Ordeno e mando
27.02.07 @ 00:10:11. Archivado en Sobre el autor
Anda a circular pola rede e polos principais xornais de Galicia -incluido, evidentemente, este- un episodio que supoño que carece de parangón na democracia galega e supoño que na das outras terras desta España autonómica que todo o soporta e todo o tolera.
Resulta que un alto cargo da Vicepresidencia (¿tal vez haberá que empezar a dicir “Vicepresidenza”?) -mellor dito, un altísmo cargo porque disque é o verdadeiro ideólogo da mesma- andou a raspillar as letras que sobre un cristal instalaran uns operarios para engadirlle os termos -legais- de “igualdade e benestar” á palabra “Vicepresidencia”.
O balbordo que se montou seica foi de órdago, que diría un xogador de mus, e o enfrontamento e as presumibles ameazas e descalificacións que o alto cargo -secretario xeral de Relacións Institucionais da Vicepresidencia, para engadirlle máis morbo ó sucedido- lle proferiu, tanto ós operarios coma a un grupo de policías, acabaron no xulgado.
Evidentemente eu non estaba alí, polo cal resulta aventurado que me poña a tratar o asunto dende a distancia sen correr o risco de caer en erros.
Sen embargo, hai relatos máis ou menos pormenorizados que lle permiten maxinar a un o grao de tensión que se acadou e a temperatura de ignición (con patadas a unha porta incluídas) á que case chegou o enfrontamento que o devandito alto cargo da Xunta mantuvo cos axentes do orde que se achegaron alí para tratar de por paz e sosego.
En función deses relatos, pasados os días e logo de que ata a edición galega dalgún xornal dos denominados de “tirada nacional” lle dedicara ata unha páxina completa, a verdade é que resulta cando menos paradóxico que aínda ninguén presentase unha pregunta no Parlamento para que el ou o seu xefe inmediato se teñan que pronunciar sobre os feitos no “Hórreo”.
Como tamén resulta paradóxico comprobar o silencio que arredor do caso se ten xenerado nos espacios de opinión dos medios.
E ante isto, eu pregúntome:
¿Realmente era esa a alternativa democrática rexeneradora que estabamos agardando os galegos, incluidos moitos votantes do Partido Popular?
¿Serán esas as formas ás que nos imos ter que acostumar se futuras eleccións reforzan as maiorías existentes?
E máis aínda: ¿Estaremos xa nalgunha lita negra os que optamos por facer pública a nosa decepción con esa política de querer “inventar” un país que xa existía cando xentes como Antón Losada tomaron o “ordeno e mando” na Vicepresidencia?
Comentarios:
Se muestran únicamente los últimos 40 comentarios de cada post.
Antonio Piñeiro
autor
Contacto


