Tratado sobre a palabra
10.02.07 @ 11:30:28. Archivado en Sobre el autor
A palabra é un documento sen retorno que extendemos a cotío. Sobre todo cando quen a pronuncia, a pronuncia por escrito ou onde haxa luz e taquígrafos.En contextos coma este a palabra ten valor de seu, mesmo que soamente sexa un artigo, un verbo, un adverbio ou un adxetivo, porque en función de onde sexa colocada pode mudar o seu sentido ou ser mal interpretada, o cal constitúe ”per se” máis perigo.Ora ben, ¿que valor ten a palabra, cando o quen fai uso dela é un politico?Evidentemente a contestación ten moitos vieiros e loxicamente un só sen quen a contesta é precisamente un político.Sen máis profundidade reflexiva cá que cabe neste artigo habería que responder, logo, que ese valor é relativo.¿E por qué digo isto? Pois, porque aínda que soe a tópico, nese ámbito -é dicir, no ámbito xenérico dos políticos- a palabra, dende hai moito tempo, adoita ser un patrimonio prostituido.E dígoo así porque o que hoxe é blanco, definido por un político, mañá pode ser gris e pasado negro sen que a evolución cromática (mellor dito semántica) lle xenere ningún conflicto.Dígame, senón, querido lector, ¿como se pode entender o que dixo o presidente do Goberno o día 29 de decembro, cando dixo o que dixo?Se no ámbito da política a palabra tivera o valor de documento que lle atribuín ó principio, dificilmente un pobo disculparía que o presidente dixera o que dixo sen que, ó día seguinte, ademais de ter que envialas pola gorxa envoltas con arames de pinchos, non presentase a súa demisión por inxenuo ou por mentireiro, que aínda tería máis delito.Fágolle, pois, a pregunta doutro xeito: ¿Que valor lle dá vostede á palabra dun político?E máis aínda: ¿Que qué cre que tería que facer José Blanco coa palabra pronunciada esoutro día en Monforte cando dixo “mi palabra vale más que la de cualquier responsable de Fomento”.Sobre todo se nos próximos meses os técnicos -é dicir, uns funcionarios calquera de Fomento- concluíran que o máis económico, o máis rentable socialmente, o máis aconsellable medioambientalmente e polo tanto o máis viable para sectores -digamos estratéxicos- coma a pizarra, o viño ou o turismo -non esquezamos que no camiño de Ourense están a Ribeira Sacra e Manzaneda-, sería salvar os codos do Larouco por onde os romanos o fixeron hai vinte séculos e pico.A miña conclusión é contundente: Dimitir.¿Pero, dimitir de qué? ¿De “Don Pepiño”?
Comentarios:
Aún no hay Comentarios para este post...
Se muestran únicamente los últimos 40 comentarios de cada post.
Los comentarios para este post están cerrados.
Antonio Piñeiro
autor
Contacto


