Editado por

Telmo MartínTelmo Martín

Buscar
Temas
Archivos
Hemeroteca
2007
<<     >>
EneFebMarAbr
MayJunJulAgo
SepOctNovDic
Sindicación
PARTICIPACIÓN
SERVICIOS



Pontevedra votó por el cambio

Permalink 29.05.07 @ 12:12:55. Archivado en Campaña electoral

Pontevedra votou polo cambio e proba de elo son os 5 concelleiros que lle sacamos a segunda forza máis votada. O PP acadou 6.975 votos máis que o BNG que perdeu unha terceira parte do seu electorado.

Quero dar as gracias aos 19.387 pontevedreses que nos apoiaron o que supón 9 puntos porcentuales por riba dos resultados do 2003 ó obter 3.441 votos máis.

Estamos moi satisfeitos xa que conseguimos o resultado máis importante acadado por unha forza política nunhas eleccións municipais en Pontevedra, tanto en votos como en porcentaxe.

RESULTADOS

* PP: 12 concelleiros, 19.387 votos (44%)
* BNG: 7 concelleiros, 12.412 votos (28%)
* PSOE: 6 concelleiros, 9.807 votos (22%)

Unha noite moi especial

Permalink 26.05.07 @ 12:35:40. Archivado en Campaña electoral

A Praza da Ferrería foi o marco dunha noite moi especial para nos. Moitas gracias aos máis 2.000 veciños, simpatizantes, amigos e familiares que nos acompañaron nesta festa final de campaña. Veros a todos deume moita forza, e moitas gañas de empezar a traballar por Pontevedra. Espero que disfrutárades cos concertos de Quatro d Abril e o espectáculo de imaxe, luz e son de Dj Doctor Think e VDJ Input Select. Unha aperta.

Na redacción do Diario de Pontevedra

Permalink 24.05.07 @ 12:33:39. Archivado en Campaña electoral

Hoxe compartín cos candidatos do BNG e PSOE un café de redacción organizado polo Diario de Pontevedra. O encontro serviu para deixar patente a miña postura sobre a xestión do Concello de Pontevedra, a cal dista dos plantexamentos ideolóxicos dos otros candidatos.

Transporte público

Permalink 24.05.07 @ 12:32:57. Archivado en Campaña electoral

Para vergonza de todos os pontevedreses somos a única capital de provincia de España que carece de transporte público. Se o feito xa de seu é grave, aínda o é máis cando se fixo unha peatonalización que non foi complementada coa creación dunha rede de transporte público, aparcamientos disuasorios e mellora de accesos.

Pontevedra necesita minibuses adaptados ao tamaño das rúas, necesita intercambiadores con aparcamentos a un prezo atractivo que inviten ao condutor a deixar o coche e optar polo minibús.

Na Coruña a rede de transporte público ten un custo de 4 M€ ao ano dos cales a metade apórtaos a Xunta de Galicia e o Goberno Central. As tarifas que pagan os viaxeiros cobren outro 30 % do costo, xa que logo o custo para as arcas municipais sería un 20%.

O mesmo ocorre en cidades como Santiago, Lugo, Ourense e Vigo. A pregunta é ¿Por que Pontevedra sempre ten que estar no furgón de cola. ¿Por que os pontevedreses non teñen dereito a recibir os mesmos servizos que teñen outras cidades menores?

Presentación del vídeo "La Nueva Pontevedra"

Permalink 09.05.07 @ 12:11:15. Archivado en Campaña electoral

Cando o pasado martes presentamos o vídeo de “A nova Pontevedra” o número de visitas ao blog disparouse, dende entón cada día superamos a media de 300 visitas diarias.

Es el momento de los gestores

Permalink 08.05.07 @ 12:09:58. Archivado en Campaña electoral

Onte pola noite xuntámonos máis de 1.000 pontevedreses no Pazo da Cultura. Non podiamos esperar menos ante a oportunidade de escoitar o noso presidente, Mariano Rajoy.

Eu tiven unha breve intervención, da que destacaría que é a hora dos xestores, das cidades que queren gañar protagonismo e liderado, teñan un alcalde con experiencia no mundo da xestión, persoas afeitas a resolver problemas día a día.

>> Sigue...

Tarde de fútbol en Pasarón

Permalink 07.05.07 @ 12:05:11. Archivado en Campaña electoral

Vaia fin de semana pasamos os siadeiros do deporte. Se onte disfrutei a tope, como resto dos pontevedreses que enchían ou pavillón coa volta do Teucro a liga Asobal. A tarde de onte domingo non foi menos en Pasarón.

O Pontevedra F.C. gañou ao Raio Vallecano e Pontevedra volcouse co seu equipo que cada día xa está mais preto da 2ª división. Pontevedra ten capacidade e gañas de ser líder, os seus clubes insignia estánnolo a demostrar.

Mañá de domingo en Cerponzóns

Permalink 07.05.07 @ 12:03:38. Archivado en Campaña electoral

Onte, como xa vos adiantara, volvín a visitar Cerponzóns. Despóis de reunirme cuns 90 veciños na casa do pobo, a antigua escola que está xunto a igrexa, estiven un bo rato falando cos veciños e disfrutando da paisaxe que se ve dende o atrio da igrexa que é un estupendo mirador da parroquia.

Facía un día precioso e daba gusto estar alí fóra charlando cos veciños entre os que destacaba un grupo importante de mulleres moi faladeiras que me desexaron moita sorte.

Calendario de mítines

Permalink 06.05.07 @ 11:52:26. Archivado en Campaña electoral

11 maio 21:30h: Casa Cultura Verducido.

12 maio 21:30h: Antigo colexio de Sta. María Xeve.

13 maio 21:30h: Casa Cultura de Monte Porreiro.

13 maio 20h: Teleclub San Andrés de Xeve.

14 maio 21:30h: Casa do Pobo Cerponzóns.

15 maio 21:30h: Casa de Pobo Tomeza.

16 maio 21:30h: Centro Educ. Inf. Iglesia, Salcedo.

17 maio 21:30h: Centro Educ. Inf. San Bieito, Lérez.

18 maio 21:30h: Casa Cultura de Campaño.

18 maio 20h: Casa Rectoral en Alba.

19 maio 21:30h: Antiguo Colexio de Pio-Bora.

20 maio 21.30h: Centro Social de Estribela.

21 maio 22h: Casa de Cultura Pontesampaio.

21 maio 20h: Casa de Cultura Canicouba.

22 maio 21:30h: Centro-Inf. Carballeira-Lourizan.

23 maio 21:30h: Casa Parroquial Marcón.

24 maio 21:30h: Hostal La Paloma-Mourente.

25 maio 21:30h: Praza da Ferrería.

De charla cos médicos

Permalink 05.05.07 @ 11:49:25. Archivado en Propuestas

Onte un grupo de médicos invitáronme a tomar un viño e de paso charlar distendidamente das propostas que temos para mellorar a sanidade en Pontevedra.

>> Sigue...

Presentamos ao público a nosa candidatura no Teatro Principal

Permalink 03.05.07 @ 12:16:00. Archivado en Campaña electoral

Foi un acto distendido e diferente ao habitual, onde tiven a oportunidade de intercambiar palabras cos membros que representan as distintas xeracións que forman a nosa candidatura. Podo decir que sentín o apoio dos pontevedreses que abarrotaron o Principal para coñecer o equipo de “A nova Pontevedra”.

>> Sigue...

Encontros en Tomeza, Verducido e Mourente

Permalink 01.05.07 @ 12:14:57. Archivado en Campaña electoral

Continúo as reunións cos veciños das parroquias do rural, nas que me trasladan as súas necesidades máis urxentes entre as que destaca o saneamento e o abandono que sufriron nos últimos anos.

Saldar a débeda co rural
Como xa dixen na presentación do proxecto “A nova Pontevedra” o meu compromiso é dotar de saneamento a todo o rural nos próximos 3 anos, a través de un plan integral para todo o concello.

Actualmente no rural viven 15.000 pontevedreses que non teñen saneamento, no caso da auga a cifra aínda é maior.

Encuentro con Alberto Ruíz Gallardón

Permalink 23.04.07 @ 10:29:55. Archivado en Campaña electoral

O próximo xoves, 26 de abril, visitarei en Madid o proxecto da Calle M-30 que supuxo o soterramento do tráfico e recuperación da ribeira do Río Manzanares.

>> Sigue...

Cea cos xóves de Pontevedra

Permalink 22.04.07 @ 10:30:12. Archivado en Campaña electoral

O sábado quedei con preto de 120 xóvenes de Pontevedra para cear, apetecíame coñecer distendidamente cáles son as súas inquietudes, qué visión teñen de Pontevedra. Non pararon de aportarme ideas, e facerme comentarios sobre o proxecto “A nova Pontevedra”. etc.

>> Sigue...

O derradeiro cartucho

Permalink 21.04.07 @ 10:31:47. Archivado en Campaña electoral

Anoite o Sr. Quintana dixo que “O BNG fará unha campaña limpa”. Pero uns minutos antes Carme Da Silva dicía que a lista do Partido Popular é “unha mistura do máis rancio da vella guardia facha e caciquil e o máis depredador e especulador do urbanismo”.

>> Sigue...

Encontro cos afectados de Veteris

Permalink 20.04.07 @ 10:32:35. Archivado en Campaña electoral

Onte chamáronme os propietarios de Veteris, querían que coñecese de primeira man a situación de desamparo na que se encontran. A tardiña reuninme cos portavoces dos afectados que levan case 3 anos a espera de que lles entregen as súas vivendas xa rematadas.

>> Sigue...

O debate de Radio Voz

Permalink 18.04.07 @ 10:35:38. Archivado en Campaña electoral

Hoxe tiven a oportunidade de debatir con Teresa Casal e Miguel Anxo Fernández Lores e, tal e como esperaba, tiven que rebatir os argumentos dos dous.

>> Sigue...

Encontro coas mariscadoras de Lourizán

Permalink 18.04.07 @ 10:34:53. Archivado en Campaña electoral

Onte pola tarde mantiven unha reunión cun grupo de mariscadoras de Lourizán. Escoitei con atención as súas opinións sobre a recente calificación de Lourizán como zona c por parte da Consellería de Pesca.

>> Sigue...

Promesas tardías

Permalink 16.04.07 @ 19:41:18. Archivado en Campaña electoral

Estos días asistimos na prensa a todo tipo de promesas por parte do Sr. Lores e do BNG, conselleiras incluido.

>> Sigue...

Rolda de reunións cos veciños das parroquias do rural

Permalink 15.04.07 @ 19:39:16. Archivado en Campaña electoral

Hoxe reunireime cos veciños de Salcedo ás 20:30h en casa San Pedro, lugar habitual de encontro da Comunidad de Montes de Salcedo. Este tipo de visitas que xa se celebraron noutras parroquias, como é o caso de Marcón, prologaránse o longo da semana.

>> Sigue...

Un novo modelo de alcalde

Permalink 14.04.07 @ 19:35:06. Archivado en Campaña electoral

Hoxe participei cos meus compañeiros, os candidatos do PP ás 7 grandes cidades, nun acto en Ourense con Mariano Rajoy. Unha vez máis foi un pracer volver a reunirnos, esta vez a 43 días das eleccións municipais.

>> Sigue...

As coalicións por necesidade

Permalink 09.04.07 @ 18:49:47. Archivado en Campaña electoral

Sorprendéronme as declaracións do Presidente da Xunta sobre Ence e a circunvalación, e a pataleta que colleu o Alcalde de Pontevedra.

>> Sigue...

Reunións co equipo de campaña

Permalink 07.04.07 @ 18:46:46. Archivado en Campaña electoral

Cada maña me reúno co equipo de campaña para organizar o día. Estes encontros que son moi áxiles, non soen durár máis de 30 minutos, sérvennos para repasar a axenda e a prensa do día.

>> Sigue...

Ence

Permalink 03.04.07 @ 10:39:01. Archivado en Campaña electoral

Onte a Conselleira de Vivenda recoñecía na prensa que a Xunta aínda non ten ningunha solución, ningunha ubicación, para Ence. Fai pouco máis dun mes foi o Conselleiro de Industria o que xa dixo algo parecido a súa compañeira de goberno. É dicir, o tema está igual que fai vinte meses cando o se constituíu o bipartito.

>> Sigue...

Visita A Fracha

Permalink 03.04.07 @ 10:37:22. Archivado en Campaña electoral

Esta fin de semana visitei acompañado por membros da Asociación de Veciños San Miguel de Marcón a área recreativa de A Fracha. Na subida ó mirador que ofrece unha das mellores vistas da cidade, coa ría ao fondo, confirmei a beleza paisaxística de Marcón.

>> Sigue...

O equipo de “A nova Pontevedra”

Permalink 03.04.07 @ 10:32:25. Archivado en Campaña electoral

Hoxe ás 12:30h nos reunimos por primera vez os membros da candidatura. O que permitiu que, aunque algúns xa se coñecían entre eles, hoxe estivésemos todos xuntos.

>> Sigue...

Presentación da candidatura

Permalink 03.04.07 @ 10:29:52. Archivado en Campaña electoral

Hoxe presentei a candidatura do PP ás elección municipais, o equipo do proxecto “A nova Pontevedra”.

>> Sigue...

El candidato nos cuenta...

Permalink 03.04.07 @ 05:03:05. Archivado en Sobre el autor

Nacín en Xil, Meaño, hai 48 anos. Estou casado con Loli Táboas e temos unha filla de 15 anos. Aos 14 anos emigrei á cidade alemana de Frankfurt, onde traballei durante 3 anos no sector da siderurxia. En 1978 fundei coa miña familia a empresa Hierros Santa Cruz, na que puiden aplicar a experiencia adquirida en Alemaña.

>> Sigue...

Blogs
Apuntes al silencio

Apuntes al silencio

Una Isla Imposible - un proyecto más allá del tiempo y el espacio

Luis Antonio González Pérez

Totalitarismo y terrorismo islámico

Totalitarismo y terrorismo islámico

Para que se está dispuesto a pagar.

Doctor Shelanu

El Acento

El Acento

Más de 100.000 asesinatos al año en España

Antonio Florido Lozano

Gastronomía Navarra

Gastronomía Navarra

"A Vivir Mejor"

Mª Rosario Aldaz Donamaría

Editorial San Pablo

Editorial San Pablo

Jesús Espeja: «Debemos acoger el clamor de las víctimas y hacer que su voz sea conciencia crítica»

Editorial San Pablo

Cajón de sastre

Cajón de sastre

Si(n)tel…éfonos no hay escuchas.

Rufino Soriano Tena

E-Learning

E-Learning

Participa en el debate y te regalamos una entrada

José Lozano Galera

Rumores de Ángeles

Rumores de Ángeles

Ni San Sebastián es un erial espiritual ni Munilla será su salvador

Rumores de Ángeles

Fogon’s corner

Fogon’s corner

Con estilo: The Knife

Marie-José Martin Delic Karavelic

Voto en Blanco

Voto en Blanco

La izquierda mundial, enamorada del fanático Ahmadinejad

Francisco Rubiales

El blog de X. Pikaza

El blog de X. Pikaza

De Roser Puig para Carmen H., sobre el aborto en perspectiva feminista

Xabier Pikaza Ibarrondo

Hermosillo

Hermosillo

Narcos Los Tucanes de Tijuana, según la polícia municipal fronteriza

Efrén Mayorga

Crónicas Bárbaras

Crónicas Bárbaras

Cunetas para políticos

Manuel Molares do Val

Punto de vista

Punto de vista

Sólo un 0’7% de los cargos públicos

Vicente Torres

Secularizados, mística y obispos

Secularizados, mística y obispos

Al nuevo Obispo de San Sebastián José Ignacio Munilla

Josemari Lorenzo Amelibia

Gallegos hispanohablantes

Gallegos hispanohablantes

08 y 09.- Racismo nacionalista en la literatura galleguista de los siglos XIX y XX.- El siglo XX.- Conclusiones y bibliografía.

JUAN JULIO ALFAYA

El club de los amigos malos

El club de los amigos malos

Yo acuso - Julio San Francisco

Julio San Francisco

Políticamente acorrecto

Políticamente acorrecto

Intereconomía se apunta a la teta del 11-M

José Donís Català

Diálogo sin fronteras

Diálogo sin fronteras

Atacar lo católico sale gratis

Carmen Bellver

El buen vivir de Juan Luis Recio

El buen vivir de Juan Luis Recio

Premio "Best of" Internacional para Muga

Juan Luis Recio

Haz de PD tu página de inicio | Cartas al Director | Publicidad | Buzón de sugerencias | Publicidad
Periodista Digital, SL CIF B82785809
Avenida de Asturias, 49, bajo - 28029 Madrid (España)
Tlf. (+34) 91 732 19 05
Aviso Legal | Cláusula exención responsabilidad

redaccion@periodistadigital.com Copyleft 2000

b2evolution Creative Commons License
This work is licensed under a Creative Commons License.
Noticias Periodista Digital | Periodista Latino | Reportero Digital | Ciudadano Digital | Chistes, Videos y Poesias