Patético
10.02.07 @ 11:15:04. Archivado en Sobre el autor
Farto de ler patéticas obviedades do tipo, “Zapatero anunció ayer la busca y captura, para su entrega a la justicia, de los autores del atentado” nun patético editorial proteccionista dun xornal de de tirada nacional, e de sentir vergonza allea polos cinco minutos de patética comparecencia do presidente do Goberno, rumiando unha e outra vez a pasta aceda da resaca que lle tuveron que provocar na mañá do día 30 as palabras pronunciadas con non menos patética candidez o día anterior, antes de porme a escribir mergúllome na memoria fotográfica do teléfono móbil e topo unha pequena colección de fotografías que fixen a primeira vez que tiven oportunidade de viaxar dende a terminal 4 de Barajas.Foi o 8 de marzo cando entrei alí por primeira vez e gocei do pracer de descubrir un edificio fermosamente futurista e funcional e que fora inaugurado con grandilocuentes palabras do tipo, “esta gran obra se inscribe en el proceso modernizador de la economía española”, polo mesmo presidente do Goberno, había pouco máis dun mes.Despois de ter sufrido en máis dunha ocasión os apelotonamentos, as colas interminables e o rebumbio por veces ensordecedor da terminal 2; aquel silencio tranquilo e aqueles espacios caprichosamente abertos hasta perder a vista nun horizonte de cores e formas, falábanme certamente do mesmo que falara o presidente na súa inauguración, é dicir, dun simbolo da modernidade que este país tiña conseguido nos 27 anos de democracia constitucional que os españois pacificamente nos tiñamos regalado -cos seus defectos e as súas virtudes-, logo de 40 anos dun obrigado silencio ensordecedor.E dado que o tempo de espera dun avión é sempre lento, a súa pausada contemplación fíxome pensar nalgunhas outras cousas, coma a que o pasado día 30 devolveu á crúa realidade a un presidente do goberno que ten logrado o que nunca lograra ningún outro presidente, é dicir, que discuta coa televisión.Certamente pensei no “apetecible” que sería para a serpe venenosa vasca poder mandarlle un bocado e con el demostrarlle ó mundo o vulnerable que podía ser aquel emporio modernista do Estado Español, e supuxen -coa esperanza de que xamais se cumprira- que xa habería máis de un cabrón estudiando a planimetría das súas instalacións.Agora, nove meses despois, penso onde andarían naquel intre os asasinos e, sobre todo, os dous mozos ecuatorianos que poderiamos sermos calquera de nós nesa odiosa e macabra ruleta do terror.
Comentarios:
Aún no hay Comentarios para este post...
Se muestran únicamente los últimos 40 comentarios de cada post.
Los comentarios para este post están cerrados.
Antonio Piñeiro
autor
Contacto


