Editado por

Antonio PiñeiroAntonio Piñeiro

Buscar
Temas
Archivos
Hemeroteca
Mayo 2018
LMXJVSD
<<  <   >  >>
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031   
Sindicación
PARTICIPACIÓN
SERVICIOS


SUPERAR OS PUNTOS SUSPENSIVOS

Permalink 01.05.12 @ 23:02:12. Archivado en Sobre el autor

Se ó chegar ó remate desta columna, saca a conclusión de que o que fixen foi xustificar un só de tódolos recortes, tesoirazos ou como lles queira chamar, que está levando a cabo a Administración, entón é que non me souben explicar, porque o último que desexo é dar a entender que son masoquista e que cada vez que me dan un pau nas costas disfruto coa dor inicial e posteriormente coa marca que me poida deixar o pau, pois, como sufridor que son -tamén- de todas e cada unhas das decisións restrictivas que ven aplicando o goberno central e que provocan en fervenza outras decisións das administracións autonómicas e locais, non podo menos ca sufrilas (berrando a brazo partido ou en silencio), igual que as sufre vostede e tódolos demais.
Agora ben, a dúbida que me corroe cando vexo ós actores a demandar un status de excepcionalidade para o seu colectivo, ós mestres a reivindicar a súa propia personalidade, ós médicos a denunciar a máis que posible perda da calidade sanitaria e ós sindicatos (entre outros moitos sectores sociais) a alertar sobre a perda de dereitos sociais e laborais conquistados hai máis de trinta anos, repito, a dúbida que me corroe (e que no canto de protestar me leva a un estado emocional de resignación que no fondo repudio), é por qué non aparece ninguén que lle diga ó presidente do Goberno o seguinte: "Señor Rajoy, non suprima os investimentos, non recorte a educación, non mingüe a sanidade, non nos fenda dunha navallada os dereitos laborais, non nos suba os impostos..., porque hai outra forma de gobernar, que é esta: (...)"
O malo é que ata o de agora non din atopado a ninguén (xa sexan voceiros dos outros partidos políticos, as voces máis autorizadas da clase sindical, os líderes de opinión dos medios máis críticos, e nin sequera ós máis prestixiosos economistas), que sexan quen de superar estes puntos suspensivos, cousa que me leva desgraciadamente a pensar en que, se cadra, o que pasa é que non hai alternativa e que non nos queda máis remedio ca esnafrarnos a velocidade reducida para que o zafanazo sexa máis pequeno ou acelerar a tope para que o golpe sexa tan grande que quedemos tan "groguis" do zambombazo que non nos enteremos de nada ata que nos empecen a reanimar.
Non hai moito tempo, no contexto dunha conversa de bar, exemplificáballe eu a un amigo o seguinte: Hai agora un ano eramos coma un tren que, sen maquinista á fronte, se dirixía cara o precipicio. Agora chegou o "maquinista de la general" e decidiu cambiar a agulla sen saber moi ben cara qué vía nos debe encarar. Probablemente nos leve cara outro precipicio un pouco máis alonxado. Pero, polo menos, vainos dar tempo a pensar. Outra cousa é que esteamos en condicións de pensar.


Bookmark and Share

Comentarios:

Aún no hay Comentarios para este post...

Se muestran únicamente los últimos 40 comentarios de cada post.

Los comentarios para este post están cerrados.

Blogs
El Blog de Francisco Margallo

El Blog de Francisco Margallo

Los Santos fueron seres humanos

Francisco Margallo

Creyentes y responsables

Creyentes y responsables

Un pueblo sin líderes morales

Alejandro Córdoba

Mi vocación

Mi vocación

Confianza

Sor Gemma Morató

El blog de X. Pikaza

El blog de X. Pikaza

Día de los Orantes. Nacidos para volar, obligadas a someterse

Xabier Pikaza Ibarrondo

Tres foramontanos en Valladolid

Tres foramontanos en Valladolid

Los lunes, revista de prensa y red

Bustamante, Arévalo y Pardo de S.

Aeterna Christi Munera

Aeterna Christi Munera

Amor, me entrego a ti

Jose Gallardo Alberni

Secularizados, mística y obispos

Secularizados, mística y obispos

María. Puntos de oración 28-5-18

Josemari Lorenzo Amelibia

Fe y vida

Fe y vida

Elecciones y visiones de País

Consuelo Vélez

Poemas

Poemas

Sin pretenderlo

José Pómez

Sesión Golfa

Sesión Golfa

Deadpool 2: el verso suelto

Juan Carrasco de las Heras

Blog del Padre Fortea

Blog del Padre Fortea

A los comentaristas de temas eclesiásticos

Padre Fortea

Corrupción global

Corrupción global

2127 La mayor de todas las obligaciones para todo gobernante que desee pasar por competente. honesto y demócrata es fomentar todas aquellas medidas que imposibiliten que un desaprensivo pueda atentar contra derechos fundamentales, como la vida y empleos con salarios dignos. Conclusión.

Luis Llopis Herbas

Columna Social

Columna Social

La moción de Pedrito.

Julián Moreno Mestre

Punto de vista

Punto de vista

En defensa de Mariano

Vicente Torres

Sursum Corda El blog de Guillermo Gazanini

Sursum Corda El blog de Guillermo Gazanini

Violencia y terror arrodillan al pais

Guillermo Gazanini Espinoza

El buen vivir de Juan Luis Recio

El buen vivir de Juan Luis Recio

Tercer y último paso de la ruta croquetera. nuevas pistas y un sitio para aprender a hacerlas

Juan Luis Recio

Crónicas Bárbaras

Crónicas Bárbaras

Muertes de género

Manuel Molares do Val

El Blog de Otramotro

El Blog de Otramotro

No hay bumerán con más tino

Ángel Sáez García

Jesús Arameo

Jesús Arameo

Otros nombres del Demonio

Vicente Haya

Humanismo sin credos

Humanismo sin credos

Moral (VIII). La regla de oro

Asoc. Humanismo sin Credos

Haz de PD tu página de inicio | Cartas al Director | Publicidad | Buzón de sugerencias | Publicidad
Periodista Digital, SL CIF B82785809
Avenida de Asturias, 49, bajo - 28029 Madrid (España)
Tlf. (+34) 91 732 19 05
Aviso Legal | Cláusula exención responsabilidad

redaccion@periodistadigital.com Copyleft 2000

b2evolution Creative Commons License
This work is licensed under a Creative Commons License.
Noticias Periodista Digital | Periodista Latino | Reportero Digital | Ciudadano Digital