Viticultura heroica na Ribeira Sacra ourensá
30.10.09 @ 11:10:55. Archivado en Ourense
“Viticultura heroica” é debido cando hai unha sacrificada labor de produción e pouca mecanización dentro da viticultura.
Na pasada lexislatura, a Xunta (do bipartito) no transcurso da clausura do Congreso Internacional sobre Viticultura de Montaña e en Forte Pendente, que se levou a cabo en Monforte de Lemos, Quintana destacaba o "traballo realizado na Ribeira Sacra".O ex-Vicepresidente destacaba, que o congreso serviu para incidir na necesidade de preservar un "modelo vitivinícola baseado nunha oferta singular e de calidade, con máximas garantías de transparencia aos consumidores". E o definia como "viticultura heroica" e destacaba que conformaba "paisaxes de alto valor", o ex-vicepresidente galego afirmaba que o Goberno galego despregou unha estratexia para preservar a singularidade deste tipo de producións. E así deseñaba o Plan de Actuación Global de Infraestruturas Agrarias Vitícolas na Ribeira Sacra, dotado con 10 millóns de euros ata 2010 que opta por modernizar o sistema produtivo e fortalecer a substitución xeracional, así como promocionar a dignificación das condicións laborais, que se levaba a cabo dende a Consellería de Medio Rural.
A Ribeira Sacra ourensá, foi esquecida por a Xunta bipartita e non chegamos a ver nin un euro para poder modernizar o noso sistema produtivo, pero nesta nova lexislatura será unha realidade, pois a nova Xunta destinaranos 124.800€, así confirmóunolo o Delegado Territorial en Ourense, Rogelio Martínez, ao Grupo Popular Municipal de Parada do Sil.
Comentarios:
Aún no hay Comentarios para este post...
Se muestran únicamente los últimos 40 comentarios de cada post.
Los comentarios para este post están cerrados.
Silvia Carreño
autor
Contacto


