Ideas para un edificio
04.03.07 @ 14:09:42. Archivado en Sobre el autor
O pasado mércores non puiden ir á tertulia do Liceo, porque non teño o don da ubicuidade. Leo, sen embargo, na páxina de Marcos Valcárcel que a chamada tivo éxito e aquela mesa de dez que eu propuxera hai uns meses acaba de ir un paso máis alá có de reflexionar en voz alta sobre os problemas da capital.
Ata hoxe non tiven tempo, polo tanto, de sumarme ás voces amigas que reclaman un espacio cultural no céntrico edificio do antigo Banco de España. E fágoo aquí e agora, para que quede constancia pública de que eu tamén creo que un edificio así, nun lugar así e nunha cidade así, debe ser adicado a outra cousa que non sexa almacenar os planos que controlan as propiedades urbanas e rurais dos ourensáns, pois para iso vale ben calquera outro recipiente situado en calquera outro lugar.
Vendo os nomes que figuran na lista que Marcos inseriu no seu blog e despois dunha rápida conversa que, hai hoxe unha semana, mantuvemos en Celanova, evidentemente teño claro que xa andan en revoeira algunhas ideas -algunhas boas ideas- para tratar de darlle un uso axeitado ó serodio edificio, no ámbito cultural.
Ourense ten moitos ángulos dende o que ser contemplado e a historia de Ourense aínda máis.
Sería, polo tanto, atrevido pretender constituirme no gañador desa treboada de ideas que andan a seren colocadas por riba da mesa das conversas duais ou colectivas destes todos ourensáns, moitos deles amigos e outros simples coñecidos, pero confidentes en todo caso de ideas que non precisamos confrontar para sabermos que son parellas nos seus postulados e no seu desenvolvemento final.
Pode ser atrevido, pero como son dos que penso que un debate público axudará de certo a elixir a mellor proposta, voume aventurar a colocar por riba da mesa pública que representa este xornal, dúas ou tres xenéricas, co fin de que outros digan que si, digan que non ou digan se cadra...
A primeira ten que ver con esa vella teima na que Florencio d’Arboiro anda a traballar de vello, como é a de adicarlle un centro de interpretación -ou museo- ós milleiros de afiadores que andaron a asubiar polo mundo con chifros ourensáns.
A segunda ten que ver coa emigración e con todo ese fardel de vaguedades que pronto teremos que empezar a explicar para evitar outra volta a desmemoria.
E a terceira lévame a falar de “Nós”, esa xeración que ten como fío conductor a Rúa da Paz e sen a que sería moi difícil explicar a Galicia do século XX e incluso a de moito tempo atrás.
Comentarios:
Aún no hay Comentarios para este post...
Se muestran únicamente los últimos 40 comentarios de cada post.
Antonio Piñeiro
autor
Contacto


