Etiquetar o viño en galego
06.01.08 @ 20:45:19. Archivado en D.O.
Cada ano se suman máis adegas en Galicia a etiquetar as súas botellas en galego. A idea partiu da iniciativa privada dunha Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, que quere fomentar o uso da lingua galega na etiquetaxe dos viños e animar aos consumidores a optaren polas marcas que utilizan a lingua galega nas etiquetas. Baixo o título “UNHA GALICIA MÁIS DE NOSO
Por unha economia galeguizada”o pasado 4 de decembro esta asociación de funcionarios lanzaba esta campaña de normalización.
Nos anos 70,80, 90 ningunha adega etiquetaba en galego. No 2003 12 adegas pioneiras etiquetaban en galego. No 2006 eran 59. O pasado ano foron 115 de 440. No 2008 14 adegas máis sumaránse a etiquetar en galego.
Certas grandes adegas galegas gozan de moito prestixio entre os consumidores chineses, norteamericanos,franceses, ingleses e etiquetan as súas marcas en galego, unicamente.
¿E por qué os franceses non van ter nas súas casas, o lado do seu preciado champán, un Ribeira Sacra 100% galego? (quen dice Ribeira Sacra, dice calquera dos nosos caldos galegos).
Silvia Carreño
autor
Contacto






