(Bernardo García Cendán, en A voz de Vilalba).- Non me apetecía escribir agora sobre Andrés Torres Queiruga, un amigo de moitos anos e de relación moi cordial; pero Paulo Naseiro dixo que si e aquí me tedes. Non me apetecía, malia ter escoitado a noticia de que unha comisión episcopal ía condenar o conxunto da súa obra por presunta heterodoxia. Mandeille unha mensaxe persoal dicíndolle que estaba con el, cousa que el xa sabía, e aí quedou. Non quería escribir máis ata estar certo de que, de verdade, aquela condena era real, que aínda non o é, por certo. Non podía comprender que os meus tamén amigos, o bispo Alfonso ou o bispo Quinteiro, puidesen ousar a descualificación dunha obra teolóxica que me resulta tan interesante, e que, ademais, o fixesen sen escoitar previamente, en fraterno diálogo, ao escritor.
Eu ben sei que Andrés non é o Sumo Pontífice nin o son aínda os dous bispos, pero confeso que o teólogo de Aguiño está a ser para min un pontífice no senso máis literal: o que ergue pontes entre dúas ribeiras. No meu caso, entre a ribeira da fe que profeso e a das esixencias dunha razón que ma faga crible. Andrés non escribe dogmas, pero reflexiona fondamente sobre o núcleo das miñas crenzas e axúdame a mantelas, por máis que non sempre cadremos de acordo.
Os convencementos que teño coma verdades fundamentais chegaron a min envoltos na linguaxe da filosofía grega recuperada polos teólogos clásicos, especialmente Tomás de Aquino. Pero a miña formación posterior, filosófica e sociolóxica, trocou moitos dos presupostos que me teñen servido e que agora, porén, teño problematizados. As novas filosofías, as achegas de interpretación histórica, os avances da semiótica e da hermenéutica, etc. anuncian novos paradigmas que se fan necesarios para dar conta, con palabras actuais, do que, afortunadamente, segue a ser a miña fe de sempre. Os escritos de moitas conversas que mantemos desde hai moitos anos son dunha grande axuda para min e para moita xente, aínda que non sexan a resposta definitiva, claro. Non deixa de ser ben significativo que as súas obras principais leven no título a palabra “repensar”: “Repensar a creación”, “Repensar a salvación”, "Repensar a revelación” , “Repensar a Resurrección”, etc. Curiosamente, o mesmo día que o coñecín, a finais dos sesenta, tivo a delicadeza de agasallarme co texto da súa tese doutoral sobre a evolución do dogma: xa se vía por onde andabamos ambos.
Andrés é un teólogo noso, integrado na nosa cultura que el remoe coa galanura da súa linguaxe galega na que sempre escribe. Recoñecido no mundo teolóxico internacional –moito máis do que pensamos– é un home aberto sempre ao diálogo. Fuxe das frivolidades intelectuais e sofre especialmente cando os seus críticos se permiten desconfiar do seu amor pola Igrexa. Eu agardo que os bispos non emitan xuízos apresurados sobre a súa obra teolóxica sen ter dialogado con el polo miúdo. Ben o merecen as moitas persoas que, con motivo da fe, andan a se facer aquelas preguntas ás que el trata de dar resposta.
Los comentarios para este post están cerrados.
Por favor Bernardo, ten la cortesía de escribir en castellano, pues estamos en España; y deja el gallego para cuando estés con tus gentes en tu casa, pero no en cuando loque escribes se va a veren todas partes del mundo.
Sábado, 18 de febrero
Pedro Tarquis
Asoc. Humanismo sin Credos
Vicente Haya
Josemari Lorenzo Amelibia
Francisco Margallo
Jose Gallardo Alberni
Guillermo Gazanini Espinoza
Religión Digital
Francisco Baena Calvo
Juan Fernandez Krohn