o equipo de “A nova Pontevedra” intercambiaron unhas palabras conmigo. Estaban moi ilusionados de formar parte do equipo que levará a cabo o proxecto de “A nova Pontevedra”.
Moitos familiares, amigos, e simpatizantes, ademáis do Presidente Provincial, Rafael Louzán , e o Presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoó, quixeron estar con nos, aos cales llo agradecemos moito.
Comentarios:
Aún no hay Comentarios para este post...
Se muestran únicamente los últimos 40 comentarios de cada post.
autor
Contacto


