Residencia de Parada do Sil
28.10.09 @ 13:25:56. Archivado en General, Ourense
O grupo municipal Popular de Parada do Sil, xunto co noso voceiro Xosé Avelino Bizarro, entrevistámonos co Delegado Territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez para interesarnos pola evolución da residencia da terceira idade e o centro de día que a Xunta está construíndo en Parada do Sil.
Trátase dun proxecto polo que o grupo popular fixo unha aposta decidida dende o ano 2003, e que agora, grazas a sensibilidade da Xunta de Galicia, a pretensión converterase nunha realidade en breve. Rogelio Martínez asegurounos que dende a Xunta se está a traballar nesta residencia, da que só queda pendente o equipamento interior.
Está prevista a visita da Secretaria Xeral de Igualdade e Benestar, Susana López Abella e do propio Delegado Territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, no primeiro semestre do 2010 a estas instalacións.
A residencia de maiores contou cun orzamento de máis de 500 mil euros aportados pola Xunta, e contará con 72 prazas.
Comentarios:
Aún no hay Comentarios para este post...
Se muestran únicamente los últimos 40 comentarios de cada post.
Los comentarios para este post están cerrados.
Silvia Carreño
autor
Contacto


