Perder o Norte
05.03.07 @ 23:39:28. Archivado en Sobre el autor
A miúdo dame a sensación de que estamos a perder o Norte. Eu non sei se é
polo andazo do cambio climático, se por culpa de Zapatero se por culpa de
José María Aznar ou se por culpa propia de nós mesmos, o caso é que tanto
nos xornais coma nas emisoras de radio desas que chaman de "tirada ou de
alcance" nacional, un le e escoita cousas que levan a calquera a crer
seriamente que os españois en xeral e os galegos en particular andamos un
tanto desvariados, coma se un exército de moscas fixeran tolear a agulla da
brúxula que nos leva cara un futuro que xa non somos quen de valorar cara
onde vai.
Veño a dicir isto porque esta mesma tarde, cando escribo -onte, para
vostede, querido lector- ó ir conducindo escoitei parte dunha entrevista que
lle facían a unha representante dun colectivo veciñal de defensa do
castelán, de Vigo, por mor da representación dunha obra de monicreques na
antiga Casa das Palabras, hoxe coñecida como "Verbum".
Parece ser que nela participan cinco protagonistas, catro deles galego
falantes e o outro de fala castelá. Cando cheguei á casa tratei de
documentala, pero como non fun quen de apuntar nin o título nin a compañía,
non fun quen de corroborar o que a muller denunciaba.
E o que denunciaba non era outra cousa ca que os catro galegos falantes eran
os rapaces bos da historia, polo que o malo non era outro có que falaba
castelán.
Evidentemente, se todo é tan liñal, eu estaría de acordo coa muller
entrevistada.
Pero o que me levou a pensar no escarallamento da brúxula colectiva que
padecemos, foi que a muller díxolle á locutora "madrileña" que ese non era
un problema de hoxe -que tamén-, senón que había 20 anos ou máis que o
Partido Socialista Obreiro Español e o Partido Popular viñan
"criminalizando" sistemáticamente o castelán e que, polo tanto, esa
conciencia de relacionar o bo co galego e o malo co castelán xa estaba
instalada na memoria da sociedade galega e que entón xa non lle estrañaba a
ninguén que se poidera representar unha peza con tales argumentos nun
espacio dependente dunha institución municipal.
¡Home non! Ata aí podiamos chegar. É certo que hoxe andan algúns a inventar
un idioma novo. Pero de aí a dicir que o PSOE e o PP teñen sido os
flaxeladores do castelán estas últimas dúas décadas, vai un abismo que
produce vértigo, o mesmo vértigo que dá que unha locutora lle crea isto á
primeira persoa que levanta o teléfono e asegura que o castelán é unha
víctima do sistema.
¡Ata aí podiamos chegar!...
Dirección para hacer trackback a este post:
http://blogs.periodistadigital.com/btbf/trackback.php/78828
Comparte esta información
Comentarios, Trackbacks, Pingbacks:
¿ Es legítimo un Gobierno que desde el Poder organiza la subversión , persigue el patriotismo y ampara el asesinato ¿ ¿ Qué leguleyo , por empachado que esté de formalismo , sostendrá ser legítima la autoridad del guardia urbano que , presa de demencia o de arrebato criminal , acomete a los transeúntes en vez de proteger su pacífica deambulación ¿
No se hable , pues , de Gobierno legítimo . La primera condición para que un Gobierno sea efectivamente legítimo es que cumpla al menos las mínimas incumbencias de su misión . El Gobierno republicano no supo , no quiso o no pudo – es lo mismo – cumplirlas . Salvar el país era , pues , deber categórico de los buenos españoles , es decir , de la mayoría de los españoles.”
Se muestran únicamente los últimos 40 comentarios de cada post.
Antonio Piñeiro
autor
Contacto




