Editado por

Antonio PiñeiroAntonio Piñeiro

Buscar
Temas
Archivos
Hemeroteca
Febrero 2012
LMXJVSD
<<  <   >  >>
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
272829    
Sindicación
PARTICIPACIÓN
SERVICIOS



Dúas versións dun conto

Permalink 24.02.07 @ 10:56:21. Archivado en Sobre el autor

Velaí dúas versións dun mesmo conto:
Se hoxe se me dera por inserir nun artigo o entrecomiñado que de seguido vou relatar, gustaríame saber qué pensaría de min, querido lector:
"... No se puede bajar la guardia. Que no nos vendan el cuento de la tolerancia cuando se trata de justificar la eliminación del castellano. En esto, y en otras cosas, yo defiendo la intolerancia. Así de claro. Porque hay cosas que no se pueden tolerar. Y con nuestro idioma no se juega."
De ser así, é de supor que a estas alturas estaría pensando que me volvín tolo. Ou cando menos, que a deriva crítica da que teño feito gala nos últimos tempos neste espacio, dende que me teño sentido decepcionado pola política que están levando a cabo algúns que -eu e moitos coma min- crimos que ían ter a capacidade intelectual e política para mudar e mellorar algunhas cousas, acabou por dexenerar de todo e que o que durante moito tempo foi unha defensa coherente da nosa idiosincrasia como pobo, acabara definitivamente por descubrirme a verdadeira cara de intolerante castelanista.
Supoño tamén que, se a súa perspectiva está instalada no vértice do triángulo -digamos- máis ancorado no nacionalista bloquista, nestes intres estaría botando improperios contra min por intolerante madrileñista.
"Mira este..., que enganados nos tiña. Do manido bilingüísmo harmónico fraguista, nada de nada. O que lle gustaría sería que o galego morrera definitivamente de inanición, e vía..."
Pero non... Afortunadamente, nin a frase é miña, nin está escrita orixinariamente en castelán, nin para a defensa do castelán como lingua de convivencia co galego, senón ó revés.
A frase literal, que recollín dun artigo de opinión, é a seguinte:
"Non se pode baixar a guarda. Que non nos vendan o conto da tolerancia cando se trata de xustificar a eliminación do galego. Nisto, e noutras cousas, eu defendo a intolerancia. Así de claro. Porque hai cousas que non se poden tolerar. E co noso idioma non se xoga."
Polo tanto, o seu autor nin é un intolerante castelanista, nin un madrileño (capital esteparia, como hai uns días lle escoitei definir a unha responsable de Adega) do PP. Nin Rajoy, nin Acebes, nin Zaplana. Nin sequera Paco Vázquez, nin Bono, nin Rodríguez Ibarra.
O seu autor, querido lector, é Bieito Lobeira. E sinceiramente, despois de lela, sentín un arrepío só de pensar na mera posibilidade de que este home poidera ser algún día conselleiro de Educación ou de Cultura.


Bookmark and Share

Comentarios:

Aún no hay Comentarios para este post...

Se muestran únicamente los últimos 40 comentarios de cada post.

Los comentarios para este post están cerrados.

Blogs
Secularizados, mística y obispos

Secularizados, mística y obispos

Hoy, Señor, me fijo en tu grandeza. Puntos de oración 14-2-12

Josemari Lorenzo Amelibia

El blog de Francisco J. Carrillo

El blog de Francisco J. Carrillo

¿Irán como objetivo?

Francisco J. Carrillo

Poemas

Poemas

Dura y muy reseca.

José Pómez

Las crónicas de Juan Fernandez Krohn

Las crónicas de Juan Fernandez Krohn

PSOE andaluz partido en dos

Juan Fernandez Krohn

Bokabulario de Fernández Barbadillo

Bokabulario de Fernández Barbadillo

¿Otra guerra en las Malvinas? No me hagáis reír

Pedro Fernández Barbadillo

Entre el Cielo y la Tierra

Entre el Cielo y la Tierra

LA VIDA TIENE SENTIDO

Francisco Baena Calvo

Diario de dos curas de pueblo

Diario de dos curas de pueblo

Qué bien me lo he pasao en los carnavales

José Rubio y César Luis Caro

Audiovisual Legal

Audiovisual Legal

Navarra publica su Decreto de Comunicación Audiovisual

Jaime Rodriguez

Diálogo sin fronteras

Diálogo sin fronteras

Grecia, ese espejo donde todos nos miramos

Carmen Bellver

Pacos

Pacos

Los “padres peregrinos”

Paco Sande

Columna de humo

Columna de humo

La muerte de Whitney Houston

Pedro de Hoyos

Esto es lo que hay

Esto es lo que hay

RFI y las cosas de Africa

Miguel Ángel Violán

Protestantes

Protestantes

Murió Whitney Houston, voz del gospel que atravesó el infierno de la droga

Pedro Tarquis

Invidente pero visible

Invidente pero visible

Oposiciones que discriminan..., ¡¡Que Vergüenza!!

Mariano Fresnillo Poza

Cajón de sastre

Cajón de sastre

¿Se merece Zapatero ese dinero?

Rufino Soriano Tena

Políticamente acorrecto

Políticamente acorrecto

Sánchez Manzano y los conspiranoicos de quita y pon

José Donís Català

Arte

Arte

Danza de andar por casa, por J.C.Deus

Periodista Digital

Crónicas Bárbaras

Crónicas Bárbaras

Banderas ajenas

Manuel Molares do Val

Punto de vista

Punto de vista

La realidad de las cosas

Vicente Torres

Un país a la deriva

Un país a la deriva

Delitos prescritos. ¡Se siente!

Vicente A. C. M.

Haz de PD tu página de inicio | Cartas al Director | Publicidad | Buzón de sugerencias | Publicidad
Periodista Digital, SL CIF B82785809
Avenida de Asturias, 49, bajo - 28029 Madrid (España)
Tlf. (+34) 91 732 19 05
Aviso Legal | Cláusula exención responsabilidad

redaccion@periodistadigital.com Copyleft 2000

b2evolution Creative Commons License
This work is licensed under a Creative Commons License.
Noticias Periodista Digital | Periodista Latino | Reportero Digital | Ciudadano Digital | Chistes, Videos y Poesias